O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Carballiño. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6.
Sobre o topónimo Carballiño, di Frutos Fdez. (1)
"...Carballeda, Carballiño e outros son derivados de carballo
é un topónimo dos máis numerosos de Galicia. Hai moitísimas formas de
aparecer derivados de Carballeira e Carballo...Non hai unanimidade
entre os filólogos da procedencia de Carballo...No caso do nome da
árbore podería referirse a unha especie características de terreos rochosos ou
ben a dureza da madeira da árbore..."

Parroquia de San Fiz de O Barón. Carballiño.
O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6
Sobre o topónimo Barón, di Frutos Fdez. (1)
"... Os dous Barón que atopamos no NG están a beira
do río do mesmo nome, afluente do Avia que nace preto de Fontaiñas (San Segundo,
Cea). Un deles é San Fiz de Barón (Carballiño). O río Barón está documentado
como rivulo baraon en 1159 entre outros... De novo
poderíamos atoparnos diante dunha raíz precéltica *B-r ´ auga ´
pero Bascuas considera Varón derivado da raíz indoeuropea *Awer
´ auga, mollar, chover ´ que estaría detrás do ´Var-/ Bar de
Vara, Varón, Barosa, etc. Neste caso o topónimo complétase
con sufixación -one, on característica dos ríos de curso alto cando
son pequenos...". Sigue Frutos escribindo sobre Barón, xa que presenta
dúbidas...
NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

San Fiz de Barón. O Carballiño

Igrexa Parroquial de San Fiz de O Barón
Coordenadas: 42°23'43.77"N 8°6'11.27"W
Altitud: 244 m
https://www.romanicodigital.com/.../ourense_Bar%C3%B3n%2C...

Igrexa Parroquial de San Fiz de O Barón

O Barón Pequeno. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

O Barón Pequeno. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

Bifós. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Bifós,
di Frutos Fdez. (1)
"...De novo estamos ante un topónimo único en Galicia, topónimo
sobre o que, ademais, non encontro na bibliografía explicación algunha sobre
a súa orixe. A referencia máis antiga do lugar de Bifós está nun documento da
colección diplomática de Oseira do ano 1269...Máis tarde aparece como
Bifoes e Bifos nos
apeos de Acibeiro.
O prefijo Bi-
parece claro que é numeral latino referente a dúas unidades, sobre todo
atendendo ó plural dos
Biffoes. Pero que son os
*foes?. Non resulta
fácil dar unha resposta, pero podería estar relacionado con un antigo
*Bi-fossa, co
significado de dúas fosas.
Fossa vén de fossus,
participio pasado de fodio
´cavar ´, referido polos autores clásicos para referirse a cava das
viñas, por eso non desbotaría algunha relación con este labor agrícola. No
obstante, a primeira acepción parece máis apropiada para o lugar, situado sobre
dous fosos por onde discurren senllos regos que van desembocar ó río Barón, no
fondo do val..."

Cabana. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Cabana, di Frutos Fdez. (1)
"...cabana, cabanas, Cabanela son topónimos moi frecuentes en
Galicia...Todos estos topónimos derivan do latín tardio
capanna ¨cabana ou choza
´, unha voz de orixen celta que se integrou solidamente no léxico
latino e que evolucionou en galego a
cabana, construción
pequena que serve, en xeral, para garda-lo gando, productos agrícolas ou apeiros
de labranza...É topónimo moi antigo coa forma actual pois xa se atopou en 745.

O Campo. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

Cima de Vila. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

Covela. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Covela, di Frutos Fdez. (1)
"...Covela e Covelo...Trátase de topónimos que xa
aparecen en épocas moi temperás coa forma actual, temos un Covelo xa no ano
572...Todos estos proceden do latín covum ´cova ´ variante
arcaica de cavum ´oco, baleiro ´. Covelo e Covela son
diminutivos de cova. O Covela de Barón está de costas o monte, pero fai
referencia a depresión onde se atopa, no fondo do val. Non hai que esquecer que
cova tamén é sinónimo de burata ou fosa...Os veciños de Covela
tamén falan de cuvela. Este peche de vogal é moi frecuente..."

Covela. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

Elfe. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Elfe, di Frutos Fdez. (1)
"...O NG soamente recolle dous lugares con este nome. Un en Arcos
(Chantada), A Elfe, e outro en Barón (o Carballiño), Elfe. O artigo
feminino de A Elfe de Chantada danos unha pista para a interpretación
etimolóxica...Nun protocolo notarial do Carballiño de 1887 atopo a un tal
"Valentín García Vázquez vecino de la Elfe", proba clara que o Elfe
de Barón tamén era A Elfe. Viría polo tanto o topónimo do xenitivo dun antigo
posesor chamado Adelphus, nome latino que o significado de
´irmán´
e que atopamos rexistrado na onomástica medieval galega con formas de
Adelfus/Adelfius/Adelfo..."

Fonteantiga. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

Lodeiro. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Lodeiro,
por certo hai Lodeiro e Lodairo e Frutos neste
artigo estuda a diferencia, no caso Lodeiro de Barón teno moi claro e di Frutos Fdez. (1)
"... Lodairo
sempre é fitonímica, por derivar dun
*Lotariu, mentras
que no topónimo Lodeiro,
derivado dun *Lotanariu,
conflúen co fitotopónimo probables derivados de
Lutum ´lodo ´. Non
parece ter dúbida no caso de Lodeiro de San Fiz de Barón, solar do antigo
pazo dos Reinoso, que se refire a calidade do
solo, lameiro...

Sarandín. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
Sobre o topónimo Sarandín, di Frutos Fdez. (1)
"...Este pequeno lugar de Sarandín, na freguesía de San Fiz do Barón (O
Carballiño) , é outro dos topónimos únicos do NG...o lugar levaría o nome dunha
antiga paraxe non habitada...na documentación antiga non aparece ningunha
referencia..." Despois de varias suposicións Frutos na súa parte final
escribe..."...Este Sarandín lévame a pensar que si poderían
estar relacionados co sero
latino a través do participio presente do verbo serer, * seren,
serentis...de acordo con esta interpretación, Sarandín sería ´o
sementado ´, moi consistente semánticamente se atendemos a realidade do
término, unha illa de terra cultivable no medio do monte..."
NG: Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

Souto. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

A Veiga. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

O Campo, Covela e A Veiga. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

O Campo, Covela e A Veiga. San Fiz de Barón. (O Carballiño).

O Campo, Covela e A Veiga. San Fiz de Barón. (O Carballiño).
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
(1b) Neste caso utiliza o libro
Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos
vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver