
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6

Igrexa de San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense.
Igrexa de estilo barroco, do século XVIII, e que foi
declarada Monumento Nacional en 1982. A fachada é de tipo retablo de complicados
corpos, cunha hornacina onde o arcanxo Miguel está aplastando un dragón. O seu
carón unha grandiosa torre con dúas balconadas de cantería de robustos
balaústres nos que se poden ver as armas dos Sarmiento e que se cubre cunha
cúpula rematada nun pináculo. Nos interiores ten moi bons retablos barrocos.
(Fonte Ourense monumental. Deputación P. de Ourense. 1997).
Moi interesante
este link que nos invita a visitar esta xoia do Ribeiro.

Vilariño. San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo
Vilariño, nome deste lugar da freguesía de Carballeda de Avia, di Frutos Fdez. (1): "...Pertence o
grupo de topónimos relacionados con Vila, que é dos máis numerosos do
NG...Todos veñen do latín villa, unha palabra que ten cambiado moito
o seu significado desde os tempos do latín clásico, no que designaba ´a casa
de campo ou granxa agrícola´. Na Idade Media pasou significar lugar ou
aldea, que é a acepción máis axeitada para a maioría das vilas da toponimia
galega...Trátase dun diminutivo de
villaris (>vilar), ´ó que pertence a vila´, co sufixo -inum:vilarinum>vilariño..."
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia.
Xunta de Galicia.

Saa. San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo
Saa, nome deste lugar da freguesía de Carballeda de Avia, di Frutos Fdez. (1):"...O Saa de
Carballeda pertencía no antiguo réxime a encomenda de Beade...é
un dos poucos topónimos que ten a súa orixen nunha palabra xermánica...deriva
dunha forma, probablemente gótica, *sala, apelativo que
designaba a casa principal, concurrente coas palabras latinas villa
ou palatium. Todo parece indicar que nos (topónimos) Saa a palabra
xermánica substituíu a antiga denominación latina..."

Fiscás. San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo Fiscás, nome
deste lugar da freguesía de Carballeda de Avia, di Frutos Fdez. (1) "...Outro caso de
topónimo único, entre os rexistrados no NG...". Despois de indicar
a posible natureza de fitotopónimo, relacionado con "faisca", defendida por
Gonzalo Navaza, propón outra posibilidade: "...Trataríase de derivar Fiscás de
Terras Fiscales, que é como se coñecía no pasado remoto ás terras ou
calquera outro tipo de propiedade onde o rei tiña algún tipo de dereito
fiscal, sería unha especie de sinónimo toponímico de Reguengo...".
Sutenta esta proposta cun parágrafo dun documento de Samos do ano 853
referente a unhas pesqueiras "quas dicunt fiscales" e con outras probas
documentais e toponímicas. Interesante
investigación, como todas as que fai no libro citado.
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia.
Xunta de Galicia.

Carballeda de Avia. San Miguel de Carballeda. Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense.

A Veronza. San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense
Sobre o topónimo
A Veronza, nome deste lugar de Carballeda de Avia, dice Frutos
Fdez.(1).: "...Trátase de
outro dos topónimos únicos do NG...nome dun lugar da freguesía de San
Miguel de Carballeda, pero tamén do río ou regato, afluente do Avia, que
baixa dende este lugar ata a misma vila de Ribadavia. O regato coñécese en
Ribadavia máis ben co nome de Maquiás, probablemente por pasar por un antigo
lugar onde había muíños de maquía, pero o nome máis antigo é Veronza...
un claro hidrónimo...derivado do paleoeuropeo *WER-, ´ auga,
choiva,río´..."
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia.
Xunta de Galicia.

A Costeira de Arriba. San Miguel de Carballeda. Carballeda
de Avia. O Ribeiro. Ourense
Sobre o nome
A Costeira, di Frutos Fdez. (1): "...Trátase dun
topónimo de significado transparente, derivan do latín costa, costae
´costela, costado´, aludindo sempre na toponimia, metaforicamente, a terreos
en pendente, sinónimo aquí de terras ben expostas ó sol, propicias para
producir bos viños. Tal vez parte do éxito dunha coñecida marca de viño do
Ribeiro que leva o nome de Costeira estea na asociación que fai o consumidor
do nome co significado..."

A Costeira de Abaixo. San Miguel de Carballeda. Carballeda
de Avia. O Ribeiro. Ourense

A Veiga. San Miguel de Carballeda. Carballeda de Avia. O
Ribeiro. Ourense
Sobre o topónimo A Veiga, o nome
deste lugar de Carballeda de Avia, di Frutos Fdez (1): "...Etimoloxicamente
veiga, palabra viva no galego co significado de ´terreo á veira dun
rego de auga, fértil e sempre húmido´, vén da prerromana *baika co
mesmo significado..."
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver