O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Sanin. Sacado do Google Earth.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sanin é unha fregrexia de Ribadavia.
Sobre o topónimo
Ribadavia, resumo o traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...como é
ben sabido, ven do latín ripa aviae ´ribeira do Avia´. Convén aclarar
que nun principio, como en tódolos ríos, esta denominación correspondía ás
vilas que se atopaban na súa ribeira. Frutos pon como exemplos dúas
citas documentais, unha do ano 966 dun diploma dos Tombos de Sobrado e outra
de 985 doutro de Santiago nos que o topónimo figura como "ripa Avie". "...A partir de
mediados do século XII, comenzamos a ter noticias do Burgo de Ripa Avie.
Eses burgos eran poboamentos onde se asentaban grupos de comerciantes e
artesáns, case sempre cerca dunha fortaleza construida por algún nobre
feudal...A primeira referencia de Burgo de Ribadavia nun fuero
de Fernando II do ano 1164...e nun documento de Oseira do ano
1170...". Poucos anos más tarde entre 1213 e 1271 xa aparece o
nome sin a definición de Burgo. Frutos pon varios exemplos. E conclúe: "...o nome de Ribadavia,
corresponde ó do antiguo Burgo Ripa Avie, que naceu entre
finais do século XI e principios do século XII. A importancia da Vila fixo
que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucedeu
en paralelo á formación do nome composto Ripaavie que de seguido
evoluciona a Ribadavia...". Esta forma definitiva comeza a aparecer
de xeito continuado desde principios do século XIII.
No estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,
Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con
que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do
topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo
tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a
súa opinión ó respecto. Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 22.
Sobre o topónimo Sanin, di Frutos Fdez. (1)
"...Sanín da nome o lugar e freguesía de San Pedro de Sanín
(Ribadavia). O NG recolle seis lugares máis con este nome, xunto a outros tantos
Senín. Nesta freguesía tiña moitas propieddes o mosterio de Melón, agrupadas nos
apeos deste mosteiro como Partido de Sanín. Según Elixio Rivas, os topónimos
Senín e Sanín son antrotopónimos derivados de posesores de nome Senninius,
Semnius, variantes medievais de Sennius, Semnius, nome masculino romano de
procedencia celta. Según Navaza o topónimo Sanín procedería do antropónimo
xermánico sanino.
A vista da documentación parece que este Sanin foi unha antiga
vila Sandini, antropónimo formado co xenitivo de Sandinus..". Nun diploma
de Celanova do ano 993 aparece o nome e tamén noutro de 1219.
"...Podemos supoñer unha evolución Sandini >*Sannini > Sanin. ..."

Lugar: Sanín. Parroquia: San Pedro de Sanín. (Ribadavia-Ourense)

Lugar: O Seixo. Parroquia: San Pedro de Sanín. (Ribadavia-Ourense)
Sobre o topónimo O Seixo, di Frutos Fdez. (1)
"...É un topónimo moi común en Galicia. No Ribeiro, atopámolo nun lugar
da freguesía de San Pedro de Sanín (Ribadavia). Deixo provén do latín saxum
´rocha, pedra´, pero en galego utilízase a palabra para denominar o cuarzo. Así,
don Eladio escribe no seu dicionario, "Seixo: Seijo, guijarro de piedra
blanca y dura. Cuarzo, pedernal liso y sin esquinas; canto pelado o rodado".
Atopamos a primeira referencia escrita na diplomática galega, coa forma
actual Seixo, nun documento de Celanoba do ano 1005, pero a segunda, de 1211,
está na CDSC e refírese a un marco denominado Seixo
nunha herdade de Fornelos, en Lebosende...".
CDSC: Lucas Álvarez, M e Lucas Domínguez, P (1996).
El Monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: Estudio y documentos.
Seminario de Estudios Galegos. Edicións do Castro.

Lugar: As Chabolas. Parroquia: San Pedro de Sanín.
(Ribadavia-Ourense)
Sobre o topónimo As Chabolas,
nome dun lugar da freguexía de San Xoán de Sadurnín de Cenlle, di Frutos
Fdez. (1): "Temos en Galicia unha decena de lugares co nome de Chabolas
dentro da toponimia maior, pero soamente estas de Sadurnín e Sanín aparecen
en plural como As Chabolas. En realidade corresponden ó mesmo lugar que se
reparte entre dúas freguesías.
Chabola ven do vasco txabola.
A palabra parece que se incorporou ó castelán no século XIX. Isto lévame a
pensar que o nome puido deberse a unhas ´chabolas´que se farían á par das
obras de construcción da estrada de Ourense a Vigo, a mediados do século XIX.
Moitos barrios naceron desta forma no século XIX, e estendéronse de forma
dramática, no XX..."

Lugar: A Groba. Parroquia: Sanin.
(Ribadavia-Ourense)
Sobre o topónimo A Groba, di Frutos Fdez. (1)
"...Pertence ó reducido número de palabras xermánicas que se
incorporaron ó galego e que, paralelamente, deixaron pegada na toponimia. Deriva
do gótico grova,
que significa fondal, depresión ou encañada. No Ribeiro temos rexistradas
dentro do NG a Groba de Lebosende (Leiro), a de Sanin (Ribadavia) e a de Moldes
(Boboras). As tres están en ladeiras con bastante inclinación e corresponden co
significado de depresión ou encosta. Na Groba de Lebosende da que se ten noticia
desde 1251, estivo, ata 1835, o Priorato máis importante do mosteiro de San
Clodio. Aínda se conserva o vetusto edificio que, despois da desamortización,
foi durante bastantes anos casa consistorial e cárcere do concello de Leiro..."
NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver