O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de A Pena. Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo
Cenlle, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Outro
dos topónimos únicos do Ribeiro...". Propón dúas hipótesis.
"...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome
Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou
Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra
hipótese "... Non desbotaría unha posible relación do nome
coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do
Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones
semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos
medievais como Caelo ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo
Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non
esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo A Pena, di Frutos Fdez. (1)
"...O substrato granítico da nosa Terra fixo de penas
e penedos
elementos omnipresentes da paisaxe. É así que a toponimia reflicte esta
realidade con cerca de medio milleiro de lugares habitados con nomes
relacionados con estas manisfestacións xeolóxicas. No ribeiro están presentes en
dúas freguesías San Lourenzo da Pena (Cenlle) e Abelenda das Penas (Carballeda)...".
Frutos pasa revista a nomes no Ribeiro famosos e asociados as Penas e Penedos
como Pena Corneira, Pena Sagrada e o Penedo da Aguieira.
"Etimoloxicamente os toponimistas discuten sobre a orixe de
Pena. Para J.M. Piel ven do latín pinna ´amea, pináculo´ que, por
metáfora, pasaría a ter o significado de pena. Para outros a raíz é prelatina,
entre eles os galegosCabeza Quiles e Elixio Rivas que crén que se trata do tema
céltico *penn/*pinn ´rocha,pena´ . Derivados con sufixo -etum
son Penedo ou Peneda. Outras formas son Peniza, Penizas e Penizás,
documentadas as tres na microtoponimia de San Clodio e que seguramente se
repiten en moitas freiguesías do Ribeiro..."

Lugar: Lentille. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo Lentille, di Frutos Fdez. (1)
"...Tres lugares co nome de Lentille recolle o NG. Un en Santa Eulalia de
Batalláns (As Neves, Pontevedra), outro en San Salvador de Xoibán (Vilalba,
Lugo) e éste de San Lourenzo de Pena (Cenlle).
Na súa etimoloxía Lentille é un antrotopónimo. Deriva dun
antigo posesor de nome Lantildus. Foi unha antiga *villam Lantildi.
No nome deatámonos da precencia da coñecida raíz xermánica land, ´terra´,
presente noutros topónimos como Landín, Landoi ou Landriz..."
NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

Lugar: Roucos. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo Roucos, di Frutos Fdez. (1)
"...Roucos é topónimo único no NG. Aquí tuveron castelo importante os
Condes de Ribadavia, castelo que foi centro de jurisdición de Roucos do señorío
dos mesmos condes. A xurisdición de Roucos foi unha das ,áis extensas do Ribeiro
durante a época moderna.
Estou de acordo coa orixe etimolóxica que propón o meu
amigo Clodio González para Roucos, do adxectivo latino Raucus, a, um
´confuso, non claro´. Non obstante, teño as miñas dúbidas, de que o topónimo
faga referencia, de forma metafórica, á situación ´fonda, cavernosa ou entre
montañas´ de Roucos, que supón Clodio e eu non remato de ver. Podería
tratarse dun antrotopónimo referido a un antigo posesor alcumado Raucus ´O
Rouco´. Cabería esperar a forma en singular, do acusativo Raucum > Rouco,
pero tamén cabe a posibilidade de que se trate dun dos poucos casos de
conservación do nominativo clásico. O alcume debía de ser bastante corrente nos
séculos XII e XIII, a tenor da documentación...". Frutos señala varios
documentos dos anos 1160, 1238 e 1259 que fan referencia a Roucos e que repiten
a forma Raucus e reamta decindo que en 1275 aparece a forma definitiva nun
documento de San Clodio.
NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

Igrexa de San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).

Igrexa de San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).

Lugar: Pazos Ermos. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O
Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo Pazos Ermos, di Frutos Fdez. (1)
"...Hai máis de douscentos lugares en Galicia que levan o nome de Pazo ou
Pazos... Derivan todos estos topónimos do latín palatium
´casa señorial´. En Pazos Ermos tivo outra granxa San Martín Pinario; o
cualificativo de Ermos deriva do latín eremus ´
ínculto, solitario ou ermo´, do que tamén proceden voces como eremita
ou ermida.
Documentalmente tmos constancia de Pazos de Arenteiro e de Pazos Ermos desde o
famoso testamento do abade Pelagio..."

Lugar: Cacabelos. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo Cacabelos, di Frutos Fdez. (1)
"...Hai oito Cacabelos en Galicia, catro en Lugo, tres en Ourense, e un en
Pontevedra. Non obstante, o máis coñecido, como sabemos, está no Bierzo. No
Ribeiro, temos un na freguesía de San Lourenzo de Pena (Cenlle) e outro en San
Estevo de Untes. O Cacabelos da parroquia de San Lourenzo da Pena está moi
preto do Avia. Pertencía ó antigo partido de Cuñas que formaba parte da
xurisdición de San Clodio do Ribeiro de Avia, tras o resto da freguesía
pertencía a xurisdición de Roucos. Na CDSC aparece o topónimo por primeira
vez no ano 1245; nun foto dese ano temos entre as testemuñas a
Iohannes Fernandi
de Cacavellos.
"...A orixe do topónimo semella para algúns autores ser moi
antiga, probablemente precéltica, e de significado incerto. Apuntan como posible
o significado de ´terreo pedregoso´, seguramente atendendo á forma
Carcauellos que rexistra o Códice Calixtino para o Cacabelos leonés, onde se
pode sospeitar a presenza da raíz preindoeuropea *kar ´duro, forte, pedra ´. A
hipótese estaría apoiada no caso ribeirán pola realidade xeográfica. Cacabelos
está situado nun promontorio granítico, no val do Avia, ó pé dos montes
que soben ata a ermida de San Lorenzo de Pena. Da natureza rochosa destos
términos pódenos dar unha idea o feito de que os outros dous lugares que lindan
con eles son Cuñas e O Coedo, cun significado etimolóxico, como
veremos, semellante...". Escribe Frutos sobre outras interpretacións e
estudios, por exemplo a opinión de que sexa un topónimo latino, e máis cousas.
Insisto no que xa dixen noutras ocasións nestes resumes, un texto moi pensado,
documentado, con moitas cousas curiosas e que se lee con gusto. Felicitar ao
autor por este gran traballo.
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

Lugar: Cuñas. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo Cuñas, di Frutos Fdez. (1)
"...Cinco lugares co nome de Cuñas aparecen rexistrados no NG. Un deles é o
lugar de Cuñas da freguesía de San Lourenzo da Pena (Cenlle). No ámbito civil
dependía no antigo réxime da xurisdición de San Clodio so Ribeiro de Avia,
formando parte, a nivel fiscal, do antigo partido de San Clodio. No Ribeiro de
de Avia hai moita devoción o San Bieito de Cuñas, que ten o santuario neste
lugar e probablemente naceu pola influencia do propio mosteiro de San Clodio.
"...Na CDSC abundan as referencias deste lugar. A primeira
é do 1259, ese ano outorga un documento un tal García Mrtini ce Cuynas...".
Así ata 10 referencias a última de 1489 onde xa aparece Coiñas. "... No
século XVI a forma normal xa é o definitivo Cuñas..."
A partires de aquí Frutos expón varias interpretacións así de
Elixio Rivas, de J.P. machado, e de Vázquez Rguez. Vou poñer a de Elixio
Rivas xa que a Frutos parécelle a máis razoable:
"...Elixio Rivas cree que o topónimo vén da base *kunniu,
da raíz preindoeuropea *con/ *cun- ´rocha´ que daría en portugués e
galego cunho ´rocha de río ´, cuña/cunha e cuíña ´outeiro´...".
NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

Lugar: O Coedo. San Lourenzo da Pena. Cenlle (O Ribeiro-Ourense).
Sobre o topónimo O Coedo, di Frutos Fdez. (1)
"...Uns dez lugares levan o nome de O Coedo en Galicia; a estes
habería que sumar outros tantos Coído, topónimo da mesma familía. Son topónimos
frecuentes, tanto Coedo como Coído, en praias. No Ribeiro temos un único Coedo,
o da freguesía de San Lourenzo da Pena (Cenlle), lindeiro co río Avia. Tal vez
non estea de máis lembrar que desde pequeno lugar era o pai de don Eladio:
Camilo Rodriguez, un humilde labrador.
Etimoloxicamente Coedo e Coído son derivados abundanciais
de coio, voz con orixe, parece ser que, no celta *crodios ´duro ´.
Piel, non obstante, cree que se trata de derivados do latín conus ´cono´,
que esta na orixe do galego con ´peñasco ´, con moita presenza na nosa
toponimia. Dun xeito ou doutro, O Coedo é un lugar onde abundan os coios.
Efectivamente, as terras que lindan co Avia, formadas por sedimentos do río que
foron acumulando ó longo do tempo, son especialmente coiñentas. Na CDSC figura
por primeira vez o lugar no ano 1353: "..erdade que iaz na dita villa hu
chaman Coedo"..."
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver