O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Mapa de situación de SSta María de Vilar de Condes dentro de Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.
Sacado de Google Earth

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6
Sobre o topónimo
Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o
traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis
numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os
filólogos acerca do estrato lingüístico ó que pertence
a palabra carballo...A opinión máis estendida considera
carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada,
á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra,
rocha´...
aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou
á dureza da madeira desta especie...". No
estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro, Frutos
Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a
frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da
documentación histórica do topónimo e das distintas
interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á
etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar,
emite a súa opinión ó respecto. Recomendamos o
libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6
Sobre o topónimo
Vilar de Condes, freguexía de Carballeda de Avia,
di Frutos (1) resumindo moito "...De villaris
ó que pertence a vila´...Terras da vila..."

Igrexa de Sta. María de Vilar de
Condes (Carballeda de Avia).
Non fai moito
estrenou retablo, a noticia aparecía en xulio de 2021 no diario La
Región.

Sta. María de Vilar de Condes.
Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.

Sta. María de Vilar de Condes.
Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense.

As Fermosas. Sta. María de Vilar
de Condes. Carballeda de Avia.
Sobre o topónimo
As Formosas, freguexía de Sta María de Vilar de
Condes,
di Frutos (1) "...É un topónimo único entre os
rexistrados no NG...". Pode ter vario significados que Frutos
explica perfectamente, entre eles pode ter que ver coa auga.
"...Un documento do mosteiro de Melón, fala da freguesía de Augas
Fermosas".

As Laceiras. Sta. María de Vilar
de Condes. Carballeda de Avia.
Sobre o topónimo
A Laceira, lugar da freguexía de Sta María de
Vilar de Condes,
di Frutos, despois de explicar outros significados (1) "...
que son lugares onde hai lazo, ou, o que é o mesmo, xeo..."

Os Prados. Sta. María de Vilar de
Condes. Carballeda de Avia.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver
|