O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Plano de situación. de A Franqueirán sacado del Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

A Franqueirán é un lugar de Ribadavia.

 

Sobre o topónimo Ribadavia,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia  nun fuero  de Fernando II do ano 1164...e nun documento  de Oseira do ano 1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e  1271 xa aparece o nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia, corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer de xeito continuado desde principios do século XIII.

No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

 

Lugar: A Franqueirán. Ribadavia (Ourense).

Sobre o topónimo A Franqueirán,  di Frutos Fdez. (1): "...Aínda que non infinitos, como decía Sarmiento, son bastante comúns este tipo de topónimos..." . Frutos estase a referir a Francos, Francelos, Franza e Franqueirán que engloba nun estudio que ocupa tres páxinas do seu libro e que tratarei de resumir. De momento voume limitar únicamente a coller ó que se refire A Franqueirán:

"...No Ribeiro, dentro da toponimia maior, están Francelos (Ribadavia) e a Franqueirán (Ribadavia) e na freguesía de Xuvencos (Boborá) temos Franza...."

"...Franqueira, podería derivar de Frankaria, con terminación -aria que alude, neste caso, a unha característica da terra como en Barreira, Pedreira, Costeira, etc. Máis dificil parece a relación no caso de Franqueirán de Ribadavia que, de non presentar desplazamento do acento, podería ser un antropónimo, dun antigo posesor Frankilani, nome bastante común na onomástica galega...

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver