O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense). Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Cenlle,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1)  "...Outro dos topónimos únicos do Ribeiro...".  Propón dúas hipótesis. "...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra hipótese "... Non desbotaría unha posible  relación do nome coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos medievais como Caelo  ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Osmo, freguesía de San Miguel de Osmo,  di Frutos Fdez. (1) "...O nomenclator soamente rexistra un lugar co nome de Osmo, o da freguesía de San Miguel de Osmo (Cenlle), trátase polo tanto dun topónimo único. Parece que ten a mema orixe etimolóxica que Osma( en Vizaia e Álava) e Burgo do Osma (Soria). Trátase dun derivado da raíz *Ups álto´, moi difundidas nas linguas célticas, que provén á súa vez do grupo indoeuropeo /*ps/. O sufixo *smo é un superlativo prerrománo bastante común e presente en topónimos como Sísamo ou Guísamo. Deste xeito, Osmo sería a vila moi alta, definición que se corresponde perfectamente coa súa situación, na cima dos montes que rodean o circo natural do val do Ribeiro de Avia no contorno de Leiro, constituindo o mellor mirador natural sobre San Clodio e o seu mosteiro. A cadea evolutiva podería ter sido *Upsamo >*Uxamo > *Oxamo > Ósamo > Osmo. As referncias documentais, desde a primeira no documento fundacional de San Clodio, do ano 928, repiten a forma Osamo de maneira constante e parecen confirmar a etimoóxía proposta. Desde o ano 1423 documéntase a forma definitiva Osmo..."

 

Igrexa de San Miguel de Osmo. Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Igrexa do século XII, aínda que moi transformada durante os séculos XVI e XVII. Os únicos restos de época románica que se conservan son un canzorros no muro Sur.
Esta igrexa, feita a base de perpiaño granítico, presenta planta de cruz latina dunha soa nave con cuberta a dúas augas e pináculos nos extremos.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso de finais do século XVI principios do XVII, con arco de medio punto con grandes doelas; aos laterais unhas columnas sobre pedestais renacentistas e execución barroca.
Por riba da porta unha fiestra de sección cadrada e dous escudos heráldicos aos lados.
O conxunto remata cunha espadana de dúas alturas con arcos de medio punto.
No interior da igrexa destacan as pinturas murais da parede do altar. Estas pinturas aparecen nos traballos de restauración que se levaron a cabo na Sancristía. Entre as imaxes podemos ver un texto litúrxico en latín.

Este texto está copiado desta web (patrimonio galego.net).

Osmo. -San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

 

Osmo. -San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

 

A Carreira - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo A Carreira,  di Frutos Fdez. (1) "...É un topónimo bastante común, supera o número cincuenta no NG. No Ribeiro soamente se rexistra un na freguesía de Osmo (Cenlle)...Derivado do latín vulgar *carraria, de carrus ´carro´, á súa vez de currus ´correr´. As Carreira toponímicas adoitan corresponder a antiguos camiños reais ou a rúas que antes foron camiños. En castelán correspóndese con Carrera, a máis famosa a Carrera de San Jerónimo, a rúa madrileña na que está o Palacio de San Jerónimo, sede do Congreso de Diputados..."..."

NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

 

A Sobreira - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo A Sobreira,  di Frutos Fdez. (1) "...O grupo de fitotopónimos relacionados con sobreira, a árbore da cortiza, é bastante abundante, en Galicia temos uns vinte lugares que levan o nome de Sobreira..."

"...Sobreira, de suberaria, é o nome común, en galego, da árbore Quercus suber, tamén coñecida como cortiza ou corticeira. Ë unha especie propia dos climas mediterráneos, especialmente abundante no Ribeiro do Miño e tamén nas ribeiras do Viñao, no concello de Boborás, xustamente onde encontramos o topónimo Sobredo...". Entre outros topónimos.  como Sobreiral, Sobral e Sobreira.

 

Aquelcabo - San Miguel de Osmo. (Cenlle- O Ribeiro-Ourense). Fotografía de Google Earth.

Sobre o topónimo Aquelcabo,  di Frutos Fdez. (1) "...Existen catro lugares no NG con este nome, un deles na freguesía de Osmo (Cenlle). Aparecía este lugar na folla 187 do mapa 1:50000 do Instituto Xeográfico Catastral na edición de 1946, no enclave que os mapas posteriores sitúan o Cabo de Lugar de Osmo. Comprobei como este último era o nome correcto e durante bastante tempo pensei que Aquelcabo era un invento dos responsables da elaboración do mapa. Non obstante, con este traballo xa na imprenta, descubrín nos libros parroquiais de Osmo que non había ningún invento, Aquelcabo existia ben entrado o século XIX. Para tratar de situalo, acudín o amigo e admirado dibuxante, Xosé Lois "O Carrabouxo", da Cima de Vila de Osmo. El, que pensaba algo parecido a min, foi quen descubriu, a través dun dos veciños máis vellos da freguesía, que Aquelcabo era o nome dun pequeno lugar, do que agora quedan apenas as ruínas dun par de casas, na saída de Riobó polo vello camiño que unía O Outeiro con Anllo. Quedamos os dous moi contentos pola solución deste pequeno enigma..."

 

Aquelcabo - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

 

O Balcón - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo O balcón, o nome deste lugar de San Miguel de Osmo, di Frutos Fdez (1): "...Existen soamente dous topónimos con este nome en Galicia e os dous están no Ribeiro en Osmo e en Trasariz. Creo que se trata de topónimos relativamente modernos. A referencia máis antiga que encontrei, a do lugar do Balcón de Trasariz, no dicionario de Madoz, é de mediados do século XIX...".

"...Balcón ´plataforma saínte sobre a fachada dunha casa, á que se ten acceso desde o interior por unha porta´, é palabra que ven do italiano balcone, a súa vez do xermánico balko ´trabe´. A palabra comeza a documentarse no ámbito galego-portugués na segunda metade do século XIV...". Balcón ten moitos significados como verja, reja, soportal, pórtico, terrado, etc. A calqueraposía refererise a palbra Balcón.

 

O Casar - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo O Casar, nome deste lugar di Frutos Fdez.  (1): "...Dentro do abundante grupo de topónimos relativos a asentamentos humanos, os derivados do latín casa ´choza´, están entre os máis numerosos de Galicia, tamén do Ribeiro. Todos veñen do tema latino casa, casae ´casa de campo, grnxa, choza´, que foi palabra vencedora no Baixo Imperio fronte o latín clásico domus, us."

NG é o Nomenclator (catálogo de nomes)  de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

Piñeiro - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo O Piñeiro,  di Frutos Fdez. (1) "..."De Roucos poucos, da Quintá nin a mitá e de Piñeiro nin o primeiro", reza un coñecido dito arredor destes tres pobos moi pretos entre eles, ainda que Piñeiro é da freguesía de Osmo, Roucos da de San Lorenzo de Pena e a Quintá de Santa maría de Cenlle; son iso sí, do mesmo concello..."

"...Piñeiro é un fitotopónimo que ven do latín pinariu, de pinu, e reciben este nome en Galicia tódalas especies do xénero pinus.Tal como apunta Navaza, resulta curioso que sexa moito máis frecuente a forma simple, Piñeiro, que as formas en plural, Piñeiros ou as colectivas, reducidas a uns poucos Piñeiral. Parece  que a razón está en que foi unha árbore que se estendeu de forma tardía en Galicia, sobre todo desde o século XViii, e que ata entón soamente existían exemplares illados, que foron os que deixaron a importante pegada toponímica..."

 

Rego de Abaixo - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo O Rego de abaixo e Rego de Cima,  di Frutos Fdez. (1) "...

Sobre o topónimo O Rego, o nome deste lugar da freguesía de San Miguel de Osmo, di  Frutos Fdez (1): "Un abundantísimo grupo de topónimos galegos  é o formado polos derivados de rego, a canle que conduce a auga, e regar, a acción de achegar a auga os cultivos..." Quen foi antes o rego ou regar é un tema que Frutos deixa para os lingüistas. "...a maioría dos autores decántanse porque o rego derive do verbo latino rigare, o que explicaría o caracter cerrado do -e- de rego.  "

"...No Ribeiro temos O Rego de Santa María de Punxín, o Rego de Baixo e o Rego de Cima de Rooboó, na Freguesía de San Miguel de Osmo (Cenlle)...". Tamén escribe Frutos sobre outros derivados de Rego como Regodeibón, o Regueiro, A Regueira,  e As Regadas.

 

Rego de Cima - San Miguel de Osmo. (Cenlle- O Ribeiro-Ourense). Fotografía de Google Earth.

Rego de Cima - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

O Couso - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

Sobre o topónimo O Couso,  di Frutos Fdez. (1) "...Existin máis de cincuenta lugares co nome de O Couso en Galicia. No Ribeiro temos dous o Couso  na freguesía de Osmo (Cenlle) e na de Prado (Castrelo de Miño)..."

"...Ocúpase Sarmiento desta voz, anotando que así chaman ó foso (ou foxo) que se facía para coller lobos e outros animais. Propón unha etimoloxía derivada de cursus ´carreira´. O Couso sería o lugar onde se facía a correría. A Evolución sería corso >coso, couso. Non obstante, as referencias medievais de Couso repiten continuamente a palabra caussum o que non cadra coa proposta de Sarmiento e obriga a desfacerse de cursus. Pensado explica como Da Silveira cree que todos estos nomes derivan do latín vulgar caussum, causum= cautum ´couto ou lugar defendido´, significado que recolle Ducange no seu Glosarium, derivado de cavere. O propio Da Silveira  lembra como algúns verbos da segunda conxugación teñen o supino duplo, en ´sum e en ´tum. Así de cavere existirian os supinos causum e cautum. A explicación de Da Silveira recollida por Pensado adáptase perfectamente a O Couso de Osmo. O Couso era unha casa fortaleza dos Condes de Ribadavia no conflictivo linde da súa xurisdición coa do mosteiro de San Clodio...".

 

 

Riobó - San Miguel de Osmo. Cenlle. O Ribeiro (Ourense).

 

Sobre o topónimo Riobó,  di Frutos Fdez. (1) "...Sete lugares con este nome de Rioboó atopamos no NG. O da freguesía de San Miguel de Osmo documéntase por primeira vez na CDSC no ano 1286 en que figura como testemuña un tal Pedro Rodríguez de Rioboó..."

"...Rioboó creo que debe o seu nome  ó río que pasa  polo lugar,  que logo baixa por San Clodio e desemboca no Avia. Aínda que agora  ese río aparece nalgúns mapas como Regueiro das Candorcas, esta denominación débese, o meu parecer, a que un dos regos que o forman vén  dese término da freguesía de San Fiz de Navío. Pero o nome orixinario debeo ser Río Bó. Parce derivar do  latín medieval Rivus Bonus  que sería  o precedente de tódolos Rioboó e tamén Ribó, Ribón, Rebón, Reibón e Reibó todos nomes de  lugares e pequenos río galegos. Tamén é frecuente Rio Bom no norte de Portugal. O nome podería deberse as propiedades benéficas que atribuían os antigos poboadores destas terras as súas augas..."

Frutos pon outra explicación posible desde topónimosigue explicando outras consideración no seu libro (1) inda que considera que a máis extendida e esta exposta neste sesume.

 

NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996). El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos. Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver