IX Andaina Exaprin

 A Peneda e Castro Laboreiro.   Día 17/10/2015

Estos  estuvemos na andaina do sábado día 17 de outubro.

Detalles da IX-andaina Exaprin

A Peneda e Castro Laboreiro

17/10/2015

Itinerario, horario, lugar da comida e outras cousas.

 

 Fotografías:

    Secundino.

      Álvaro

 

 Video da andaina (Secundino L.). 

 

 

   Volver a www de  Exaprin

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A fotografía está sacada na porta do parque Peneda-Geres. Concretamente na Porta de Lamas de Mouro

O final estuvemos na Peneda e no pueblo de Castro Laboreiro.

De Ribadavia fomos por Francelos ata Arbo seguindo o río Miño. logo Melgaço e A Peneda.

Estuvemos onte día 07/09/2015 na Peneda. Espectacular. Foto S. Lorenzo.

Estas son unhas pequenas mostras do que vimos, uns días antes. Foto S. Lorenzo.

A Virxen da Peneda unha xoia da zona. Camiño do Tibo e con rutas marabillosas que facer. Foto S. Lorenzo.

Aquí estaremos pola mañán e faremos unha andaina: uns subiran a cima que se ve, onde hai unha lagoa e outros farán outra ruta máis doada.

Pola tarde iremos despois de comer a ver Castro Laboreiro:

 

Castro Laboreiro , río Laboreiro. Foto S. Lorenzo.

Espectacular marmitas de xigante (furnas ou caldeiras). Foto S. Lorenzo.

En Castro Laboreiro hai moito que ver: o castro, o castelo, o río e as caldeiras, esta igrexa románica dos templarios, e máis cousas. Foto S. Lorenzo.

 

 

Esta foi a convocatoria:

 

Ribadavia, Outubro de 2015. Convocatoria.

IX - ANDAINA  EXAPRIN RIBADAVIA para "Socios da A.C. Exaprin Ribadavia e amigos".

A Peneda e Castro Laboreiro: 17 de outubro 2015.

Horario: 

·        Saída dende Ourense en Autobús  as  8:30 horas.

·        Saída dende Ribadavia, Castelo de Ribadavia, as 9:00 da mañán.

·        Parada para tomar café., sobre as 9:45

·        10:45 chegada o Santuario Nosa Sra. da Peneda.

·        11:00 Visita ó lugar e comenzo dunha ruta: A Peneda - Meadinha ou outra.

·        13:30 Chegada a Castro Laboreiro. Visita ó lugar.

·        14:30 Comida no Restaurante Miracastro. (Entrantes, Bacallau, Cabrito, postres, Bebidas e café)

·        Pola tarde despois de comer e descansar ou pasear regreso por Ribadavia.

     Si queres disfrutar desta andaina tes que ingresar o importe de 37 euros  na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número 

ES77 2080   5332   87   3040032481.

 A fecha tope de anotarse será  o 15 de outubro.

Saúdos: Secundino Lorenzo. Presidente da Asociación C. Exaprin Ribadavia

 

Posible ruta que faremos na Peneda: Na Peneda e pola mañán plantexamos dúas rutas

1.- Ruta Santuario-Lagoa de Meadinha e regreso.

2.- Quedar na Peneda e facer visita dende o río da Peneda  ata o Santuario, seguindo o Viacruces.

Comentario:

A 1ª ruta é bastante dura cunha subida constante,  practicamente toda ata chegar a Lagoa de Medinha (2 km.). Eu fíxena e levoume casí dúas horas subir a Presa da Lagoa de Meadinha. O camiño está empedrado e salvo en tres lugar que a auga fixo falcatruadas o resto está ben. Houbo un incendio fai pouco na parte alta que non afecta o camiño, si a paisaxe.

A baixada ten peligro pero menos do que pensamos, xa que o empedrado é moi bon. En algúns lugares hai auga e eso resulta peligroso. Hai que extremar as precaucións o baixar.

Fundamental boas botas, no valen as zapatillas, o bastón axuda o que acostumbre a levalo. Levar bebida e algo de fruta para comer de vez en cando.

O resto si merece a pena, por suposto o subir vanse vendo as distintas paisaxes, incluso as distintas escaladas da Peneda, as que se vai polo mismo lugar. Unha pasada.

Arriba pura natureza marabillosa.

Pódese seguir na Lagoa e dar a volta o redor, sería 1/2 hora máis

 

Observar que  ten un máximo de 4,85 km. pero pode facerse ata onde se queira. A ferbenza hai unha distancia de  1,2 km. a Ponte 1,4, a Lagoa da Meadinha  1,9 km. Máximo dúas horas. Pásase de 741 m. a 970 m. as paisaxes son incribles.

Ollo, si pulsades no icono verde co punto negro tendes moita máis información da ruta. Esta é unha característica de wikiloc, da que son usuario.

Este é o noso mapa

Outro detalle da andaina.

Así é o camiño, tipo calzada romana, empedrado e coidado. As últimas choivas fixeron dano en algúns lugares.

Para facerse unha idea.

Un "selfie"  dos que subimos, vamos... un autoretrato. Costou moito, pero mereceu a pena...

Unha ponte xa na cima. A vexetación moi bonita e a paisaxe moi boa. O río vivo, eso quere decir moito...

Lagoa de Meadinho á vista. En realidade fixeron un pequeno encoro que recolle varios regatiños da montaña.

Lagoa do Meadinho. Nós dende logo mexamos pero fora da Lagoa...

Alí estuvemos.

---------------------------------------------------------

Lugar onde comemos, sobre as 14:30, por suposto xa en Castro Laboreiro e por certo o mismo menú que está encargado para o día 17.

 

 

Volver a IX Andaina.

-------------------------------------------

 

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces