O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación da Quinza. Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

Engadín A Quinza.

 

Sobre o topónimo Ribadavia,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia  nun fuero  de Fernando II do ano 1164...e nun documento  de Oseira do ano 1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e  1271 xa aparece o nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia, corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer de xeito continuado desde principios do século XIII.

No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

A Quinza é un lugar da freguesia de Sampaio de Ventosela en Ribadavia.

 

Lugar: A Quinza. Freguesía de Sampaio de Ventosela. Ribadavia (Ourense).

 

Sobre o topónimo A Quinza,  di Frutos Fdez. (1) "...É A Quinza lugar da freguesía de San Paio de Ventosela, topónimo único dentro dos rexistrados no NG. No antigo réxime, era un coto señorío da Marquesa de  Castelar que percibía por esta razón unha luctuosa consistente "por cada caveza de casa que muere la mexor alhaxa a su escoger". Documentalmente  xa figura en documento de Alfonso IX nunha donación rexia do ano 1204..."

"...A Quinza  explicaríase  facilmente como antrotopónimo dun antigo posesor de nome Quintia ben documentado na diplomática medieval galega. Non obstante, as formas Quinzanam e Quinciana documentadas para A Quinza esixen unha anterior...". En fin que a cousa se complica xa que Quintius, nombre propio romano que deu o Quincio presente no santoral cristiano,  tamén entra no estudio. Tamén é posible que A Quinza sexa unha antiga herdade adxectivada polo nome do seu posesor Quincio ou Quinciano, unha hipotese que reforza a presencia do artigo.

 

 

NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver