O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Francelos. Sacado de Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

Francelos está no concello de Ribadavia.

Sobre o topónimo Ribadavia,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia  nun fuero  de Fernando II do ano 1164...e nun documento  de Oseira do ano 1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e  1271 xa aparece o nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia, corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer de xeito continuado desde principios do século XIII.

No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

No mapa vese que Francelos comprende tamén a Presigueiro.

 

Lugar: Francelos. Ribadavia (Ourense).

No centro o pueblo de Francelos, cruzando o río Miño e enfrente Arnoia.

Sobre o topónimo Francelos,  di Frutos Fdez. (1): "...Aínda que non infinitos, como decía Sarmiento, son bastante comúns este tipo de topónimos..." . Frutos estase a referir a Francos, Francelos, Franza e Franqueirán que engloba nun estudio que ocupa tres páxinas do seu libro e que tratarei de resumir. De momento voume limitar únicamente a coller ó que se refire a Francelos:

"...No Ribeiro, dentro da toponimia maior, están Francelos (Ribadavia) e a Franqueirán (Ribadavia) e na freguesía de Xuvencos (Boborá) temos Franza...."

"...Resulta interesante, coma sempre, a etimoloxía popular de Francelos, que se explica mediante un alcume dun suposto frade, Fraicellus, ´o fradilo´, que vivía nun antigo mosteiro situado no centro do fermoso Val Paraiso; as xentes de Ribadavia que ían paseando polo Val Paraiso adoitaban falar co tal frade e chamaban ¡Fraicellus, Fraicellus!. Se coñece que o bon do frade gustaba da parola. Segundo Meruéndano, o citado mosterio existiu entre os séculos IX e X e logo pasou a depender de Celanova. O historiador ribadaviense cría, sen embargo, que o nome do pobo debíase a que o vello mosteiro estaba dedicado  a San Xés dos Franceses. A realidade parece ben distinta. Non existe nos outros Francelos galegos a mesma advocación relixiosa, por iso non se defende a hipotes de Meruéndano, e menos crible parece que en cada un se repetise a mesma historia do célebre Fraicellus...".

"...A localización dun término agrícola co nome de Francelos, no Catastro de Ensenda da freguesía de San Martiño de Cameixa, fai que por unha parte desbote calquera significado étnico para este topónimo e á súa vez pase a considerar que o nome do pobo de Francelos, documentado xa no ano 986 como Francellos, pode ter a súa orixe nesa raíz xermánica, co significado de terras francas, neste caso a través dun diminutivo afectivo Francellus, semellante a Calvelos, Campelos etc..."

 

--o--

 

 

As catro fotografías son de Secundino Lorenzo.

En Francelos hai unha xoia que foi declarada no ano 1951 como  Monumento histórico-artístico,  é a Igrexa de San Xés de Francelos; poño unhas fotografías sacadas o xoves 09/02/2023.

 

Esta é a entrada, por certo ese día había misa as 18:00 e puden ver o interior. Ten un altar cos santos da Parroquia.

Esta é unha fotografía con parte do altar.

O teito da igrexa é de madeira a dúas augas.

Detalle da parte de fora. Sorprende a cantidade de detalles desta fachada, por certo orientada ao poniente. Sorprende a colocacións das aves picotendo os froitos que hai nesa celosía. O ventanal coas flores ou estrelas resulta tamén espectacular, rematado cos arcos de medio punto .

Os lados da porta hai figuras en relieve que poden significar moitas cousas, seguramente sexa a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén; pero hai outras teorías.

Na actualidade, esta capela é unha pequena edificación totalmente rectangular, cunhas dimensións moi reducidas como pode verse na fotografía Ten un pórtico que resulta moi útil si chove.
A construción seica pertencía case con toda seguridade a un mosteiro, non a unha igrexa parroquial, xa que un documento do ano 993 menciona o mosteiro de Francelos. Posteriormente, en 1156, menciónase a igrexa de Santa María de Francelos que a partir do século XV dedícase á Sta. Magdalena, para pasar despois a denominación de San Xes.

Poño unha referencia de internet que explica con detalle  esta xoia que temos no Ribeiro.

 

Arteguias. San Xés de Francelos.

 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver