O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

 

Mapa de situación de San Pedro de Beiro  dentro de Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense. Sacado de Google Earth

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o traballo de  Frutos Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os filólogos  acerca do estrato lingüístico ó que pertence a palabra carballo...A opinión máis estendida considera carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada, á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra, rocha´... aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou á dureza da madeira desta especie...". No  estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro,  Frutos Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da documentación histórica do topónimo e das distintas interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar, emite a súa opinión ó respecto.  Recomendamos o libro, un traballo marabilloso..

 

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

 

Sobre o topónimo Beiro, freguexía de Carballeda de Avia, di Frutos  (1), vou escribir soio a última parte do seu traballo:  "...segundo E. Rivas , do precéltico  *bar  ´ auga´ ,  *baria ´marxe do río´, significado moi adecuado  para a situación de Beiro, a beira do regato caroceira...Non me extrañaría que Beiro fose nas súas orixes o antigo nome dunha presa de muíño. Co tempo irían aparecendo as casas  e á vila quedoulle o nome da aniga presa: Beiro".

 

 

Igrexa de San Pedro de Beiro. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

Beiro de Abaixo. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

      

Beiro de Abaixo. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

Beiro de Arriba. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

San Pedro de Beiro. Carballeda de Avia. O Ribeiro. Ourense

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver