O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Santo André de Abelenda das Penas  dentro de Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense. Sacado de Google Earth

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os filólogos  acerca do estrato lingüístico ó que pertence a palabra carballo...A opinión máis estendida considera carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada, á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra, rocha´... aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou á dureza da madeira desta especie...". No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Abelenda, freguexía de Carballeda de Avia, di Frutos  (1) "...O nomenclator de Galicia (NG) rexistra unha ducia de lugares e un par de freguesías co nome de Abelenda. Trátase dun fitotopónimo, de significado transparente, relacionado co nome dunha árbore moi común na nosa flora, a abelaira -Corylus avellana, do latín abellanaria. No caso do topónimo Abelenda  a orixe está nunha forma abellaneta,  derivada do nome latino da árbore con sufixo colectivo e abundancial -eta, o neutro do plural de abellanetum. Resulta preciso decir que as formas con sufixo -endo, -enda, nas que non se produce o enmudecemento total do -n- intervocálico,  habitual no galego e no portugués, soamente aparecen en Galicia. En Portugal existen exclusivamente as formas Abeleda e Abeledo, topónimos que, por outra parte, tamén abundan en Galicia. Na provicncia de Ourense as Abelenda concéntranse no Ribeiro e nos seus arredores: a freguesía de Santo André de Abelenda das Penas (Carballeda de Avia); a de Santa Maríña de Abelenda (Avión), ámbalas dúas cos correspondentes lugares homónimos, e o pobo de Abelenda en San Martiño de Valongo (Cortegada)..."

"...O complemento "das Penas", que leva a freguesía de Santo André de Abelenda, alomenos desde o século XIV. Resulta curioso cómo a maioría dos ribeiráns, e poiden comprobar cómo incluso veciños da mesma freguesía, asimilan este complemento non coas penas ou penedos -significado claro do mesmo-, omnipresente na paisaxe desta e outras freguesías da contorna, senón coas penas de dor...". Poñen en relación coas penas que sentiron os franceses na Guerra da Independencia, en batallas que foron derrotados e tiveron moitas baixas, así quedou o nome de pena...

 

NG é o Nomenclator (catálogo de nomes) de Galicia. Xunta de Galicia.

 

Igrexa de Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

Interesante igrexia do románico rural, perteneceo á encomenda de Beade da Orde dos Hospitalarios de San Xoán. De pobre decoración nos seus canecillos presenta unha boa portada en arco de dúas arquivoltas, rodeado de axedrezado xaqués, que se sostén sobre dúas partes de columnas, englobando un tímpano no que está representada unha curiosa cruz de tipo céltico. No atrio sepulturas antropomorfas altomedievais.

(Fonte Ourense monumental. Deputación P. de Ourense. 1997).

 

Sensacional  traballo neste blog sobre a igrexa de Sto. André de Abeleda.

       Descoñecía este gran traballo que leva por título "1000 lugares de Galicia". Inda por riba en varios idiomas...

 ¡Noraboa!.

 

Abelenda. Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

Abelenda.  Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

Casares.  Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Casares, nome deste lugar da freguesía de  Carballeda de Avia, di Frutos Fdez.  (1): ""...Dentro do abundante grupo de topónimos relativos a asentamentos humanos, os derivados do latín casa ´choza´ están entre os máis numerosos de Galicia, tamén do Ribeiro. Todos veñen do tema  latino casa, casae ´casa de campo, granxa, choza´, que foi palaba vencedora  no Baixo Imperio fronte o latín  clásico domus, us..."

 

Fornelos.  Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Fornelos, nome deste lugar da freguesía de  Carballeda de Avia, di Frutos Fdez.  (1): "...É bastante común en Galicia...Fornelos é diminutivo do latín furnus ´forno ou cancavidade´. Acostuma referirse non ós fornos de cocer senón á existencia de sepulturas antropoides ou furnas. Topónimos relacionados son Forno de Mouros, Fornacho, Forniños e Fornela, case sempre relacionados con dolmens ou as furnas funerarias. Conta Cabeza Quiles cómo o mesmo Eduardo Pondal citaba  o Domen de Dombate co apelativo xenuino e popular de fornela de Dombate.

 

Sariñás.  Santo André de Abelenda das Penas. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

Sobre o topónimo Sariñás, nome deste lugar da freguesía de  Carballeda de Avia, di Frutos Fdez.  (1): "...Non existen máis Sariñás no NG có  da freguesía de Abelenda das penas en Carballeda de Avia. Segundo me dixeron no  pobo, agora non vive ningún veciño alí.  Outra vez poderíase sospeitar dun hidrónimo pola presenza da raiz prerromana sar, pero resulta máis normal, tanto desde o punto de vista morfolóxico como do semántico, un antrotopónimo. Derivado dun antigo posesor de nome romano Sarinianus, que no xenitivo, *Sarinianis, conduciría facilmente a Sariñás. Este mismo nome está na orixe da vila de Sariñena (Huesca). Polo tanto é moi probable  que Sariñás foxe  unha antiga vila *Sarinianis.

 

NG é o Nomenclator (catálogo de nomes) de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver