O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Razamonde. Cenlle (Ourense). Sacado de Google Earth

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de
Galicia. Tomo 7
Sobre o topónimo
Cenlle, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Outro
dos topónimos únicos do Ribeiro...". Propón dúas hipótesis.
"...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome
Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou
Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra
hipótese "... Non desbotaría unha posible relación do nome
coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do
Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones
semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos
medievais como Caelo ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo
Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non
esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de
Galicia. Tomo 7
Parroquias de Cenlle (O Ribeiro- Ourense). En Amarelo
Razamonde.
Sobre o topónimo Razamonde, o nome do lugar e
freguexía de Sta. María de Razamonde di Frutos Fdez. (1) "O nome do
lugar e freguexía de Sta. María de Razamonde (Cenlle) é único dentro do NG...". Explica que hai moitos lugares en Galicia
coa mesma orixe e lixeiras variacións
vocálicas como Rozamonde, Recemonde e Recemunde. "...Trátase en tódolos
casos de antrotopónimos derivados de antiguos posesores de nome xermánico
Recemundus, de antiguas villam Recemundi. Temos constancia documental desta forma a
través da primeira referencia histórica do lugar do Ribeiro no ano 1142..." "...Recemundus e nome composto da
raíz Rek-, Rik- ´rico, poderoso´ presente en nomes como
Recaredo, Ricardo ou Enrique e da raíz -mund ´protección´,
que aparece en nomes como Edmundo ou Veremundo...". E que deixou importante pegada na
toponimia de Galicia Mondariz, Mundín, Salamonde, Diomondi, etc.
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia.
Xunta de Galicia.

Igrexa de Sta. Maria de Razamonde. Razamonde. (Cenlle-O
Ribeiro-Ourense).
Sobre esta igrexa
podedes visitar este link.

Parroquia de Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).
A recta de Razamonde cruzando a fotografía e paralela o río
Miño. Ó fondo o río Miño. Fotografía sacada
mirando ao Sur.

Parroquia de Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).
Fotografía sacada mirando ao Norte. Podedes ver arriba un trozo da
A52.

Lugar de O Barral. Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo O Barral, nome do lugar na freguexía de Razamonde di Frutos Fdez. (1) "...Son
innumerables os topónimos coa raíz *Barr en Galicia...".
"...Barro vén da voz prerromana *barro ´lodo, fango, arxila´. Para
Corominas & Pacual o vocablo procede do radical prerromano *barr-,
quizais de orixen céltico, que ten o significado de ´árxila, lama ou fango´.

Lugar de O Lameiro de Montes. Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo O Lameiro, nome do lugar
na freguexía de Razamonde di Frutos Fdez. (1) "...Procede da voz
lama ´barro, bulleiro, lodo´, en todo caso terra húmida que se pega
moito a ferramenta ou ó mesmo calzado. Sobre a súa orixen hai diversidade de
opinións, que coinciden na súa natureza prerromana...". "...Independentemente
de cal sexa o tema, en Galicia son lameiros ou lamentos aqueles
terreos con abundante auga e significativa proporción de arxila..."

En Lagarellos hai unha fonte romana marabillosa. Tendes no
mapa a situación exacta da misma Razamonde. (Cenlle-ORibeiro-Ourense)
Sobre o topónimo Lagarellos, nome do lugar
na freguexía de Razamonde di Frutos Fdez. (1) "...É topónimo único
dentro dos rexistrados no NG. O significado deste Lagarellos parece que nada
ten que ver cos lagares onde se pisaban e prensaban as uvas, malia que a
orixen etimolóxica das palabras é a mesma. Lagarellos é un hidrónomo,
derivado da palabra latina lacus ´lago ou lagoa´, pero tamén pila ou
pilón. A forma latina lacunaris, que sempre se corresponde con
lugares onde se forman pequenas pozas ou lagoas, está na orixe do topónimo
Lagares...", do que Lagarellos sería unha forma diminutiva.
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia.
Xunta de Galicia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver