|
Horario e datos técnicos da III Andaina-Mixta Exaprin.
3ª
Andaina-Mixta o día 22/10/2011.

O autobús saldrá as 8:30 do Bar
Caracas de Ribadavia, e as 9 de Ourense, Pabellón dos
Deportes. Itinerario global partindo de
Ourense aos Peares, visitando S. Estevo, Sta. Cristina,
Balcóns de Madrid, Ruta de Barxacoba, e comendo en Valilongo.
Pola tarde visitando o Monasterio de Montederramo.
Total 100 Km.
En mapas:

Primeira parte do mapa, trozo
dende o muíño de Acea nos Peares ata os miradores de
Madrid en Parada do Sil; pasando por Luintra e o
monumento o afiador, Mosteiro de santo Estevo, Sta.
Cristina, o Barquilleiro en Parada do Sil e os Miradores
de Madrid. Por suposto desplazamento dende
Ribadavia-Ourense-Peares.

Continuación: dende os miradores de Madrid ata
Montederramo pasando pola ruta de Barxacoba, Valilongo (comida), e Mosteiro de Montederramo. Logo
regreso a Ourense e Ribadavia.
En bermello o cambio, en vez de ir por Castro
Caldelas iremos directamente de a Teixeira a Valilongo.
Ver un mapa de Turgalicia do Canón do Sil

Canón do Sil, baixando Monte Meda (Fotografía de S. Lorenzo)

O muíño da Acea nos Peares é o comenzo da ruta. (Foto
Secundino día 18/10/2011)

Os Peares, o río Miño e o río Bubal dende a ponte do tren.
(Foto Secundino 18/10/2011)
Andaina- mixta dende Os peares (partindo
de Ourense) - Canon do Sil - Montederramo- Ourense.
Data: 22 outubro de 2011.
O final así quedou a andaina:
O compañeiro Aparicio foi puntual. Un chófer
de luxo.
Total 28 apuntados.
-
Recollida en
Ourense Pabellón dos Deportes as 9 da mañán a xente que foi
dende Ourense
-
9:30 chegada
Os Peares: Visita o Muíño de Acea do río Bubal (1 kms. andando).
-
Visita a Santo
Estevo de Ribas do Sil, pasando por Luintra (onde tomamos un
café e sacamos algunhas fotografías). Sobre as 12
-
Visitas os
dous miradores sobre o Canón do Sil e previo a Sta. Cristina. O
novo dos 23.000 € (hai que fastidiarse) e o mirador da Cabezoá,
moi espectaculares. Fotografías dabondo. 13:30
-
Visita non
prevista o camping "O Cañón do Sil", espectacular camping
da "Mirada Máxica" 14 horas.
-
Visita a Santa
Cristina. Sobre as 14. Non fixemos a andaina xa que
se nos botou o tempo enriba.14:30
-
Volta a Parada
do Sil (o Secundino monte un Rallye persoal polas ruas do
pobo...espectacular...pero por pouco quedo sin comida,
castigado...). Visita os Balcóns de
Madrid 15 horas
-
Comida en
Valilongo. 16 horas. Reposición completa de forzas.
-
Pola tarde
visita o Mosteiro de Montederramo. Regreso sobre as 20 horas.
----------------------------------
Detalles da Andaina-Mixta.
Visita os Peares e a confluencia
dos ríos Bubal, Miño e Sil.

Fotografía de Secundino
Lorenzo
Peares confluencia río Miño e Sil. Por riba
da pasarela do tren desemboca o río Bubal.
Visita pasando a pasarela que se ve na
fotografía o Muiño que está no río Bubal.

Aquí faremos unha pequena ruta,
sobre 2 Kms. xa que o autobús quedará no pobo que se ve
a dereita, antes da Ponte Pequena (antigua estrada
Ourense-Monforte). Cruzaremos o río Sil e logo pola
ponte do tren cruzaremos o río Miño, para ir o Muíño que
está onde pon Río Bubal.
Usaremos esta fotografía para dar
uns coñecementos da Teoría de "Perceptoloxía" e a súa
fundamentación de quen é afluente de quen. Tema bastante
discutido...
Sabedes que "O río Sil leva a auga e o
río Miño a fama"
¡Que é afluente de quen?
Podemos discutilo...
Ver a miña teoría
neste link, onde explico a palabra afluente.
--------------------------------------------------
Visita a Santo Estevo
de Ribas do Sil

Situación en Google Earth. Dos Peares a Sto
Estevo subiremos por Nogueira de Ramuín.(Luintra).

Descoñezo o autor da fotografía.
Visita a Santo Estevo en pleno Canón
do Sil. Unha xoia descoñecida por moita xente. Visitaremos
os tres claustros e a Iglesia
Link sobre Santo Estevo de Ribas do Sil

Monumento de Buciños o Afiador en Luintra.
Camiño de Santo Estevo.Precisamente en Sto. Estevo veremos unha
exposición de Rodas de Afiar típicas da zona.
----------------------------------------------------------------------------
Visita a Santa Cristina, no
pleno corazón do Canón do Sil.

Santa Cristina está totalmente
colgada sobre o Canón do Sil, dende o altillo da estrada
baixaremos por unha ruta entre castaños ata
Iglesia-Convento (en realidade era un cenobio). Total
non chega a un kms.

Visita a Santa Cristina, xoia do románico en
Ourense.

