O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Prexigueiro. Sacado del Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.
O lugar de Prexigueiro pertence a freguesía de Francelos
que a sú vez está no Concello de Ribadavia.
Sobre o topónimo
Ribadavia, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é
ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar
que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás
vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas
citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra
de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de
mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie.
Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e
artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre
feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia nun fuero
de Fernando II do ano 1164...e nun documento de Oseira do ano
1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e 1271 xa aparece o
nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia,
corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre
finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo
que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu
en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido
evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer
de xeito continuado desde principios do século XIII.
No estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,
Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con
que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do
topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo
tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a
súa opinión ó respecto. Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.
No mapa vese a freguesía de Francelos onde está o lugar de
Prexigueiro.
Sobre o topónimo Francelos, di Frutos Fdez.
(1): "...Aínda que non infinitos, como decía Sarmiento, son bastante
comúns este tipo de topónimos..." . Frutos estase a referir a
Francos, Francelos, Franza e Franqueirán que engloba nun estudio que
ocupa tres páxinas do seu libro e que tratarei de resumir. De momento voume
limitar únicamente a coller ó que se refire a Francelos:
"...No Ribeiro, dentro da toponimia
maior, están Francelos (Ribadavia) e a Franqueirán (Ribadavia) e na
freguesía de Xuvencos (Boborá) temos Franza...."
"...Resulta interesante, coma sempre,
a etimoloxía popular de Francelos, que se explica mediante un alcume dun
suposto frade, Fraicellus, ´o fradilo´, que vivía nun antigo mosteiro
situado no centro do fermoso Val Paraiso; as xentes de Ribadavia que ían
paseando polo Val Paraiso adoitaban falar co tal frade e chamaban ¡Fraicellus,
Fraicellus!. Se coñece que o bon do frade gustaba da parola. Segundo
Meruéndano, o citado mosterio existiu entre os séculos IX e X e logo pasou a
depender de Celanova. O historiador ribadaviense cría, sen embargo, que o
nome do pobo debíase a que o vello mosteiro estaba dedicado a San
Xés dos Franceses. A realidade parece ben distinta. Non existe nos outros
Francelos galegos a mesma advocación relixiosa, por iso non se defende a
hipotes de Meruéndano, e menos crible parece que en cada un se repetise a
mesma historia do célebre Fraicellus...".
"...A localización dun término
agrícola co nome de Francelos, no Catastro de Ensenda da freguesía de San
Martiño de Cameixa, fai que por unha parte desbote calquera significado
étnico para este topónimo e á súa vez pase a considerar que o nome do pobo
de Francelos, documentado xa no ano 986 como Francellos, pode ter a
súa orixe nesa raíz xermánica, co significado de terras francas, neste caso
a través dun diminutivo afectivo Francellus, semellante a Calvelos,
Campelos etc..."

Lugar: Prexigueiro. Parroquia: Sta. María Madalena de
Francelos.(Ribadavia-Ourense)
A esquerda abaixo baixada ao Balneario de Prexigueiro. A
esquerda arriba o canón, moi espectacular, do río Cerves. No medio da
fotografía Prexigueiro.
A estrada, OU-801, leva dende Ribadavia a Filgueira e
logo a Cortegada e Celanova e por outro lado, pasa a ser a PO-801 e vai ata Tui,
sempre a beira do río Miño.
Sobre o topónimo Prexigueiro di Frutos Fdez.
(1): "...Atopamos dous lugares co nome de Prexigueiro dentro do NG. Un é o
pobo da freguesía de Santa María Madanela de Francelos (Ribadavia) , o
derradeiro da provincia de Ourense pola marxe dereita do Miño antes de entrar na
de Pontevedra. O outro Prexigueiro está na fregusía de San Xulián de Parada de
Labiote (O Irixo), non lonxe do Ribeiro. Tamén hai un Prexigueiró na freguería
de San Salvador de Prexigueiró (Pereiro de Aguiar). Está documentado este último
desde principios do século XI, cando aparece nos diplomas de Rocas como
Presegariolo...".
"...O Prexigueiro ribeirán é famoso
polas súas augas termais a carón do río Cerves. Aínda que agora está dentro da
freguesía de Francelos, antigamente, xunto con tódalas terras que estaban na
banda dereita do río Brull, pertencía á freguesía de Santa María de Quines.
Todos estos topónimos derivan do nome da árbore dos . O nome do
froito deriva do adxecvtivo persicum, en alusión a procedencia de préxegos,
péxegos ou pésegos, o prexegueiroO nome do froito deriva do adxectivo
persicum, en alusión a procedencia de Persia desta froita. O da árbore do
derivado con sufixu -ariu, persicariu..."
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia. Xunta de Galicia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver