O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Sto. Estevo de Nóvoa dentro de Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense. Sacado de Google Earth

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os filólogos  acerca do estrato lingüístico ó que pertence a palabra carballo...A opinión máis estendida considera carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada, á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra, rocha´... aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou á dureza da madeira desta especie...". No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Sto. Estevo de Nóvoa, freguexía de Carballeda de Avia, di Frutos  (1) "...Mantén o único rastro topónimo da que foi noutro tempo antigua e importante Terra medieval e castelo de Nóvoa, que ata incluía nun principio ó propio burgo da vila de Ribadavia. Do nome deste territorio deriva o apelido Nóvoa que levan preto de dez mil galegos. Escribe o Padre Eiján arredor do castelo medieval de Nóvoa "Tuvo allí su cuna la casa ilustre de los Nóvoa, de la que descienden los condes de Maceda. Su primer señor, de quien se tiene noticia, es D. Juan Arias de Nóvoa (1164). De resultas de un convenio entre su sucesor D. Juan Pérez de Nóvoa y D. Pedro Ruíz de Sarmiento, primer señor de Ribadavia, quedó el castillo y sus posesiones en poder de este último, cediéndole, en cambio, el de Ribadavia al de Nóvoa, tierra y bienes en las proximidades del castillo de Maceda..."

       "...Na súa etimoloxía, Nóvoa vén do latín novus-a-um que deu novo en galego. De *Novula>Novoa, como se atopa nun documento de 1252... Ten o significado de terras roturadas de novo, terras dispostas para o cultivo..."

 

Igrexa de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda. Carballeda de Avia). O Ribeiro. Ourense.

 

Igrexa barroca que  foi construída no século XVIII sobre outra de orixe románica. O interior do templo garda pezas moi valiosas no interior. A fachada ten unha imaxe de Santo Estevo de Nóvoa. Atópase na freguesía de Santo Estevo de Nóvoa, no concello de Carballeda de Avia (O Ribeiro-Ourense).

 

Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda. Carballeda de Avia). O Ribeiro. Ourense.

 

Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda. Carballeda de Avia). O Ribeiro. Ourense.

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver