O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García
Fotos de Ribadavia
(Grupo 2)

Mapa de situación de Ribadavia. Sacado de Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo
Ribadavia, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é
ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar
que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás
vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas
citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra
de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de
mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie.
Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e
artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre
feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia nun fuero
de Fernando II do ano 1164...e nun documento de Oseira do ano
1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e 1271 xa aparece o
nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia,
corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre
finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo
que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu
en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido
evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer
de xeito continuado desde principios do século XIII.
Links que nos leva a
web oficial de
Ribadavia. (web do Concello)
Links de
Ribadavia.net.(Patrimonio
e outras)

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.

Una vista de Ribadavia de Norte a Sur. A dereita a antigua
N-120. hoxe OU-406, e a subida A Franqueirán. No frente o río Miño xa en
Francelos e Prexigueiro, pero sempre no Ribeiro.

Estación de Ribadavia, canta historia... A estrada que se
ve é a OU-406 que pasa por San Paio e vai cara Ourense.

A estación de Ribadavia...estou vendo
os barriles de viño alí enfrente en moitas fotografías antiguas.
Unha estación que foi inaugurada no
ano 1881 e que foi básica para a vida en Ribadavia.
Ver un anaco da súa
historia neste traballo.
Boto de menos, mismo na esquina
dereita do edificio da estación o Kiosco das Hnas. Touza (lugar onde
había toda unha rede de fuga de xudios, entre 1941-1945 e
rexentado por Lola , a <<Schlinder>> de Ribadavia).
Ver este traballo con esta historia.
Na nosa páxina web iribeiro.es
tendes máis traballo no apartado de Ribadavia-historias.

Outra vista da estación de Ribadavia
e o seu entorno.

Acceso a Estación de Ribadavia.

O río Avia, a vía do tren e a salida
sa estrada actual OU-406. O fondo a esquerda o viaducto do Avia e a A-52.

Camiño da estación, a esquerda, vista
de Ribadavia de norte a sur.

Outra vista da Estación de
Ribadavia pero de sur a norte, esto cambiou moito dende que quitaron o
paso a nivel. Por certo nunha desas casas situadas abaixo , as de tella
non se comía mal en tempos. Eso sí sempre o mismo.

Preto da Estación.

O noso instituto, daquelas 1968-1976
Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia ou ITEM de Ribadavia, hoxe Instituto O Ribeiro moi ampliado
na parte esquerda, ese edificio non existía. A dereita a carón do río
Maquians, que non se ve pero se lembra, canta troitiña sacou un que sei eu, está o CIP Tomás de Lemos
Tamén vexo o C. Saude. de Ribadavia, o edificio blanco da esquerda.
Por certo nese instituto naceu a
páxina que estás visitando e que ten o dominio propio de iribeiro.es
simples palabras coas que podes entrar dende un navegador calquera e dende
calquera parte do mundo.

Marabillosa vista do centro da vila de Ribadavia. Veña...a
buscar o voso tellado!. As imáxenes teñen moita calidade e permiten esas
ampliacións...
A esquerda vese a torre da igrexa de Santiago; o seu carón
a dereita está o Museo Etnolóxico de Ribadavia, unha auténtica xoia.
Ver este link.

Ribeiras do Avia. Pasarela de
incorporación, no fondo, o camiño que vai a carón do río. A vía do tren e
a Ponte de Ferro do
ferrocarril.

Ribadavia dende O Ceo. Un traballo
que da gusto velo...Noraboa ao autor.
Pulsa este link pra volver
as primeiras
fotografías de Ribadavia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver