Cesión de páxinas e traballos

O día 12 de marzo de 2013, e según consta en acta,  Secundino Lorenzo Fernández fai donación a Asociación Cultural Exaprin Ribadavia da súa páxina:

Dicionario fluvial.

Faino a efecto de donación cultural.

Un traballo que levo,  no 2021,  25 anos de elaboración e no que se seguirá traballando no futuro; pero xa para  a A.C. Exaprin Ribadavia.

A páxina web aportaba a recollida de máis de 800 palabras relacionadas cós ríos galegos; nestas palabras non entra a fauna e a flora xa que na páxina hai fichas das mismas.

Cada palabra aparece explicada con textos e fotografías. Ou sexa é un "Dicionario ilustrado".

Este traballo contará no futuro coa vosa aportación, de cara a ampliar o número de palabras. ¡A ver si é verdade!...

Si queredes aportar algunha palabra relacionadas cós ríos, regatos, regos ou carrouzos téndelo fácil, vai directamente ao meu email ou vai directamente o noso grupo de A.C. Exaprinribadavia en Facebook. ¡Animaivos!

Hoxe en setembro do 2021 xa leva 846+2 palabras e vai a máis, todas relacionadas cós ríos galegos. As últimas son auténticas xoias deste dicionario como: trubisqueira, borboriñar samargullarrañazudra entre outras.

Nota: o de 846 + 2 é unha broma matemática (por unha vez non fago a operación, non debo...) xa que, esas dúas, son palabras inventadas como fluviotolemia e escarallar un río , a primeira inventada polo profesor Moralejo (D.E.P.) e a segunda non é unha palabra, son tres, unha frase moi importante para mín...

A páxina figura referenciada e recomendada pola web "O portal das palabras"  da RAG (Real Academia Galega) precisamente en Abril de 2017, todo un honor para ó que escribe (matemático de profesión).

 

Este é o dicionario:

Entra na páxina do dicionario fluvial.

volver ao Inicio