Detalle curioso nunha árbore preto de Santa
Cristina.

Vista de Sta. Cristina, baixando pola ruta
que faremos...

Sta. Cristina é única e ademais está nun
lugar insólito e marabilloso. A pequena ruta que faremos, baixando,
entre castaños ata atopar este gran cenobio será recordada sempre. A
paz e a espectacularidad resulta increible...

As paisaxes son impresionantes. Fotografías
de S. Lorenzo

As vistas son impresionantes. (Foto
Secundino Lorenzo)
Aquí falaremos do proxecto de lago que
intenta facer Iberdrola na zona.
Link sobre Santa Cristina
Link sobre Santa Cristina con fotos.
---------------------------------------------------------------------------------------------
Visita en Parada do Sil:
barquilleiro e os miradores.

Situación da Andaina-Mixta.

O Barquilleiro en Parada do Sil.

Miradores de Madrid en Parada do Sil.
Pequeno video da zona.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despois de ver os miradores de
Madrid xa fomos a comer.
Nota:
ESTA RUTA NON A FIXEMOS POR FALTA DE
TEMPO
Fai poucos días quedou
inaugurada unha ruta "A fábrica da luz en Barxacova"
moi espectacular ,
na parte baixa do canón do río Mao; dependendo do tempo, é
cuestión que vamos a estudar a fondo, igual facemos un
pequeno tramo. Dende logo é impresionante....Eu pesquei ese
río no tramo onde fixeron a ruta, xa fai moito tempo e dende
logo é un lugar marabilloso...
Faremos esa ruta
completa, ten tres kms.
Ver este link da ruta.

Repito: o canón do Mao e a ruta de
Barxacoba é espectacular. (Foto Secundino Lorenzo)
-----------------------------------------------------------------------------------------------
Comida nun Restaurante típico
da zona. En Valilongo. (A Teixeira)
Menú.
Empanada de zamburiñas e
fabada o estilo Valilongo.
Xarrete o viño Mencía ou Lomo
de cerdo con champiñóns
Bica de Castro Caldelas e
Tarta especial de castañas da zona.
Viño tinto da casa, bodegas
da ribeira sacra.
Ver link.
----------------------------------------------------------------------------------------------
Pola tarde
despois de comer : visita a a Montederramo.

Descoñezo o autor da fotografía. Entrada do
templo e sillería (impresionante)

Vista do altar, restaurado recentemente,
dende o coro.
Visita en Montederramo ó Mosterio de Sta
Maria de Montederramo que no seu día foi do Cister. Fai pouco foi
resconstruido o altar e a sillería do coro. Impresionante xoia do
noso patrimonio.
Link sobre Montederramo.
As fotografías están sacadas deste link.
-------------------------------------------------------------------------------------
Esta foi a convocatoria oficial
da excursión.
Proxecto.
(Xa definitivo)
|

III ANDAINA-MIXTA
EXAPRIN
De
novo propómosvos unha Andaina organizada pola
A.C.Exaprin, dentro das actividades que pretendemos
facer todos os anos.
Agora queremos celebrar a III Andaina – Mixta que
chamaríamos “Canón do Sil” e sería co seguinte
programa:
Data: 22 de outubro de 2011.
-
Saída dende
Ribadavia en Autobús as 8:30. Dende o Bar Caracas.
-
Recollida en
Ourense Pabellón dos Deportes as 9 da mañán a xente que vai
dende Ourense
-
9:30 chegada
Os Peares: Visita o Muíño do Bubal (2 kms. andando).
-
Visita a Santo
Estebo de Ribas do Sil. Sobre as 10:30
-
Visita a Santa
cristina. (Andar l kms.). Sobre as 12
-
Visita os
Balcóns de Madrid.
-
Ruta fábrica
da luz- Barxacoba no canón do Mao. 13 horas
-
Comida en
Valilongo. 14:30
Menú.
Empanada de zamburiñas e
fabada o estilo Valilongo.
Xarrete o viño Mencía ou
Lomo de cerdo con champiñóns
Bica de Castro Caldelas e
Tarta especial de castañas da zona.
Café e chupitos da zona.
Viño tinto da casa, bodegas da ribeira.
Si queres disfrutar dun día con encanto é moi doado: tes que ingresar o importe de
23 euros na conta que
Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no
ingreso o nome da persoa que vai a participar. A
conta e o número 2080 5332
87 3040032481.
A fecha tope de anotarse
será o 20 de outubro.
O precio por
persoa é de 23 €, todo incluido.
É unha ruta moi faciliña que mais que andaina
diría é un paseo turístico.
A.C.ExaprinRibadavia
Progreso 131-3º
32003 Ourense
www.iribeiro.es
exaprinribadavia@gmail.com
|
Volver.
FOTOGRAFÍAS DA
III ANDAINA EXAPRIN.
|
 |
Canón do Sil e Ribeira Sagrada.
Aquí tendes as fotografías
sacadas o día 22 de outubro de 2011 da excursión que
fixemos, dende os Peares ata
Montederramo, un grupo de 28 amigos de Exaprin.
Pulsando en cada cadeira (fotografía de Enrique no coro do Mosteiro de
Montederramo),
teredes as fotografías dos fotógrafos oficiais
da III andaina: Álvaro, Enrique, Demetrio e Leticia.
O da cadeira é un detalle
de admiración, pola miña parte, as súas
sensacionais fotografías.
|
Volver.
|