O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de As Regadas, sacado de Google Earth.
As Regadas nos mapas. DX. Dicionario Enciclopédico Ilustrado de
Galicia. Tomo 3.
Sobre o topónimo
Beade, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Beade
pertence o grupo de topónimos que máis se asocia co Ribeiro de
Avia. A paisaxe dos viñedos que rodean a igrexa parroquial, coa súa
magnífica torre barroca como elemento central da composición, é
seguramente a postal máis coñecida do Ribeiro...".
"...Segundo Cabeza Quiles, o
nome de Beade procede dunha antiga (villa) Benenati ou Beati,
xenitivos de Benenatus ´ben nado´e Beatus ´feliz´,
respectivamente. Son nomes persoais latinos moi comuns e rexistrados na
onomástica medieval gaega. A forma Biadi que atopamos en diversos
documentos dos séculos XII e XIII, lévame a pensar na maior
probabilidade dunha antiga (villa) *Beati..."
No
estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro, Frutos
Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a
frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da
documentación histórica do topónimo e das distintas
interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á
etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar,
emite a súa opinión ó respecto. Recomendamos o
libro, un traballo marabilloso..
As Regadas nos mapas. DX. Dicionario Enciclopédico Ilustrado de
Galicia. Tomo 3.
Sobre o topónimo As Regadas, o nome
deste lugar e freguesía de San Amaro das Regadas en Beade, di Frutos Fdez (1):
"Un abundantísimo grupo de
topónimos galegos é o formado polos derivados de rego, a canle que
conduce a auga, e regar, a acción de achegar a auga os cultivos..." Quen
foi antes o rego ou regar é un tema que Frutos deixa para os lingüistas.
"...a maioría dos autores decántanse porque o rego derive do verbo
latino rigare, o que explicaría o caracter cerrado do -e- de
rego. Parece ser que tanto o verbo como o nome descansan sobre unha
base común *recu de orixen prerromana...". "...As regadas dunhas
antigas regatas, dan nome ó lugar e freguesía de San Amaro de Regadas
(Beade), e algúns términos de microtoponimia das parroquias, considero que o
feminino vén pola referencia a terras regadas..."

Lugar: San Amaro das Regadas. O Ribeiro (Ourense).

Lugar: As Regadas. O Ribeiro (Ourense).
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver