O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Carballiño.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 6.

 

Sobre o topónimo Carballiño,  di Frutos Fdez. (1) "...Carballeda, Carballiño e outros son derivados de carballo é un topónimo dos máis  numerosos de Galicia. Hai moitísimas formas de aparecer derivados de Carballeira e Carballo...Non hai unanimidade entre os filólogos da procedencia de Carballo...No caso do nome da árbore podería referirse a unha especie características de terreos rochosos ou ben a dureza da madeira da árbore..."

 

 

Parroquia de Santa Baia  de Banga. Carballiño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

Sobre o topónimo Banga,  di Frutos Fdez. (1) "... Banga é a mellor atalaia sobre o Ribeiro de Avia, e tamén topónimo único dentro do NG... A freguesía de Santa Baia de Banga, era do Señorío do conde de Ribadavia.. Era unha rica e extensa freguesía de boas terras...Esta riqueza actuou de imán para as familias fidalgas.. Foi o caso dos Quiroga, O famoiso pazo  desta familia en Banga foi ben famoso pola súa relación con Emilia Pardo Pazán...". Os balcóns do pazo de Banga ten moito que ver como fonte de inspiración   dos Pazos de Ulloa...

"...  A interpretación do topónimo Banga é un tema de gran dificultade...". Resumo moito o que conta Frutos neste topónimo ao que dedica dúas páxinas."...  A primeira referencia é de 1185  e que case sempre aparece escrito Vanga...Vanga tamén é unha palabra latina significa ´pala ou eixada´ significado que ainda mantén no italiano. Trátase dun dos poucos préstamos xermánicos ó latín clásico. Ven do gótico wangs ´campo, pradería ´no senso da terra roturada´... Banga vista dende Barón semella unha insua de terra traballada, arada, rodeada de monte. Por iso, nese wangs gótico, que debe estar detrás dos wangs alemáns, podería atoparse a orixen etimolóxica de Banga..."

 

Parroquia de Santa Baia de Banga

 

Igrexa Parroquial de Santa Baia de Banga

Coordenadas: 42°23'42.98"N 8°7'12.57"W

Altitud: 398 m

https://www.carballino.gal/.../iglesia-de-santa-baia-de.../

 

Igrexa Parroquial de Santa Baia de Banga
 

O Campo. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

O Campo. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

Casares. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

Cima de Vila. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

O Cruceiro. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

O Cruceiro. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

O Pazo. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

Viñoa. Santa Baia de Banga. O Carballiño

Sobre o topónimo Viñoa,  di Frutos Fdez. (1) "..Procede do latín vineola, diminutivo de vinea. Viñoa era unha viñola, unha viña pequena. As outras formas, ben estudiadas por Navaza, explicaríanse ben por desprazamento acentual, caso de Viñoá, ben como características dialectais da denominada Área Limega, caso de Viñó, por evolución-ola>-ó...".

 

O Pazo,  Casares,  O Souto. Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

O Pazo,  Casares,  O Souto. O Campo.  Santa Baia de Banga. O Carballiño

 

--o--

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver