"UN  DÍA  NO  INVERNADEIRO". PARQUE NATURAL DE OURENSE.

RUTAS  A  REALIZAR NO PARQUE

 

Neste  mapa temos marcado a ruta que faremos, primeiramente a ruta marcada de azul, Ruta da Auga,  e a continuación a ruta marcada de verde Ruta das Troitas.

RUTA DA AUGA.

O final non faremos o tramo de volta, onde pon NON, e seguiremos río arriba facendo a Ruta das Troitas onde pon SI. Aquí aforremos 500 m. A ruta ten polo tanto 3,5 kms.

 

Máis detallada:

A ruta non ten problemas,  salvo o da baixada o río, é bastante pronunciada e convén baixar polo carreiro da ruta e non polo cortafuegos. Pasa de 939 m a 900 m en medio km. Logo vai a carón do río ata a ponte e deixa a dereita o cerco de Gamos e Cervos. É doado ver algún, si non facemos ruído e temos boa vista... A vexetación de ribeira é espectacular.

Nesta ruta é posible ver gamos,  o cercado é de gamos. De feito esta fotografía está sacada no lugar por Xurxo Lobato. Na miña excursión soio puden ver as cornas. Sobre o gamo tendes unha ficha na miña páxina sobre "A vida nos ríos galegos". Que sepades que teñen moito oído e son moi desconfiados.

O final,  na ponte que existe,  iniciaremos a  Ruta das Troitas, en vez de subir a Aula da natureza, iremos río arriba.

---------------------------------------------------------------------

RUTA DAS TROITAS

 

 

.

-----------------------------------------------------------------------------------------------

Máis detallada:

A ruta ten polo tanto 3 kms.

 

O centro ictiolóxico está moi ben pensado e con moito detalle, sobre todo as capturas. Cando estuvemos nós,  estaba pechado e non funcionaba, pero é doado supoñer como fan.

Esta ruta farémola partindo da ponte onde pon 919 m e subiremos ata o centro ictiolóxico, volvendo pola estrada directamente a aula da natureza. Aforramos 500 m.

Na ruta, en calquera momento é posible ver cervos, neste caso son femias. A fotografía está sacada xunto o mirador, no que pararemos antes de chegar as casas. Estaban pastando e enseguida se asustaron co ruído do coche. No Invernadeiro había censados non fai moito 270. Tendes unha ficha miña neste link.

salir.jpg (922 bytes)