O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Carballiño.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 6.

 

Sobre o topónimo Carballiño,  di Frutos Fdez. (1) "...Carballeda, Carballiño e outros son derivados de carballo é un topónimo dos máis  numerosos de Galicia. Hai moitísimas formas de aparecer derivados de Carballeira e Carballo...Non hai unanimidade entre os filólogos da procedencia de Carballo...No caso do nome da árbore podería referirse a unha especie características de terreos rochosos ou ben a dureza da madeira da árbore..."

 

 

Parroquia de San Xoán de Cabanelas. Carballiño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 6

Sobre o topónimo Cabanelas,  di Frutos Fdez. (1) "... Son topónimos, Cabana, Cabanelas,  moi frecuentes en Galicia....Derivan do latín tardío capanna  ´cabaña ou choza ´ unha voz de orixen celta que se incorporou  solidamente no léxico latino  e que evolucionou en galego a cabana, construción pequena que serve, en xeral, para gardar o gando, productos agrícolas ou apeiros de labranza...Cabanelas que pertencía a parroquia de Banga, antes de ser parroquia de San Xoan hai xa referencias no 1230...Cabanelas é a forma diminutiva de Cabana..." 

 

San Xoán de Cabanelas  (O Carballiño)

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Cabanelas

Coordenadas: 42°23'52.11"N  8°8'4.77"W

Altitud: 236 m

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Cabanelas
 

 

Belvís. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Sobre o topónimo Belvís,  di Frutos Fdez. (1) "...En Galicia hai seis lugares que levan o nome de Belvís e oito o de Balvís, parece ser  coa misma orixe, por vacilación fonética  na sílaba inicial...A maioría dos autores cren que a voz deriva do latín Bellus visus, co significado de boa vista..." hai discrepancias, por exemplo..."Pensado afirma que a voz non pode vir de Bellus Visus xa que conduciría a un *Beloviso ou *Belviso en galego. Apoia a hipótesis de Corominas no senso de que o topónimo é imitación do provenzal Belvis ´fermoso´..."

 

Cabo de Vila. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Cabo de Vila. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Cima de Vila. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Fondo de Vila. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Quintela. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Sobre o topónimo A Quintá, Quintela, entre outras  di Frutos Fdez. (1)"...En Galicia hai máis de cento cincuenta topónimos maiores que comenzan por Quinta...son topónimos de interpretación dificil o resultaren verosímiles varias explicacións..."

"...No Ribeiro  temos a A Quintá en Santa María de Cenlle...". A forma aguda parece delatar unha antiga quintana latina, é dicir unha praza. Este foi o nome que recibiron as prazas á entrada das igrexas ou as pequenas prazas no campo..."...relacionado con quintá e Quintana está Quintela e outros por exemplo o de San Xoán de Cabanelas, é unha antiga Qintanella, diminutivo de Quintana..."

Frutos escribe sobre outras formas toponímicas da mesma familia: A Quinta, As Quintas. O Quinteiro, Quintela, cunha orixe etimolóxica común pero con significados bastantes diferentes, Curiosa palabra esta e marabillosa documentación no libro citado (1B).

 

Saborida. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

Sobre o topónimo Saborida,  di Frutos Fdez. (1)"...Soio se  rexistran dous lugares co nome de Saburida no NG....Trátase dun fitotopónimo do grupo de derivados do nome da árbore cortiza, a Sobreira, Quercus suber, grupo que estudaremos en conxunto na entrada Sobredo, sobreira..."

NG: Nomenclator galego. Xunta de Galicia.

 

Suasventanas. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

Sobre o topónimo Suasventanas,  di Frutos Fdez. (1)"...Trátase dun topónimo único no NG...Pertence Suasventanas o grupo dos topónimos de situación, como Suascasas, Porte da casa, etc. Neste caso, refírese a un sitio que estaba inicialmente sub ´debaixo´das ventás dunha casa, e nese sitio, co tempo, construíronse máis casas..."

 

.

Suasventanas. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Panorámica. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

 

Pazos de Arenteiro desde Quintela. San Xoán de Cabanelas (O Carballiño)

--o--

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver