VI Andaina Exaprin Ribadavia-Ribeira Sacra-Sil-Lugo  (Control música)

"Chuleta da VI-andaina" 16-03-2013

Escribe Secundino Lorenzo.

 

 

 

Fot. Secundino Lorenzo. Os Peares. Camiño de Cibrisqueiros para ver o Priorato e igrexia de Pombeiro. Unha xoia do Románico.

Xustamente aquí, nos Peares, comenzaremos a VI Andaina Exaprin Ribadavia. Colleremos unha estrada asfaltada xustamente despois destas casas na parte dereita do río Sil e moi preto do río Miño. Os quinientos metros hai este mirador. A tres km. está a nosa 2ª parada, a Igrexa de San Vicente de Pombeiro.

Curiosamente aquí, pero no muíño de enfrente, no río Bubal  comezamos tamén a nosa III-Andaina o 22/11/2011.  A fotografía mostra o río Miño e unha parte dos Peares.

 

 

Comezo da andaina:

Os horarios  son unha aproximación.

9:00     Saída de Ribadavia dende Bar Caracas.

9:30     Recollida, compañeiros de Ourense,  no Pabellón de deportes.

 

Tramo I:

10:00   Visita a Igrexa románica de Pombeiro, preto dos Peares.

11:00   Visita a Igrexa románica de San Fiz de Cangas.

11:30    Café e descanso en Ferreira de Pantón.

 

Tramo II:

12:15    Ruta do "Rego e Muíños do Xabrega". Fervenza do Chancis.

14:00    Visita o Mirador de Cividade. (Non se poido facer, non pasaba o autobús)

14:30    Visita o Mirador Cotarro II. (Non se poido facer, non pasaba o autobús)

 

Tramo III:

15:00    Comida en Doade. Restaurante A Cantina. (Xa confirmado e falado-Mary. Chamarei para confirmar nº, 32,  e menús a base de Caldo galego, cocido, bica do Castro, café, chopitos e un bon viño da zona de Amandi)

16:30    Visita socalcos de Amandi, viticultura heroica, mirador de Soutochao e bodegas rectoral Amandi (por fora) e Regina Viarium (por fora). Mirador de Amandi. Mirador de Cadeiras e Santuario (Si hai tempo...)

 

Tramo IV:

17:45     Visita Convento Cisterciense de "As Bernardas" en Pantón. Pechan    as  18:00.

18:30     Visita a igrexa románica de San Miguel de Eiré

19:00     Regreso.

 

Nota: observar que vamos cumplir, a priori,  os tres obxetivos básicos da visita ó Canón do Sil e a Ribeira Sacra correspondente: o paisaxístico e de natureza (impresionante), o histórico coa visita a catro xoias do románico (fora de serie), e o do traballo dende tempos memoriais na chamada viticultura heroica.

Queda un carto obxetivo que penso que se vai cumplir tamén: pasalo ben. Esperemos que o día acompañe e sin non é así, repetiremos...merece a pena.

¡Unha pasada!.

---------------------------------------------------------------------------------------

A continuación porei uns mapas por tramos, posteriormente farei algúns comentarios para sacarlle máis partido:

Todos os mapas están sacados do Google Earth, Provincia de Lugo,  río Sil dende Os Peares ata o Mirador do Castelo en Doade.

Os comentarios son engadidos con cousas curiosas e dende logo coa situación exacta, de cara a un bon funcionamente, sen perdas nin atrancos na andaina.

Os comentarios, neste caso da esquerda abaixo,  son para non perdernos nas estradas e que aclararei no seu momento. Vamos,  que son datos para o meu bon goberno na VI-Andaina.

Con doble linea, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

-------------------------

Brevísimas notas sobre o Románico da zona:

Non vou decir casi nada sobre o Románico, en Ribadavia e bisbarra temos moito e bon, fai pouco publicouse un libro sobre o románico do Ribeiro, non estaría demais conseguilo....

Soio lembrar algunhas órdenes relixiosas, que foron as precursoras deste arte,  como os Benedictinos (que funda Benito de Nursia. Mosteiro de  Montecassino. Napoles. Siglo VI.  "Ora e labora". 73 normas,  sete oracións o día  Laudes (3),prima (6), tercia(9), sexta(12), nona(15), vísperas(18) e completas(21)). Exemplo Sto. Estebo Ribas do Sil, Sta Cristina, San Pedro de Rocas, etc.);  a Abadía de Cluny ( Regla reformada por  Guillermo Duque de Aquitania. Francia Central 910. Razóns: depender do Papa e non dos Señores; cortar a moita riqueza acumulada polos Benedictinos e ver que se perdera a base, que era cuidar as almas,... Monxes Cluniacenses. Exemplo San Vicente Pombeiro) ó que siguen outras como os Cister (Regla, tamén  reformada,  por Bernardo de Claraval en 1119. Mao dura, xa que volveran as andadas das riquezas: volta a S. Benito "Carta de caridad". Cistercienses. Exemplo  Montederramo. Xunqueira Espadañedo. triunfou chegou a ter 60.000 monxes e , nuns 340 mosteiros que se triplicaría en pouco tempo...), que tuveron moito que ver coa renovación da espiritualidade e un novo estilo de vida en Francia, Italia e unha boa parte do norte de España,  Portugal e tamén en boa parte de Europa central e o norte.  Os cistercienses chegan ata hoxe en día.

Citar que tamén tuveron a súa importancia as órdenes de caballerías como os Templarios (Exemplo Hospital Incio) e outros. Tamén por suposto, ter en conta,  a influencia das peregrinacións, as cruzadas, así como os poderes políticos e relixiosos que forman o cerne do románico.

É unha paradoxa dice Fco. José Ruíz, no libro que cito máis abaixo, que aquela sociedade belicosa, certamente inculta, ansiosa de poder e de riqueza, desconsiderada coa inmensa maioría pobre e embrutecida, creara o románico. Un arte que para representar o ceo e a grandeza do Creador necesitaba un templo con bóvedas de sillería con todos os problemas que arrastraba. 

Esas bóvedas veremos que inda están en pé despois de tantos séculos...

Fixérono moi ben, sin dúbida. Grandes mestres...

Tamén  repasar catro cousas sobre as plantas de cruz latina e outras, a orientación este-oeste, os rosetóns, as bóvedas de canón e as torres ou campanarios. Decir que había escolas de "Mestre de obra" nesta zona,  como a de Ourense e Vilamarín e mestres que deixaban firma, así o mestre de Eiré...e sobre todos o mestre Mateo, o mellor de todos.... A importancia das fachadas, portas de entradas, etc. O Románico comenza en Galicia realmente a finais do século XI.

Sabemos de sobra que os mosteiros buscan lugares onde a auga esté cerca, onde se poidan cultivar viño, castaños, etc. e dispoñer de pesquerías con moitas anguías,  salmóns, troitas e sábalos,  como estes do Sil.

Sabemos tamén da Regla Benedictina de "Ora et labora" dos primeiros monxes, a acumulación de riquezas ata chegar a "Carta de Caridad" dos Cluny, un golpe na mesa por cousas mal feitas, onde se afirman que os monxes deben de vivir do traballo das súas mans e decir non  os diezmos e limosnas...

Unha característica propia da Ribeira Sacra é que moitos dos monumentos reciben o nome de mosteiro, e logo soio vemos unha igrexa, pero non sempre hai unha casa rectoral ou  restos dun pequeno mosteiro. Efectivamente ese mosteiro existiu, pero logo coas leis amortizadoras do século XIX (Madoz e Mendizábal) e o pouco cuidado e o abandono fixo ó que se pode ver, que en moitos casos non existe ou está en estado lamentable...

Sobre o románico da zona recomendo o libro  "Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra" de Fco. José Ruiz Alderaguía,  Ediciones La Rectoral 2011, un libro moi traballado e marabilloso no texto e nos dibuxos. non ten fotografías. Dice nun dos capítulos "...que a Ribeira Sacra merece un visitante culto e asombrado ante la grandeza de lo sencillo". Pois ben,  nós pretendemos, seguro que sí,  cumplir as dúas condicións, dentro da nosa humildade...

 

O libro é de Fco. José Ruíz Alderaguía.

Na portada pon, entre outros detalles:

"Animado por descubridores varios,

canteiros de la palabra,

asombrados viajeros que anotan lo que sienten

en viejos cuadernos de bitácora a la sombra de cualquier soto".

 

Nota: por certo o dibuxo é  o ábside de San Estevo de Ribas do Sil.

O libro merqueino nunha librería no centro de Monforte. Sabía que era outra xoia, xa que me falaron moi ben del... Ver este link.

 

Esta pequena chuleta pretende ser unha "dovela" posta nos nosos coñecementos...

Por certo, falando de dovelas, vou poñer algúns nomes que penso deberan saberse para sacar máis producto a estas visitas. Ver este pequeno glosario do Románico,  sacado do libro citado.

A nivel de internet neste link tendes moitas características con exemplos de Románico. Moi traballado.

 

 

Comentarios ó Tramo I da andaina:

Neste Tramo I que faremos a primeira hora, temos tres visitas: o mosteiro, igrexa, de Pombeiro, a Igrexa de San Fiz de Cangas e remataremos no Palacio de Sober.

Pero ¡ollo! veremos moito máis, en primeiro lugar a paisaxe incrible do canón do Sil que comenza precisamente neste punto. Nos Peares.

Fot. Secundino Lorenzo.

Aquí comenza o canón do Sil. O que menos me gustan a cantidade de mimosas que hai,  xa, na zona. Que vos vou a contar os de Ribadavia...

Fot. S. L. Fachada Sur. Ten outras tres f., unha torre e tres ábsides

Fotografía Secundino L.    Fachada oeste. Ten tres ábsides.

Ó fondo o Mosteiro de San Vicente de Pombeiro, por detrás está a fachada principal, incrible, e o Priorato. Unha auténtica marabilla fundada antes do año 1000 pola Reina Dña Gotona, esposa de Sancho Ordoño e que nace como Priorato, logo foi cedida a orden de Cluny. En 1200 comenzou a facerse as obras do templo, xa existía o mosteiro,  de planta basilical de tres cabeceiras e catro tramos na nave. Seguidamente faltaron os cartos e quedou a cousa a medias. Todo esto pode verse por fora, hai que analizalo. Por dentro ó mismo. A partir do século  XVI pasou a Depender de Santo Estebo. Non hai que esquecerse de contar o cambio que lle deu un párroco a principio de 1900.  Así como a rehabilitación que se fixo en 1996 onde apareceron as pinturas primitivas. Estas pinturas de 1460 seguramente sexan as máis antigas de Galicia. Esperemos ter a oportunidade de entrar e velas...

Efectivamente tuvemos esa oportunidade, sensacionais.

Ver este pdf con toda a explicación das mismas así como do autor, entre outros, D. Vasco, un abade...

O Priorato actual é do século XVIIII. Ten o estilo dos Pazos.

 

Dibuxo do libro citado. 

Notas: A chave pódemola atopar  na Casa cor amarela de Cibrisqueiros, árbol grande. Tena  Jaime. Tfno.:  982456377 (Esto é cultura en Pantón)

A igrexa de San Fiz de Cangas quería ser de cruz latina pero o final quedouse sin un brazo... É un espacio casi cuadrado. Tratouse de imitar a San Miguel de Eiré, que veremos pola tarde, pero o final non se fixo a torre.

O primeiro documento é de 1108 cunha posible abadesa chamada  Visclara. Dña. Inés López, a abadesa rebelde, que se negou a abandonar o mosteiro e  que está enterrada diante da porta e outra cousa curiosa.

A igrexa ten o seu misterio en todo. Cousas moi ben feitas frente a outras non tan ben. Claramente vese que tuvo reformas importantes e obligadas. Hai que vela...Sorprenderá...

Na fachada principal, oeste, habería para dar varias clases de xeometría, outra de análisis diferencial, teoría de límites no infinito, algunha de astronomía e outra de sexo. Enfrente o tema de sexo aparece un burro.... Todo así mesturado... Hai para todos. Ver a fotografía abaixo...Ver tamén o párrafo do Apocalipsis no capítulo doce...

Para mín está claro que ó máxico nº 8, o nº de perfección e resurección está moi presente. O Sol (Deus) e a lúa ( o feminino, a muller) tamén aparecen...

Monumento nacional en 1981.

Dibuxo do libro citado.

Notas: 982456377 .  Ver a 100 m o Humilladoiro que non é románico.

Portada occidental da igrexa de San Fiz, cos dous modillóns dereito e esquerdo. Fotografía Secundino Lorenzo.

O autor do libro citado propón para esta interpretación, da porta oeste de San Fiz de Cangas: unha lectura xeroglífica-apocalíptica transcribiendo o capítulo doce do Apocalipsis (que significa revelación):

Una gran señal apareció en el cielo: una Mujer,

vestida de sol, con la luna bajo los pies,

y una corona de doce estrellas sobre la cabeza;

está en cinta y grita con los dolores

del parto y con el tormento de dar a luz.

Y apareció otra señal en el cielo:un gran dragón rojo,

con siete cabezas y diez cuernos,

y sobre su cabeza siete diademas...

É unha hipótesis...

-------------------------------------------------------

Nesta fotografía (Secundino L.) vese o interior co altar maior a dereita, un engadido altar a esquerda onde está enterrado o señor que seguramente mandou facelo e unhas pinturas co martirio de San Sebastián entre outras...

--------------------------------------

Sobre as pinturas do Mosteiro de Pombeiro é moi interesante este plano:

Na excursión fixemos mención da pintura onde figura o autor D. Vasco coa data de 1460, pero ollo que está na pintura 5 pero na parte esquerda.

Fot. Secundino Lorenzo. D. Vasco non é o que eu dixen o da dereita que é San Xoan Evaxelista, o carón de María e as tres Marías, xunto con Jesucristo. D. Vasco está na parte esquerda abaixo, moi dificil de ver pero si vos fixades moito vese perfectamente...

Fot. Secundino Lorenzo. Estaba dificil a cousa pero efectivamente o monxe autor de gran parte das pinturas, D. Vasco, está coas maos rezando e coa cara que non se ve polo deterioro da pintura en si. No texto pon o nome e o ano  en que se pintou. Vasco ano 1460.

Exactamente pón: "D. Vasco, prior de Pombeiro, era del Señor milesima cuadragentsima sexagésima segunda" que non é unha data normal e traducida da 1462. Ver o link coa explicación. Ver este pdf

Fot. Secundino Lorenzo. Tamén metín a pata no tema da virxen xa que non é na natividade e moito menos a virxen cós peitos o aire e todas as elocubracións que fixen. Falso.

Teño que decir que o traballo de Alicia P. Suarez-Ferrín caeu nas miñas mans o día 15/03/2013 a noite e fixen unha lectura rápida e mala. Pido perdón...

A virxen co peito o aire está na pintura do Xuicio Final (pintura nº 1) e os peitos o aire están noutra figura que utiliza a autora para xustificar que non é o primeiro caso e pon un exemplo que eu pensei era a pintura.

Fotografía da páxina do traballo citado.

Esto foi o que vín a figura da esquerda é a que hai en Pombeiro e efectivamente a Virxen ten un peito na man, na da dereita, que foi a miña confusión está en Pamplona e trátase dun exemplo da autora do traballo para indicar que hai precedentes.

Fotografía da páxina do traballo citado. Xuizo Final tema I. Onde a Virxen está cun peito o aire.

Nesta fotografía de Álvaro vese a pintura do "Xuizo Final" arriba a esquerda.

Estes comentarios así como está lámina está sacada do sensacional traballo  Ver este pdf  de Alicia P. Suárez-Ferrín. Nun traballo  de 102 páxinas estás descritas e estudias todas as pinturas deste sensacional mosteiro.

 

Decir para rematar os comentarios,  sobre esta marabilla que é a  Igrexa de Pombeiro,  que é unha mágoa como está de mal cuidado o entorno, sobre todo pola parte do abside, cheo de ortigas e silvas. O patrimonio hai que cuidalo un pouco máis...É o que temos e o que nos queda...

Sin comentarios. O amigo Rafael debeu sufrir a tope coas  ortigas... Ademais molladas...

 

 

 

Remataremos o Tramo I tomando un café e o que se tercie no Hotel Palacio de Sober.

O final non fumos o Hotel Palacio de Sober, pechado por reformas ata maio de 2013??

 

Fot. de S.L. da fachada norte do Hotel, A dereita ten a entrada e a capela que se ve,  e por detrás un edificio con spa e piscina.

Un Hotel Palacio de Sober que empezou sendo unha pequena construción polo século VIII ata o XV,seica que nos documentos figura nos anos 740 Vasco López de Lemos, que viviu en tempos de Alfonso I. Pasou por unha ampliación grande nos  séculos XVI e XVIII, para chegar a total demolición en 1933.

Dende 1996 é propiedade de Tomás Arias Fernández e a súa filla Marta Arias Rguez., que dende ese día da compra tenderon a perservar a súa conservación.

O símbolo do Palacio de Sober ten 13 roeles...Si algún está interesado explicarei o por qué son 13 e non un,  como estaba no blasón dos Lemos.

Si queredes saber máis cousas de este Hotel Palacio de Sober podedes consultar este link.

Tfnos: 982 455 182

Xa sabedes que non pode ser... O "!Palacio de Sober" pechou por reformas; seica estará aberto en Maio, a mediados.

 

 

Comentarios ó Tramo II da andaina:

 

Con doble liña, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

A ruta "Rego de Xabrega". Foto S.L.

Desembocadura.Chancis. Embarcadeiro. Foto S.L.

Unha ruta de muíños.

Distancia 4 km ida e volta. Nos soio faremos a ida.

Dificultade: baixa.

Duración : como moito 1 hora.

A ruta vai pola beira do río Xabrega en Anllo (Sober). O río baixa lanzado ata o río Sil. Este río cae o Sil cunha parede de rochas moi espectacular. O río ten varios muíños e dous batáns.

Ollo que a ruta non está nada indicada e moi abandonada (marzo 2013). Unha mágoa...

É curioso que algúns dos muíños son de roda vertical (Chámase bruia e son típicos das aceas en Ourense ciudade que había catro,  dous inda se poden ver hoxe, os interesados podedes ver a miña páxina web co dicionario, para saber do que estamos falando).

A ruta dos muíños de Xabrega remata co río caendo por unha parede de rocha moi espectacular e formando unha fervenza.

No lugar, que se chama Chancís, fixeron un embarcadeiro xa que está xusto enfrente do embarcadeiro de onde sae a ruta en catamarán polo canón do Sil. Casi onde está a presa de San Estebo.

O embarcadeiro está feito con moito gusto, na miña opinión,  pero cando o río trae moita auga, como era o caso do día da miña visita,  é un caos a zona xa que o río non da abasto e sae do canle, facendo que a explanada que hai no lugar se asolague.... Hai que velo. Merece a pena. Pero ollo tomar precaucións si o río leva moita auga

Hai tamén unhas vistas marabillosas o canón do río Sil.

O que menos me gusta é a cor do río Sil, unha cor verde que trae o río dende moi arriba...


A ruta "Rego de Xabrega" que trascurre río abaixo no Concello de Sober ata os Chancís onde hai unha fervenza espectacular e un porto de catamaráns está da man do Señor... Non hai nada indicado, en ningún momento hai señais de ruta e faise mal, moi mal o camiño...  está en moi mal estado. Así non vamos a ningunha parte e non se fai país.

O rego tamén se chama regato de Camilo e tiña varios muíños nunha ruta de 2 kms. Os muíños están medios desfeitos, hai moas no ríoe outras pezas. O abandono é grande...

-----------------------------------------------------------

Entrada no "Mirador de Cividade", espectacular, misterioso, hai que vivilo... Foto S.L.

A estrada que leva a este mirador remata cun sendeiro de 3 kms de estrada non asfaltada pero que se pode pasar indo moi despacio. O letreiro pon soio para 4x4 pero un autobús pequeno pasa sin problemas. O que vamos levar nós, non terá problemas xa que sei que o noso conductor Aparicio vai dicir que é unha autovía...

O final cambiose o autobús e o conductor...Non pasamos...

Sei que para a festa do viño de Amandi arranxaron un pouco este camiño botando graba e asfalto nos lugares máis comprometidos.

Mirador Cotarro II. Espectacular, enfrente Sta. Cristina de Ribas do Sil e moitas máis cousas...Foto S.L.

Trataremos ir dende o Mirador de Cividade, en total 2,5 km. de camiño que pasan os coches perfectamente.

Sta. Cristina dende o mirador Cotarro II. Un exemplo claro de románico e un mosteiro benedictino que quedou anexionado a o mosteiro de Sano Estebo de Ribas do Sil. Unha xoia entre castaños. Fotografía de inverno.

Tanto o mirador Cotarro I ou Cividade como o Cotarro II non podemos chegar xa que o autobús non poido pasar, quedarán para outra ocasión. Merecía a pena como se pode comprobar nestas fotografías.

Mirador Cotarro I ou tamén chamado Cividade. O fondo o encoro de San Estebo de Ribas do Sil.

Sinto moito que non chegáramos a ver esta marabilla.

Mirador de Cividade. Fotografía Secundino Lorenzo.

Vai para vosoutros está fotrografía:

Mirador Cotarro I ou Cividade. Unha marabilla. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

Comentarios ó Tramo III  da andaina:

 

Con doble linea, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

Fot. Secundino L. Tamén deste lugar sae o tren turístico á "Viticultura heroica e canóns do Sil". Nós non colleremos ese tren xa que o noso vai conducido por outro maquinista.

Comeremos no Restaurante "A Cantina" de Doade. Bon trato e boa comida moi preto de Amandi. Ver este link.

Tfnos.: 982 198  717        630 333 579

Fot. Secundino L. Dende o mirador de Soutochao.

Viticultura heroica. Está claro... Fot. S.L.

Nestes sucalcos cultívase a uva  nas variedades de mencía,   e godello entre outras. Como sabedes a variedade mencía da lugar o viño tinto típico de Amandi e o godello o viño blanco. Os dous son sensacionais.

 Hoxe hai moitas bodegas na zona, totalmente mecanizadas e con produción que rondan, algunhas entre 50.000 e 200.000 litros. Veremos ó pasar algunhas delas,  moi famosas. Tamén se está traballando, moito e ben, con viños  en barrica de roble francés e americano, facendo viño con crianza. Tamén facendo e levando as últimas tecnoloxías en fermentación natural en depósitos de acero inoxidable con temperaturas e tempo de procesos totalmente contralados. Algunhos viños como o godello despois da fermentación natural estanse a levar a depósitos de madeira de roble francés e logo unha posterior crianza de tres meses sobre lías finas.

Esta parte está considerada como Subzona Amandi, aparte dentro da Ribeira Sacra hai tamén as subzonas de Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.

O traballo nestas viñas é incrible, observar a pendente, a estreiteza dos sucalcos onde non queda máis que traballar sin medios mecánicos. O de sangue, sudor e lágrimas creo que ven a conto...

A Denominación de Orixen Ribeira Sacra foi autorizada en setembro de 1996.

Comprende 2.500 Ha, 2.811 viticultores,  e 94 bodegas.

O nome de viticultura heroica está perfectamente fundamentado, basta ver os bancais, nos que as vides loitan por gañar terra a montaña. A posta en produción do terreo supón o levantamento de paredes de ata tres metros para unha plantación as veces de dúas liñas de cepas.

Hai números que demostran  que o tempo que se tarda en preparar o terreo para poñer en explotación unha cepa neste lugar, equivale en terreo chan a plantación de ata 1000 cepas.

A subzona de Amandi, que é a que estamos vendo comprende as parroquias de Anllo, Amandi, Barantes, Bolmente, Doade, Lobios, Pinol, San Martiño de Anllo en Santiorxo; todas elas dentro de Sober. Tamén comprende a Parroquia de Marcelle que está no Concello de Monforte.

Observar na fotografía de S. Lorenzo estos sucalcos ou muras e algún medio mecánico para subir as uvas.

A orientación predomina o sur. Tamén favorece a escasa pluviosidade, a acción termoreguladora dos ríos,  a exposición solar óptima así como o terreo coa disposición en escaleira que favorece a drenaxe dun chan granítico-pizarroso e ácido.

O viño de Amandi deu sona o Concello de Sober cando se enviaba en ánforas de barro a Roma. Seica este feito está documentado.

 

Monumento o Carreteiro, o que carga cós cestos de uvas polos empinados terreos moitas veces cun 60º-70º de pendente. Unha pasada. As uvas son subidas ata os inchadoiros, lugar onde se depositan as uvas nunhos recipientes chamados arcas para logo levalas a bodega. A fot. é de Secundino Lorenzo e está sacada camiño do miradoiro de Soutochao.

As ladeiras da marxe dereita do Sil, que estamos a recorrer,  resultan especialmente aptas para o cultivo do viñedo por estar orientadas ao mediodía e recibir o suave clima da Ribeira Sacra con toda a forza do sol. Na época dos romanos o Viño de Amandi era descrito nas crónicas como o "ouro líquido do Sil". Durante os séculos de esplendor dos mosteiros da Ribeira Sacra, a dedicación dos monxes á elaboración diste viño levouno a ser unha das bases da economía medieval de Galicia e protagonista de excepción do intenso tráfico fluvial que navegaba istas espectaculares ribeiras do Sil. 

Na fotografía de Secundino L. vese a zona de Amandi e como se están a facer e rotular fincas doutros xeitos, onde o terreo ó permite.

En frente vemos a esquerda o canón do Mao, a baixada dos tubos da minicentral do Mao, tamen un anaco desta minicentral abaixo no río Sil , os pobos de Val e San Lourenzo e na cima o pobo de Forcas.

Nese canón do Mao temos pendente facer a ruta de Barxacoba. Sensacional.

A central Hidráulica de Regueiro vese perfectamente dende o mirador de Amandi. Fotografía S. Lorenzo.

 

Mirador de Cadeiras. Dende este mirador vese na parte dereita os "Balcóns de Madrid". Impresiona moito a altura da montaña que se ve e que tapa o pobo de Parada do Sil, o pobo dos "Barquilleiros" que teñen que ver coa historia e o nome dos "Balcóns de Madrid", como vimos na nosa III-Andaina.

Aquí tendes o Santuario de Cadeiras de estilo barroco e que ten a importancia de estar situada nun lugar moi bon para facer festas campestres e así se fan sobre todo o día  8 de setembro na explanada do santuario. Os pendellos que se ven na fotografía moi longos e con forma de L de máis de 200 metros chamáronme a atención. Unha gran festa debe celebrarse neste lugar...

Dende os balcóns de Madrid vese perfectamente este santuario.

 

 

Comentarios ó Tramo IV  da andaina:

 

Con doble linea, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

Claustro do conxunto monacal das Bernardas de Ferreira de Pantón Fotografía Secundino L.

Igrexa de Eiré, dende a praza do pobo. Ese día caían chuzos no pobo, chovía a "Deus dar". Fotografía Secundino L.

Convento das "Bernardas". Mosteiro Cisterciense.

Está a 1 km. do pobo de Ferreira de Pantón e na estrada antiga.

As monxas Bernardas son do Cister, vestidas de marrón para a laboura e de blanco para acudir sete veces o día á ora. Aquelo de "ora e labora". Son entre 12 a 14 monxas coa súa abadesa ó frente. Viven, no dibuxo ó fondo, a esquerda onde se ven as chemineas.

A primeira noticia escrita é do ano 924, logo no 1175 a súa patrona,  unha filla do Conde Traba fai donación o Cister. Seica rematou a tradición chamandoa Santa Fronila de Lemos. O caso é que os condes soltaron moita pasta para facer este recinto e nótase. Sobre todo ata o século XVIII, con ampliación, ver a parte dereita reservado as señoras da alta nobleza e o seu servicio, as mandadeiras. A chamada "casas das donas".

O que podemos ver, ben pouco, é o claustro, que é renacentista,  por detrás dun cristal e a igrexa que é rica por fora e menos rica por dentro. Era o que mandaba o Cister na regla de Bernardo Claraval.

Nos "canecillos" haberá que buscar dous músicos e una danzante, soldadeira, coas faldas o aire. Dentro hai sepulcros de D. Diego de Lemos e seguramente o seu fillo. O tono distinto da pedra débese o tono calizo da pedra do Incio.

Nota: importante saber que no "labora" das monxas están os almendrados, cocadas, pasta de te e tartas; telo en conta xa que algo hai que mercarlles, non sexa o demo...

 

 

Dibuxo do Mosteiro do Divino Salvador de Pantón,  do libro citado.

Ollo co horario as 18 pechan, xa sabedes...as vísperas...

Igrexa de San Miguel de Eiré

Declarada en 1964 Monumento Nacional, dende logo é distinta a outras igrexas. É do século XII.

A torre é única, por certo hai que ser artista e xogarse o tipo para subir a misma.

Outra cousa que a distingue é a porta Norte, cargada de simboloxía e moi traballada, dunha forma sutil, única.

Como mostra da calidade do libro, xa citado,  así como o detalle,   poño a descrición da porta norte que se fai no mismo, podedes ver tamén a fotografía e seguir o texto:

"..La puerta norte está formada por dos arquivoltas decoradas que se apoyan sobre sendas columnas con capiteles tallados con motivos vegetales y una cabeza de figura humana invertida.

La dovela central del arco tiene un Agnus Dei, el tímpano decorado con círculos componiendo cruces está apoyado sobre dos mochetas  con los símbolos de los evangelistas  Lucas y Marcos (toro y león), a la derecha con sus iniciales LU y MA, grabadas; a la izquierda, más dificil de ver, están Juan y Mateo (águila y hombre alado), formando un violento escorzo con las alas en las que vemos una cabeza invertida y una mano...".

En dous lugares da igrexa pon PS FECIT, "Pedro fíxoo" que se supón é o nome do mestre que fixo esta xoia...Hai outras teoría que falan de outro nome...

Dentro,  hai que vela, está bastante expoliada pero poden verse pinturas dun Cristo coa Virxen e San Xoán. Fora nos canecillos do ábside hai algúns rotos a propósito, como o da parella copulando, a maioría son motivos vexetais.

 

Dibuxo do libro citado (que puxen o revés para que me coincida coa fotografía)

 

A chave tena un veciño, o da casa con patio que está a dereita...

Unha auténtica xoia esta igrexa de San Miguel de Eiré. A fotografía é de Álvaro García.

Porta norte da igrexa de San Miguel de Eiré. Fotografía de Secundino L. para ver o detalle do descrito arriba.

Moita xeometría nesta porta, unha auténtica xoia o meu entender... Hai que vela.

As follas que rematan en caras son única e dunha delicadeza fora do común... Fotografía S. Lorenzo

Neste caso na dereita son animais, por certo por riba pon LU (Lucas) e MA (Marcos) e as follas rematan en pequenas flores, Fotografía S. Lorenzo.

 

Nota sobre as fotografías que aparecen neste traballo:

A maioría están sacadas de domingo a martes de Entroido 10, 11 e 12 de febreiro cando eu fixen un estudio da andaina.

Outras, moi poucas o día da excursión o 16/03/2013, día nas que eu fixen moi poucas fotografías xa que neste grupo levamos tres fenómenos as veces máis no tema Álvaro, Leticia e Quique.

Remato dando as gracias a todos.

Esta foi unha das poucas que fixen pero mereceu a pena.  Fervenza dos Chancís. 16/03/2013

Pulsar para ver máis grande.

Para rematar non estaría mal ver este marabilloso video sobre a "Ribeira Sacra", así tamén vedes o que fata por ver que é moito e a marabilla que temos en Galicia:

 

Volver.

 

  

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces