O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Santo André. Sacado de Google Earth.
Santo André é unha freguesía de Ribadavia.
Sobre o topónimo
Ribadavia, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é
ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar
que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás
vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas
citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra
de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de
mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie.
Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e
artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre
feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia nun fuero
de Fernando II do ano 1164...e nun documento de Oseira do ano
1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e 1271 xa aparece o
nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia,
corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre
finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo
que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu
en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido
evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer
de xeito continuado desde principios do século XIII.
No estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,
Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con
que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do
topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo
tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a
súa opinión ó respecto. Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.

Lugar: Santo André. Parroquia: San André de Camporedondo. (Ribadavia-Ourense)
No medio da fotografía está o Museo do viño de Galicia. A
dereita do museo vese a Igrexa de Santo André de Camporedondo.
No estudio do topónimo de San André de Camporredondo Frutos
remite dende San Andrés a ficha de Camporredondo.
Sobre o topónimo Camporredondo, di Frutos Fdez. (1)
"...Aparece no NG como Campo Redondo dando nome a freguesía de Santo
André (Ribadavia). En Galicia hai outros tres Campo Redondo na Estrada
(Pontevedra), Paradela (Lugo) e Ribadumia (Pontevedra). Tamén hai dous
Caporredondo, en Baralla e Portomarín (Lugo).
Todos eles derivan do latín Campu Rotundo, ´campo
redondo ´ aludindo a forma redonda, ou cerrada, do territorio. Ese mismo
adxectivo atopámolo na orixe de topónimos como Redondela, Redondelle, Redondedo,
Coto Redondo, etc. A primeira referencia escrita do noso Campo Redondo é do ano
985: ´ ín terra de Castela, ir ripa Avie, villa vocitata Sancto Andre de
Campo Rotundo..". A cita deixa ben claro que o verdadeiro nome da vila e
Sancto Andre mentras Campo Rotundo é un complemento de
situación. Hai que decir que a maioría das referencias posteriores falan de
Camporredondo. Camporredondo tamén era nome de xurisdiciom, señorío do mosteiro
de San Martiño Pinario de Santiago, que tiña aquí a súa cabeceira. Desa época
queda o magnífico edificio do Priorato, que desde hai anos se contempla como
sede do proxectado museo do viño...."
NG é o Nomenclator (catálogo de
nomes) de Galicia. Xunta de Galicia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver