O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Xiao de Muimenta  dentro de Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense. Sacado de Google Earth

Google Earth: 42°19'48.76"N    8°11'12.93"W

altitud: 420 m

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os filólogos  acerca do estrato lingüístico ó que pertence a palabra carballo...A opinión máis estendida considera carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada, á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra, rocha´... aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou á dureza da madeira desta especie...". No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Muimenta, di Frutos  (1) "...Dentro da toponimia maior de Galicia encontramos catro lugares co nome de Muimenta, en Carballeda de Avia, Campo Lameiro, Cospeito e Salcedo. Tres levan o de Moimenta, en Cualedro, A Estrada e Celanova. A parroquia de San Xiao de Muimenta pertencía no antigo réxime á xurisdición de Veiga e Carballeda, señorío do Conde de Ribadavia. Na primeira organización mucipal encadrouse dentro do concello de Beade pasando máis tarde ó concello de Carballeda de Avia..."

"...Todos os Moimenta/Muimenta teñen a mesma orixe etimolóxica. Derivan do latín vulgar monimenta, a súa  vez do latín clásico monumentum, que se refire a monumento, memorial, túmulos ou sepulcros. A evolución, con perda do -n- intervocálico, foi, monimenta >moimenta/ muimenta, coa vacilación característica no ditongo oi/ui. As tres formas toponímicas están documentadas na diplomática medieval galega, e desde o século X xa aparecen as formas definidas. O Moimenta / Muimenta como nome de lugar, sempre fai referencia en Galicia a antiguos monumentos sepulcrais e, frecuentemente, está asociado a algunha mámoa ou dolmen, cerc de antigos castros. No noso caso, o lugar Muimenta de Carballeda de Avia, atópase a carón do Coto do Castro, sen dúbida relacionado con este antigo monimenta..."

 

 

Igrexa de San Xiao de Muimenta. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.

 

Ampliar datos desta igrexa:

Wikipedia. Igresa de San Xiao de Muimenta.

San Xiao de Muimenta. Igrexia.

 

Muimenta.  San Xiao de MuimentaCarballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.

 

Muimenta.  San Xiao de MuimentaCarballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.

 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver