O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Beade,  sacado de Google Earth.

                 

   

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 3

Sobre o topónimo Beade,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Beade pertence o grupo de topónimos  que máis se asocia co Ribeiro de Avia. A paisaxe dos viñedos que rodean a igrexa parroquial, coa súa magnífica torre barroca como elemento central  da composición, é seguramente a postal máis coñecida do Ribeiro...".

"...Segundo Cabeza Quiles, o nome de Beade procede dunha antiga (villa) Benenati ou Beati, xenitivos de Benenatus ´ben nado´e Beatus ´feliz´, respectivamente. Son nomes persoais latinos moi comuns e rexistrados na onomástica medieval gaega. A forma Biadi que atopamos en diversos documentos dos séculos XII e XIII, lévame a pensar na maior probabilidade dunha antiga (villa) *Beati..."

 No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

        

Beade nos mapas. DX. Dicionario Enciclopédico Ilustrado de Galicia. Tomo 3. 

 

 

Igrexa de Santa María de Beade. O Ribeiro (Ourense).

Igrexa chea de historia e no lugar dun antigo edificio románico, como ó demostran restos como o friso que representa aos apóstolos, érguese o edificio barroco iniciado no século XVI. De gran calidade e beleza, completa o conxunto coa contorna e o Vía Crucis rematado nun excelente Calvario, tamén de estilo barroco; no seu interior atópanse bos retablos, tallas, algunhas do escultor ourensán Moure, e tumbas de Cabaleiros da Orde de Malta. A fachada cunha porta entre dous nichos cunha imaxe da Nosa Señora e un comendador da Orde de Malta coa súa muller, remata nun gran escudo. Ao seu carón, unha magnífica torre con tres corpos.

En Beade houbo unha das encomendas da Orde de San Xoán de Xerusalén, aínda que se supón que é posterior á de Ribadavia. Figura co título de encomenda nunha escritura de 1406.
Na Guerra da Independencia foi saqueada polas tropas napoleónicas e posteriormente tamén durante as guerras carlistas.

Fonte do texto: Ourense Guia Monumental. Deputación prvincial de Ourense 1997

 

Links sobre a Igrexa de Beade.

Sta. Maria de Beade. Pueblo a pueblo.

pdf  Sobre Sta. María de Beade.

 

 

O Calvario de Beade. O Ribeiro (Ourense).

 

Beade. O Ribeiro (Ourense)

Auténtica postal do Ribeiro.

 

Beade. O Ribeiro (Ourense)

 

Beade. O Ribeiro (Ourense)

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver