O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Esposende. Sacado de Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Ribadavia,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia  nun fuero  de Fernando II do ano 1164...e nun documento  de Oseira do ano 1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e  1271 xa aparece o nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia, corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer de xeito continuado desde principios do século XIII.

No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Esposende  di Frutos Fdez. (1) "...É un topónimo único dentro do NG. Arredor da nosa antiga *villa de Esposende formáronso dúas freguesías, a de  Santa Mariña de Esposende e a de Santiago de Esposende; o nome reflicte, por tanto unha realidade toponímica anterior á formación das freguesías. O linde entre as dúas freguesías marca agora a estrema entre os concellos de Ribadavia e Cenlle. As boas terras de Esposende foron reclamo no pasado para importantes familías fidalgas que consiguiron xenerosos foros neste territorio. Os magníficos pazos de Esposende: O Casardereito, O Pazo das Quintas,...dan testemuña desa época..."

     "...Etimoloxicamente trátase dun antrotopónimo. O nome Esposende deriva dun antigo posesor de nome xermánico Spanosindus. A perda do -n- intervocálico e a transformación do diptongo ao resultante en -o- explican perfectamente a forma actual, a partir do xenitivo Spanosindi. O primeiro documento, entre os que se conservan, referentes a antiga vila, do ano 1076, aínda presenta unha forma intermedia  Spanosendi...". Posteriormente entre 1212 e 1242 perde a -a-  e o final queda Esposende.

 

 

Lugar: Esposende: Santiago de Esposende.

 (Ribadavia-Ourense)

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver