O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Cenlle (Ourense). Sacado de Google Earth

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Sobre o topónimo Cenlle,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1)  "...Outro dos topónimos únicos do Ribeiro...".  Propón dúas hipótesis. "...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra hipótese "... Non desbotaría unha posible  relación do nome coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos medievais como Caelo  ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

 

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Parroquias de Cenlle (O Ribeiro- Ourense). En Amarelo Cenlle.

A páxina oficial de Cenlle ten este link.

 

Igrexa de Santa María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Esta igrexa, construída entre os séculos XVI e XVIII, aínda conserva elementos decorativos medievais, como outros edificios relixiosos románicos da zona. Entre estes elementos medievais destaca o arco de medio punto decorado con motivos xeométricos (no lateral). Tamén conta con dúas capelas laterais. O retablo maior no seu interior é renacentista.

Seica que o interés artístico desta igrexa está na escultura de Santa Lucía do século XVI, que é unha obra do Mestre de Sobrado.

 

 

Sta María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

 

Santa María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

 

Lugar de Názara. Sta. María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo Názara,  di Frutos Fdez. (1) "...É outro caso dos topónimo maior que aparece únicamente no Ribeiro...Fóra de Galicia, temos o Nazarét de Portugal e un Nazar en Navarra que parecen pertencer á mesma familia de topónimos..". Cita un documento da Catedral de Ourense de 1259 no que o lugar aparece coa forma "Nazar", o que podería remitir a un posesor de nome Nazarius. No obstante, resulta dificil explicar a evolución Nazar>Názara. Por iso convén saber que o Nazaret bíblico aparece baixo as formas Nazaret, Nazareth, Nazara e Nazarat nos manuscritos do Novo  Tstamento, polo que non se pode desbotar unha influencia relixiosa na evolución do antrotopónimo orixinal Nazar.

 

 

A Pena. Sta. María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo  A Pena,  di Frutos Fdez. (1)"...O substrato granítico da nosa Terra fixo de penas e penedos elementos omnipresentes da paisaxe. É así que a toponimia reflicte esta realidade con cerca de medio milleiro de lugares habitados con nomes relacionados con estas manisfestacións xeolóxicas..."

Sobre a etimoloxía de Pena, Frutos rexistra dúas posibles raíces,  unha céltica e outra latina, entre as que discuten os filólogos; os interesados tendes as posibilidades no seu libro, ver (1).

 

Lugar de  O Pereiro. Santa María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo O Pereiro,  di Frutos Fdez. (1)"...Outro grupo moi abundante de topónimos galegos é o dos fitotopónimos relacionados coa pereira, á árbore das peras, e o pereiro, a árbore dos peros. Etimolóxicamente pera vén do latín pira e trátase do froito das diferentes variedades de Pirus communis. O nome da árbore, pereira, procede do seu derivado piraria. O masculino da pera, o pero, é o nome que reciben en Galicia diversas variedades de mazás (Malus domestica) resultando pereiro do latin pirariu...". Está claro que haberá que mirar en cada caso, como dice Frutos "...a vista da realidade física e documental..." á que se debe o nome se ós peros ou ás peras. Aínda que neste caso parece claro que ós peros.

 

Lugar de A Quintá. Sta. María de Cenlle. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo A Quintá,  di Frutos Fdez. (1)"...En Galicia hai máis de cento cincuenta topónimos maiores que comenzan por Quinta...son topónimos de interpretación dificil o resultaren verosímiles varias explicacións..."

"...No Ribeiro  temos a A Quintá en Santa María de Cenlle...". A forma aguda parece delatar unha antiga quintana latina, é dicir unha praza. Este foi o nome que recibiron as prazas á entrada das igrexas ou as pequenas prazas no campo..."

Frutos escribe sobre outras formas topoímicas da mesma familia: A Quinta, As Quintas. O Quinteiro, Quintela, cunha orixe etimolóxicaz común pero con significados bastantes diferentes, Curiosa palabra esta e marabillosa documentación no libro citado (1).

 

 

Lugar de A Torre. Sta. María de Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo A Torre,  di Frutos Fdez. (1) "...Máis de cento cincuenta lugares en Galicia levan o nome de A Torre...Torre vén do latín turris-is ´torre´, co significado de fortaleza ou mesmo casa grande. Este último significado vén de que estas casas adoitaban ter algunha torre que destacaba pola súa altura sobre o resto da construcción."

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver