O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Santa Mariña de Esposende. Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo
Cenlle, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Outro
dos topónimos únicos do Ribeiro...". Propón dúas hipótesis.
"...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome
Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou
Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra
hipótese "... Non desbotaría unha posible relación do nome
coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do
Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones
semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos
medievais como Caelo ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo
Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non
esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

Lugar: Sta Mariña de Esposende. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).
Sobre o topónimo Esposende di Frutos Fdez. (1) "...É
un topónimo único dentro do NG. Arredor da nosa antiga *villa de
Esposende formáronso dúas freguesías, a de Santa Mariña de Esposende e
a de Santiago de Esposende; o nome reflicte, por tanto unha realidade
toponímica anterior á formación dasfreguesías. O linde entre as dúas
freguesías marca agora a estrema entre os concellos de Ribadavia e Cenlle.
As boas terras de Esposende foron reclamo no pasado para importantes
familías fidalgas que consiguiron xenerosos foros neste territorio. Os
magníficos pazos de Esposende: O Casardereito, O Pazo das Quintas,...dan
testemuña desa época..."
"...Etimoloxicamente
trátase dun antrotopónimo. O nome Esposende deriva dun antigo posesor de
nome xermánico Spanosindus. A perda do -n- intervocálico e a
transformación do diptongo ao resultante en -o- explican
perfectamente a forma actual, a partir do xenitivo Spanosindi. O primeiro
documento, entre os que se conservan, referentes a antiga vila, do ano 1076,
aínda presenta unha forma intermedia Spanosendi...".
Posteriormente entre 1212 e 1242 perde a -a- e o final queda
Esposende.

Igrexa de Sta Mariña de Esposende (Cenlle). O Ribeiro (Ourense).
Templo románico, construido probablemente a
partir do século XII e que tuvo posteriores reformas barrocas no século XVII.
Unha igrexa que hai que visitar xa que ten moito, moítisimo que ver. O final
é unha pequena xoia do románico no Ribeiro.
Tendes moi boa información sobre esta
igrexa neste link.

Santa Mariña. Sta. Mariña de Esposende . Cenlle (O Ribeiro-Ourense).

Santa Mariña. Sta. Mariña de Esposende . Cenlle (O Ribeiro-Ourense).

Sta. Mariña de Esposende . Cenlle (O Ribeiro-Ourense).

Esposende. O Campo, O Olivar-Santa. Mariña de Esposende .
Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo O Campo di Frutos Fdez. (1) "...Campo e Campos teñen a súa
orixen no latín campus ´campo, chaira´. Segundo Joaquín Vázquez o
emprego de campus co sentido de espacio de terra traballada, en
sustitución de ager, agri, é unha innovación románica....O nome
acostuma referirse a terreos chás e fértiles, tamén a prados, e noutras
ocasións a espacios de lecer, do que son exemplos os abundantes Campos da
Festa..."...."
En canto o topónimo O Olivar di
Frutos Fdez. (1) "...Dentro da toponimia maior de Galicia o nomenclator
rexistra os seguintes lugares de nome Olivar e Oliveira: O Olivar en Santa
Mariña de Esposende (Cenlle), A Oliveira en San Salvador de Arnoia (Arnoia)...".
Frutos aporta moitísimos lugares de Galicia onde aparece este nome e a
maioría mirando o mar, menos os do Ribeiro claro. "...As formas
toponímicas derivadas da oliva dan testemuña deses antigos e afastados
tempos nos qe as vides aínda non eran as donas do Ribeiro e compartían
paisaxes e traballos con outros cultivos, e entre eles, en lugar destacado,
a tenor da pegada toponímica, as oliveiras...".

A Torre - Santa Mariña de Esposende .
Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo A Torre,
di Frutos Fdez. (1) "...Máis
de cento cincuenta lugares en Galicia levan o nome de A Torre...Torre vén do
latín turris-is ´torre´co significado de fortaleza ou mesmo casa
grande. Este último significado vén de que estas casas adoitaban ter algunha
torre que destacaba pola súa altura sobre o resto da construcción."
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver