III-Andaina-Mixta Exaprin: CANON DO SIL
Chuleta da III andaina. Pulsando nas figuras tendes a chuletilla da andaina. Tamén se pode imprimir.
|
|
No parador temos de todo dende tres claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba a piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle, as dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo, oxival dexenerado do s. XVI; ata una fachada barroca con tres escudos que hai que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de obispos entre elas a do famoso Franquila e o de Castela, congregación de Valladolid, a dereita). Unha iglesia románica (S. XII) , pero con moitos elementos de transición e que ten unha construción moi especial. que chama a atención. Ten tres naves, ver como dunha, máis baixa, parten as outras, polo tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten un retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e os apóstoles. No Monasterio había de todo dende panadería, hospital, hospedería, casa da inquisición, casa do ciruxán (estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola cociña... Do parador actual gústame moito un comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As habitacións están ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de semán 110 €).
O Mosteiro de Sta. Cristina (s. XII a iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos andando como un km. entre castaños, como vivian os monxes..., está nun lugar incrible. Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é románica pura ( planta de cruz latina, con tres absides no cruceiro, ventanales e arcos de medio punto). Dentro da iglesia pouco hai hoxe , o retirar o altar apareceron as pinturas de tres Santos, S. Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e Santa Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes, as figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan as figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas; hai de todo... Os laterais son moi bonitos con ventanais enmarcados en columnas, casi nada... O rosetón e a portada son únicas. A torre da iglesia é especial, a arquería apuntada na base é gótica. Na fachada principal da iglesia tendes a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?.. O mosteiro é pequeno pero espectacular. É posterior, s. XVII. Os monxes pasaban de Sta. Cristina a San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo. Dice moita xente que "en Sta. Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."
Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta. Cristina.
Inda hoxe se ofrecen barquillos en algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña. No Concello de Parada do Sil, onde hai una figura para lembrar o barquilleiro, moitos veciños practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén en outros lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos, despois da guerra.
Chámanse "Balcóns de Madrid" , primeiro porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no canón, había uns barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada do sil o outro lado. Os Barquilleiros iban a Monforte para coller o tren que os levaba a Madrid. Alí vendían os seus barquillos.
Pois ben, na súa última parte, antes de chegar e desembocar no río Sil, rematan de facer un sendeiro de 3,15 km. moi espectacular. O sendeiro pode facerse hacia a desembocadura, dende a antigua fábrica da luz ata Barxacoba ou o revés. Nos farémola baixando, como corresponde... O río actualmente leva auga, é un río bravo con moito desgaste de rochas e non poucas marmitas, poteiras, pilacóns o como queirades chamarlle a esos pequenos pozos que fai a auga xunto coas pedras nos leitos dos ríos e logo producen remuiños. A zona ten unha vexetación moi rica en amieiros, salgueiros, loureiros, pradairos e madroños. Destacan como plantas entre outras típicas: a xilbarbeira e a cantroxiña.
O que si se sabe é que en 1518 pasa a integrarse na congregación de Castela. Inda non está de todo restaurado xa que na parte monacal inda hai un colexio, abaixo unha panadería, etc. O altar si está restaurado e parte do coro impresionante. En tempos do coro levaron todas as figuras... Un dos claustros é precioso, ten un medallóns que hai que velos e o estilo é renacentista.. Afectuolle o terremoto de Lisboa a iglesia, podemos ver como.
Ata aquí a chuleta da excursión do sábado.
|