O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de Xubín. Cenlle (Ourense). Sacado de Google Earth

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Sobre o topónimo Cenlle,  resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1)  "...Outro dos topónimos únicos do Ribeiro...".  Propón dúas hipótesis. "...Parece un antrotopónimo claro. Derivado dun antiguo posesor de nome Caelius, escrito tardiamente Ceelius. O xenitivo, Caelii ou Ceelii, explicaría perfectamente o nome de Cenlle...". A outra hipótese "... Non desbotaría unha posible  relación do nome coa situación xeográfica de Cenlle, xusto no cume do coto que separa os vales do Avia e do Miño. Teño observado cómo bastantes microtopónimos con situaciones semellantes reciben o nome do ´Ceo´. Cenlle aparece en algúns documentos medievais como Caelo  ou villa caelio´. Ó fin e ó cabo Caelius ´do ceo´, é nome que deriva de Caelum ´ceo..."´. Non esquezamos que un dos sete outeiros de Roma era o "collis caelii".

 

Mapas sacados do Dx: Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tomo 7

Parroquias de Cenlle (O Ribeiro- Ourense). En Amarelo Xubín.

 

Xubín. Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).

Sobre o topónimo de Xubín,  nome deste lugar da Freguesía de Razamonde e no Concello de Cenlle, di Frutos Fdez. (1) "...Pertence a un curioso grupo de antrotopónimos  cunha característica común. Ademais da terminación -in,  todos están aliñados a beira do Miño entre Barbantes e Ribadavia: Punxín, Xubín,  Sanín e Sadurnín. Todo parece indicar que  Xubín deriva do nome dun  antiguo  posesor Iuvinus, Iuvini no xenitivo". Tal nome vén do latino Jovinus, de Jupiter/Jovis.

 

Erbededo de Arriba. Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).

Sobre o topónimo Erbededo, di Frutos Fdez. (1) "...Erbededo de Arriba e Erbededo de abaixo dentro da freguexía de Razamonde, son os únicos lugares rexistrados con este nome no NG. Aquí tivo unha granxa o Mosteiro de San Clodio e por iso na súa colección diplomática hai abundantes referencias do lugar. Erbededo deriva do nome de érbedo, arbusto moi común na nosa terra, a árbore dos morodos..." 

NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

 

Erbededo de Abaixo. Razamonde. (Cenlle-O Ribeiro-Ourense).

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

Volver