O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de San Cristobal (San Cristovo). Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

Nel aparece San Cristovo de Regodeigón que é unha freguesía que pertence a Ribadavia. Tamén se escribe San Cristobo e San Cristobal (Castelán).

Sobre o topónimo Ribadavia,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia  nun fuero  de Fernando II do ano 1164...e nun documento  de Oseira do ano 1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e  1271 xa aparece o nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia, corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer de xeito continuado desde principios do século XIII.

No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

San Cristovo de Rogodeigón é unha freguesía que pertence a Ribadavia.

Lugar: San Cristovo de Regodeigón . Ribadavia (Ourense).

Sobre o topónimo San Cristovo, Frutos remite a Regodeigón polo tanto vou respetar a súa opinión e o seu traballo, que repito unha vez máis é marabilloso.

 

Sobre o topónimo Regodeigón,  di Frutos Fdez. (1) "...É outro caso de topónimo único dentro dos rexistrados no NG. Da nome a freguesía de San Cristobo de Regodeigón (Ribadavia). Pertencía  no antigo réxime á xurisdición de Veiga e Carballeda, señorío do conde de Ribadavia. Corresponde cun antigo Rego de Eigón por iso tal vez debería de estar encadrado no anterior apartado (refírese Frutos o anterior no (1) que é  o estudio de O Rego), pero o carácter de Eigón fai que o trate por separado..."

"...A  primeira referencia escrita que temos, do ano 1223, resulta moi interesante xa que aclara que, nun principio, San Cristobo e Eigón eran lugares diferentes: "hereditas iacet inter carreiras quae vadunt ex sancto Cristopoforo et Biadi et usque ad Eygon..". Parece que podemos deducir da lectura que Eygon era un término entre San Cristobo e Beade, fóra do camiño directo que unía ambas vilas, situado polo tanto a carón do pequeno promontorio que separa a Veigas dos fondais de San Cristobo, tamén chamados Barxa Longa...". Frutos chega a conclusión con distintas probas de que se usaron os dous nomes de San Cristobo de Regodeigón e San Cristobo de Eigón e posteriormente a finais do século XVI xa aparece Regodeigón, nome que utiliza tamén Madoz. "...A miña interpretación, en base a documentación, é que foi o lugar de Eigón o que deu o nome a todos estos términos, onde posteriormente se erixiu a igrexa de San Cristobo, cerca dun rego que estaba nos términos de Eigón...".

"...Máis dificil resulta de interpretar o dignificado de Eigón. Bascuas clasifica este nome como hidrónimo, semellante o de  moitos ríos europeos que comenzan por Al-, e que Krahe relaciona coa raíz, El- Ol-, prerrománica co significado de ´fluir´. Neste grupo dentro do tema Alav-, está por exemplo o río Alagón, afluente do Tajo, e probablemente Alava. Explica Bascuas cómo a aparación do hiato de Eigón delataría a perda dunha consonante, segundo unha secuencia: alavon > alogon >eigon. ..."

 

NG é o Nomenclator (catálogo de nomes) de Galicia. Xunta de Galicia.

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver