O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de A Barca de Barbantes. Sacado de Google Earth

              

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Sobre o topónimo Cenlle,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1)  "...Outro dos topónimos únicos do Ribeiro...".  Propón dúas hipótesis. "...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra hipótese "... Non desbotaría unha posible  relación do nome coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos medievais como Caelo  ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

 

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Parroquias de Cenlle (O Ribeiro- Ourense). En Amarelo A Barca de Barbantes.

 

Sobre o topónimo A Barca,  di Frutos Fdez. (1) "...fan referencia a antiguas barcas, un dos medios de transporte máis usado para vadear ríos de certa importancia, en tempos en que as pontes eran máis ben escasas No Ribeiro soamente queda con ese nome o lugar da Barca de Barbantes, pero tanto no Miño como no Avia houbo outras barcas que deron o seu nome a algún que outro lugar... A barca máis destacada foi, sen dúbida, a de Barbantes, entre as freguesías de Lais e Feá, da que se teñen noticias desde a Idade Media. A mediados do século XIX era capaz de transportar nunha sola viaxe tres carros de bois e abundantes pasaxeiros...". No Miño houbo outras barcas importantes, das que cita as de Trasariz, Sanín e Troncoso. Sigue explicando cousas moi curiosas sobre estas barcas tanto do Miño como do Avia; no Miño fai referencia entre outras a de Ribadavia, que comunicaba Ribadavia e Arnoia e que moitos compañeiros do autor  usaban para vir as clases o I.T.E.M. de Ribadavia nos anos sesenta do século pasado, cando aínda non se construíra a actual ponte sobre o Miño. Curiosa tamén a referencia documentada que aporta da barca de Bieite, unha das primeiras referentes a este medio de comunicación.

 

Parroquia: Santo Antonio da Barca de Barbantes. Concello de Cenlle. (Ourense)

Igrexa de San Antonio da Barca de Barbantes (Ourense).

 

A Barca de Barbantes. (Ourense)

Vexe o Viaducto da A52 que permite pasar á estrada A52 o río Miño.

Por detrás da ponte  desemboca o río Barbantiño.

A Barca de Barbantes. (Ourense)

A dereita o río Miño

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver