O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de Vilar de Rei (Cenlle-O Ribeiro- Ourense) .

Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Cenlle,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1)  "...Outro dos topónimos únicos do Ribeiro...".  Propón dúas hipótesis. "...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra hipótese "... Non desbotaría unha posible  relación do nome coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos medievais como Caelo  ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

 

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22.

Sobre o topónimo Vilar de Rei  di Frutos Fdez. (1) "...

 

Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei (Cenlle-O Ribeiro- Ourense)

Parroquia de San Miguel de Vilar de Rei.

 

Vilar de Rei. Cenlle. O Ribeiro-Ourense.

Sobre o topónimo Vilar de Rei, nome deste lugar di Frutos Fdez.  (1): "...Pertence o grupo de topónimos relacionados con Vila, que é dos máis numerosos  do NG...Todos veñen do latín villa, unha palabra que ten cambiado moito o seu significado desde os tempos do latín clásico, no que designaba ´a casa de campo ou granxa agrícola´. Na  Idade Media pasou significar lugar ou aldea, que é a acepción máis axeitada para a maioría das vilas da toponimia galega...Trátase dun diminutivo de villaris (>vilar),  ´ó que pertence a vila´, co sufixo -inum:vilarinum>vilariño..."

NG é o Nomenclator (catálogo de nomes)  de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

Lugar: de A Lama. En Vilar de Rei. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo A Lama, nome deste lugar da freguesía de Vilar de Rei, di Frutos Fdez.  (1):"..."...Procede da voz lama ´barro, bulleiro, lodo´, en todo caso terra húmida que se pega moito a ferramenta ou ó mesmo calzado. Sobre a súa orixen hai diversidade de opinións, que coinciden na súa natureza prerromana...". "...Independentemente de cal sexa o tema, en Galicia son  lameiros ou lamentos aqueles terreos con abundante auga e significativa proporción de arxila..."

 

Lugares: de A Lama e Campos. En Vilar de Rei. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo Campos, nome deste lugar da freguesía de Vilar de Rei, di Frutos Fdez.  (1): "...Campo e Campos teñen a súa orixen no latín campus ´campo, chaira´. Segundo Joaquín Vázquez o emprego de campus co sentido de espacio de terra traballada, en sustitución de ager, agri, é unha innovación románica....O nome  acostuma referirse a terreos chás e fértiles, tamén a prados, e noutras ocasións a espacios de lecer, do que son exemplos os abundantes Campos da Festa..."...."

 

Lugar do Casar. En Vilar de Rei. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo Casar, nome deste lugar da freguesía de Vilar de Rei, di Frutos Fdez.  (1): "...Dentro do abundante grupo de topónimos relativos a asentamentos humanos, os derivados do latín casa ´choza´ están entre os máis numerosos de Galicia, tamén do Ribeiro. Todos veñen do tema  latino casa, casae ´casa de campo, granxa, choza´, que foi palaba vencedora  no Baixo Imperio fronte o latín  clásico domus, us..."

 

 

Lugar de Cima de Vila. En Vilar de Rei. Cenlle. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo Cima de Vila, nome deste lugar da freguesía de Vilar de Rei, di Frutos Fdez.  (1): "...Habería que enmarcar Cabo de Vila dentro dos topónimos de situación e ó mesmo grupo pertence Cima de Vila (en Faramontaos, Vilar de Rei,  Banga, Barón, Bieite, Cabanelas e Osmo) e Fondo de Vila (Cabanelas, Grixoa e Macendo". Frutos escribe sobre a toponimia galega de Cabo, decindo que procede do latín caput ´cabeza´, as veces co significado de extremo dunha cousa, extremo dun lugar ou da vila. 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver