RECORDOS DO  70º  ANIVERSARIO DO IES O RIBEIRO

 INSTITUTO  "O RIBEIRO" 2024.

Páxina realizada por Secundino Lorenzo como contribución ao 70ºº Aniversario do centro.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto celebrado o día 04/06/2024 no Salón de Actos

IES O Ribeiro

 

A fotografía é de María Nélida Lejárraga Fdez.. Nelas están os alumnos de 1º da ESO que tan ben nos atenderon, un día destos porei os nomes, e Frutos Fernández Glez., ex-alumno, e Secundino Lorenzo Fdez. ex-profesor.

 

Decir simplemente que o día 04 do mes de xuño fomos convocados polos alumnos de 1º da ESO do IES O Ribeiro, curso 2024-2025,  Frutos Fernández Glez. e Secundino Lorenzo Fdez.  para unha entrevista que tuvo lugar no salón de actos as 10 da mañán do día citado.

A chamada buscaba un ex-alumno do IES O Ribeiro, neste caso Frutos Fernández que fixo o ingreso no centro e o Bacherelato Laboral (cinco anos) rematando no curso 1969-70 e Secundino Lorenzo, o que escribe,  que foi profesor de Matemáticas dende o curso 1968-69 ata o 1976-77 e tamén Xefe de Estudios dende 1971 ata 1977. Curiosamente profesor de Frutos Fdez.

En todo momento estuvemos rodeados pola organizadora, Nélida Lejárraga e polos alumnos que aparecen nesta fotografía e outros que foron os que nos indicaron onde nos tiñamos que sentar e máis ou menos en que consistiría a entrevista que nos fixeron; por certo perfectamente programada e con grandes medios, o menos eso nos pareceu a Frutos e o que escribe. A verdade é que nos atopamos cun plató perfectamente organizado en tódolos aspectos. Aproveito para felicitar a todos.

Da entrevista teredes información nesta web xa que os alumnos de 1º , baixo a dirección de Nélida, grabaron un video con todos os detalles.

Este é o meu email ao que podedes mandar ó que queirades para completar esta información. (Gustaríame poñer os nomes dos alumnos que aparecen na foto, por exemplo...).

 

Este é o IES O Ribeiro actualmente. Fotografía de S.L.F. do día 04/06/2024

Volver