|
|
|
1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a I. N. B. de Ribadavia. |
|
O lector opédese imaxinar que o momento xeral no Ensino en 1968, non era todo o bon que se podería esperar debido ós aires de transformación. A pesar de todo o Instituto funcionaba perfectamente e o nivel non era baixo. Aquel curso chegou ó Instituto xente xoven, recén terminada a carreira e con moit´simas gañas de traballar. Ese foi o meu caso.
¡Que grupo tan sensacional! e falo dende a perspectiva que me dá a miña visión actual do Ensino, despois de 37 anos dedicado a Enseñanza.. Traballábase moito no centro e con moitas, moitísimas gañas de facelo ben.
Antes de seguir, lembrar que ós poucos anos faleceu Guillermo Culell, todo un exemplo de dedicación e entrega ó centro. Perdimos un compañero marabilloso e un excelente amigo. Tamén Jesús Gómez Pereira, outra belísima persoa e queridísimo amigo, (Jesús morreu na década dos 90). Posteriormente morreu Gerardo Álvarez outro sensacional compañero e queridísimo amigo do que escribe. A todos, onde estedes, unha aperta moi grande e sentida... Si tño que resumir aqueles primeiros anos 1968-1969-1970 poría sin dudalo o seguinte: moitísimas gañas de traballar, un instituto onde en xeral formábamos unha familia, poucos medios materiais (por poñer un exemplo tuvemos que refacer a biblioteca, para o cal cada Departamento Didáctico aportou unha lista, que lembro perfectamente mercamos, pouco a pouco, na Librería Tanco de Ourense) e unhos alumnos excelentes (para mín, os mellores que tuven, en tódolos aspectos, tanto no humano como no intelectual...). |