O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García
Fotos de Ribadavia

Mapa de situación de Ribadavia. Sacado de Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo
Ribadavia, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é
ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar
que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás
vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas
citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra
de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de
mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie.
Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e
artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre
feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia nun fuero
de Fernando II do ano 1164...e nun documento de Oseira do ano
1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e 1271 xa aparece o
nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia,
corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre
finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo
que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu
en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido
evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer
de xeito continuado desde principios do século XIII.
No estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,
Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con
que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do
topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo
tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a
súa opinión ó respecto. Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..
Links que nos leva a
web oficial de
Ribadavia. (web do Concello)
Links de
Ribadavia.net.(Patrimonio
e outras)

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.

Una vista de Ribadavia de Sur a Norte. Ribadavia (Ourense)

A Praza Maior de Ribadavia, a dereita o Castelo.

O Castelo de Ribadavia
Fortaleza singular, conserva as
murallas e as súas torres que flanquean as portas de acceso. Unha vez
liberada a batalla por Fernando II dos abusos da familia Nóvoa, pasou
despois á familia Sarmiento como gracia enriquecedora, despois de anos coa
xurisdición de Realengo. En 1386 foi arrasada polo duque de Lancaster, de
novo en 1809 foi protagonista de loitas contra as tropas do xeneral Soult,
sendo heroica a defensa organizada no Ribeiro arredor do centro de
Ribadavia.
No seu lugar orixinal pódense ver os restos dunha interesante necrópole
altomedieval.
Hoxe o Castelo alberga un recinto,
vese o fondo do castelo a esquerda, cun auditorio onde se celebra a "mostra
internacional de Teatro".
Texto recollido e traducido do libro
"Ourense guia Monumental" publicado pola Deputación Provincial de
Ourense no ano 1997.

Igrexa parroquial de
Santo Domingo. Unha das moitas xoias que ten Ribadavia.
Detrás a Fundación Hospital Asilo Nuestra Señora.
A igrexa da Orde de Sto. Domingo ten
tres naves, rematadas en tres fermosas capelas ábsides. Comezada no século
XIII, foi reconstruída no século XV. Boa colección de capiteis con
motivos vexetais, animais e xeométricos.
A ábsida central, máis elevada que o resto do edificio, é pentagonal ao
exterior con dúas fiestras con parteluces superpostas en cada tramo.
A cornixa está coroada cun pináculo e un espléndido escudo coas armas da
familia Sarmiento. Esta igrexa é, sen dúbida, un dos mellores exemplos de
gótico medicante de Galicia, polo que foi declarada monumento
histórico-artístico no ano 1931.
Texto recollido e traducido do libro
"Ourense guia Monumental" publicado pola Deputación Provincial de
Ourense no ano 1997.
Si queres ampliar estos datos sobre a
Igrexa de Santo Domingo
pulsa este link.

Ribadavia hacia o sur: a dereita a estrada Nac-120

Viaducto da estrada Rías Baixas. Viaducto do río Avia. Xa no norte de Ribadavia
A dereita da fotografía o Parque da Veronza, na marxen
esquerda do río Avia.

Outra imaxen do viaducto de Ribadavia. Estrada Rías Baixas. A-52. A dereita
tamén se ve o río Avia e o Parque da Veronza.

Parte Este, co río Avia no medio. Antigua estrada N-120

Mirando cara o sur. A esquerda o río Avia e no fondo o Pai Miño
e Francelos.

A Praza Maior de Ribadavia. O Castelo a dereita.

Estrada que leva dende Ribadavia a
Arnoia xusto nesa curva, pode pasarse, hai una pasarela no río Avia e unha
das entradas a un camiño marabilloso a carón do Avia.

Restos da muralla de Ribadavia. Unha praza pequena pero marabillosa.

Vista de sur a Norte coa ponte de Ferro do Ferrocarril e o río Avia.
Ó fondo a famosa estación de tren de Ribadavia.

A Ponte de Ferro do tren e o río Avia.

A esquerda o río Avia, a Ponte sobre o Avia da N-120-e a igrexa de San Francisco,
no Medio.

Outra xoia de Ribadavia. Igrexa de Santiago.
A igrexa parroquial máis antiga de
Ribadavia é a de Santiago. Por este motivo chamouse "Matriz da Vila"
Porén, o templo que podemos ver e visitar na actualidade é máis moderno que
a igrexa de San Xoán xa que foi construído entre os séculos XIII e XIV e
rematado cos habituais engadidos posteriores.
Basicamente pódese considerar románico moi tardío, aínda que a escultura das
ménsulas e capiteis mostra unha estética moi próxima ó gótico. A portada é
de triple archivolta de medio punto sobre tres pares de columna de gran
proporción. Sobre o tornachuvias, sostido por orixinais caneciños, hai una
fenestra románica moi bonita. O roxetón da fachada principal é espectacular,
de triple rosca e unha estrela de seis brazos ovalados. Os capiteis teñen
unhas figuras que hai que ver cun bestiario pouco común cun libro e paxaron
bebendo dun caliz e outras cousas.
Texto recollido de internet e do libro
"Ourense guia Monumental" publicado pola Deputación Provincial de
Ourense no ano 1997.
Si queres ampliar estos datos sobre a
Igrexa de Santiago
pulsa este link.

Unha vista típica de Ribadavia, a esquerda a Ponte de
Ferro, no medio o barrio Xudeo, a dereita a torre da igrexa de Santiago e o pé
da foto o camiño a beira do río Avia. Chámase rúa Extramuros.

Pasando a Ponte de San Francisco, sobre o río Avia. Rúa do
Progreso.

Outra vista, cara ao sur, de Ribadavia.
Pulsa este link para
continuar viendo fotografías
de Ribadavia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver