O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García
Concello de Punxín. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23.
Sobre o topónimo Punxín, di Frutos Fdez. (1)
"... É un topónimo único no NG, e de dificil
interpretación. A rareza do mismo e o sufixo -in invítanos pensar
nun antropónimo, nunha zona onde, é bastante común esa terminación: Sanín, Xubín,
Sadurnín, moi próximos. Aparece citado por primeira vez en 1252. Para explicar a
forma documentada cun antropónimo precisariamos un *punginus, no
documentado, que podería facer referencia a un alcume relacionado co verbo
latino pungere ´picar ou punzar ´, co probable significado de ´o
que está sempre a pinchar ´. De tódolos xeitos eu non desbotaría un
Poncinus, de Poncius (<Pontius) que deu Poncio,
Poncini no xenitivo, que podería conducir sen grandes dificultades a
Punxin..."
NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.
Parroquia de Santa María de Punxín. Punxín. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23
Sobre o topónimo A Forxa, di Frutos Fdez. (1)
"... A Forxa é o único lugar rexistrado no NG, no
Ribeiro... Aparentemente o nome de A Forxa refírese a existencia dunha antiga
forxa, a forxa dos ferreiro e ese pode ter este orixen...podería tamén
derivar dun antigo nome posesor de nome xermánico Froila, moi
común na Galicia medieval. Tamén é posible que algúns antigos Forxá, por
confusión co nome da Forxa, rematasen como Forxa..."
NG: Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.
Parroquia de Santa María de Punxín. Punxín. Ourense.
Igrexa parroquial de Sta María de Punxín.
Coordenadas: 42°22'8.25"N 8°0'3.59"W
Altitud: 147 m
https://www.galiciamaxica.eu/sin.../iglesia-de-punxin/
https://www.romanicodigital.com/.../ourense_Punx%C3%ADn.pdf
Igrexa parroquial de Sta María de Punxín.
O Bacelo e San Roque. Sta María de Punxín (Punxín).
Baldariz. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo Baldariz, di Frutos Fdez. (1)
"... que se rexistra no NG, podería pensarse que forma parte do
numeroso grupo de topónimos relacionados con val,
pero que nada ten que ver con ese accidente xeográfico. Trátase dun
antropónimo, con orixe no nome dun antigo posesor Baldericus,
forma latinizada dun nome composto xermánico, Balth + ric
´poderoso e valente ´. Atopamos tamén a variante Baldriz nunha freguesía do
concello de Cualedro..."
A Castiñeira. Sta María de Punxín (Punxín).
Condes de Abaixo. Sta María de Punxín (Punxín).
O Faracho. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo O Faracho, di Frutos Fdez. (1)
"...É outro topónimo único no NG; trátase dun lugar da freguesía
de Punxín abandonado dende hai anos e do que soamente existen as ruínas
das antigas casas ó pé do Coto de Faracho. Este coto duns 350 m. de altitude
está situado frente o mirador do Viñao e na marxen esquerda do río Barbantiño.
Son unhas elevacións ata unha media ducia que sobresaen na encosta e que
se situan dentro do chamado monte do Castro...A terminación
-acho, diminutiva, define a natureza real de pequeno coto.
Fontedouro e A Moa. Sta María de Punxín (Punxín).
A Forxa. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo A Forxa, di Frutos Fdez. (1)
"... A Forxa é o único lugar rexistrado no NG, no
Ribeiro... Aparentemente o nome de A Forxa refírese a existencia dunha antiga
forxa, a forxa dos ferreiro e ese pode ter este orixen...podería tamén
derivar dun antigo nome posesor de nome xermánico Froila, moi
común na Galicia medieval. Tamén é posible que algúns antigos Forxá, por
confusión co nome da Forxa, rematasen como Forxa..."
NG: Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.
A Moa e Fontedouro. Sta María de Punxín (Punxín).
O Outeiro. Sta María de Punxín (Punxín).
Pazos de Abaixo. Sta María de Punxín (Punxín).
Pazos de Arriba. Sta María de Punxín (Punxín).
Pazos de Arriba. Sta María de Punxín (Punxín).
As Quintás. Sta María de Punxín (Punxín).
As Quintás e a Forxa. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo As Quintás, di Frutos Fdez. (1)"...En
Galicia hai máis de cento cincuenta topónimos maiores que comenzan por
Quinta...son topónimos de interpretación dificil o resultaren verosímiles varias
explicacións..."
"...No Ribeiro temos a A Quintá en Santa
María de Cenlle...". A forma aguda parece delatar unha antiga quintana latina,
é dicir unha praza. Este foi o nome que recibiron as prazas á entrada das
igrexas ou as pequenas prazas no campo..."
Frutos escribe sobre outras formas topoímicas da mesma
familia: A Quinta, As Quintás. O Quinteiro, Quintela, cunha orixe etimolóxicaz
común pero con significados bastantes diferentes, Curiosa palabra esta e
marabillosa documentación no libro citado (1).
...No caso da forma do plural, como é este caso ten a impresión
de que estas Quintás eran antigas herdades que foron divididas en quintas
partes...un fenómeno ben documentado no século X e o nome non se refire
precisamente a parte matemática da quinta parte da renda da propiedade
senon a unha porción dunha antiga propiedade moito máis grande..."
O Rego. Sta María de Punxín (Punxín).
O Rego, A Moa e Fontedouro. Sta María de Punxín (Punxín).
O Souto. Sta María de Punxín (Punxín).
O Val. Sta María de Punxín (Punxín).
A Vilerma. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo A Vilerma di Frutos Fdez. (1) "...Esta
dentro dos topónimos relacionados coa palabra vila, hai máis de
mil cincocentas entradas no NG como a Vila. Vilanova, Vilar, Vilariño ou Vilerma.
Todos estos topónimos proceden do latín Villa, unha palabra que
ten cambiado moito dende unha casa de campo ou granxa agraria ata hoxe..." . Frutos
explica estos cambios ata chegar a explicación de A Vilerma. "...A Vilerma
que semella de significado claro, de vila erma, atopámola como
nome de lugar en Gomariz (Leiro) e Punxín...". Sigue e remata con outras
explicacións como posibles antropónimos de orixen xermánico, deste grupo de
palabras..
O Viñao. Sta María de Punxín (Punxín).
Sobre o topónimo Viñao, di Frutos Fdez. (1)
"...Moi interesante resulta o caso do topónimo Viñao. Aparece como
lugar único na freguesía, pero tamén da nome ó río, afluente do Avia....
É un topónimo que Frutos considera dificil, defeito fixo
primeiramente un estudio a partir dun antigo posesor Oviniano, que despues
desbotou. Con axuda do profesor Bascuas que lle propuso tres posibles solucións...
...A primeira sería considerar Ouiniano
como deformación de *Aviniano derivado híbrico dun
Avinio hidronímico con sufixo latino -anus de donde viría
Viñao con falso corte da vocal inicial...Tamén a presencia da raíz prerromanica*au
´agua´...Outra posibilidade sería que o rivulo oviniano fose
algo así o´río ovelleiro´ do mismo xeito que existe o río cabreiro no Valdouro
(Lugo). E por último unha terceira hipótesis que o profesor Bascuas considera a
máis probable, parte da consideración de considerar O Viñao como derivado dun
tema hidronímico de orixen indoeuropeo *Uba>*oba ´auga, río ´ en
alternancia con *ab , *up tema amplamente difundido na España
meridional e iberopirenaica e máis escaso no resto da península..."
Siguén explicacións desta terceira solucións...". Remata indicando que o estudio
dalguns topónimos levan a que non se pode estar seguros da interpretación pola
súa dificultade...
Panorámica. Sta María de Punxín (Punxín).
Panorámica. Sta María de Punxín (Punxín).
Panorámica. Sta María de Punxín (Punxín).
Panorámica. Sta María de Punxín (Punxín).
Panorámica. Sta María de Punxín (Punxín).
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
(1b) Neste caso utiliza o libro
Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos
vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver