O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

San Estevo de Untes

 

Concello de Ourense

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 17.

No mapa figuran dúas parroquias de Ourense que pertenecen actualmente

O Ribeiro. Unha delas é San Estevo de Untes

 

Sobre o topónimo Ourense,  di Frutos Fdez. (1) "...Sobre ouro e Ourense, derivados de auria -no caso do nome da  cidade a partir do xentilicio auriensis-, cada vez afírmase máis o carácter hidronímico  desa antiga Auria,  formada sobre a base indoeuropea Ur- da raiz *Awer ´mollar fluir ´, que nuns casos deu a raiz Var-, e noutros mantivo a forma Aur-, que rematou en Our-  en galego...Autores tan destacados como Edelmiro Bascuas e Elixio Rivas figuran entre os defensores deste carácter hidronímico para o topónimo Ourense. Xustamente a proposta de Elixio Rivas paréceme a máis convincente. Este autor cre que o nome de Ourense vén do nome do antigo castro de oria (>Oira): "A  nosa Oira é un antiquísimo hidrónimo, metátase de Oria, este un anterior *oria /Or-ia (Or ´agua ´, -ia suf. ou artigo posposto". A proposta de Elixio Rivas continua supoñendo que cando chegaron os romanos e oíron ese nome de Oria, coidaron que se trataba do seu adxectivo orius, oria, orium ´de oro ´. e transformaron o nome do poboamento en Villa Aurea, a forma culta do latín vulgar oria, os romanos non estaban libres de caer  nas etimoloxías populares. Máis tarde habilitaron un paso ou vao no río ó que chamen Portu Auriense, pero o nome da cidade, segundo sigue explicando Elixio Rivas, non xurde cos romanos. Sería despois da creación da diocese, cando os bispos asisten os concilios, no século VI, coa necesidade de identificar o lugar de onde veñen é cando aparece  o Episcopo Auriense que di ser da Civitate Auriense. Co tempo perdeuse o xenérico de Civitate, e quedou simplemente Auriense. Por último alá polo primeiro cuarto de secúlo XIII, seguindo a evolución propia do galego, comenzou a aparecer o nomo de Ourense, e ata hoxe.. A mín dende logo esta propuesta convénceme e o razoamento paréceme magnífico..."

 

Situación de San Estevo de Untes (Ourense).

 

Parroquia de Ourense que está na Denominación de Orixen do Ribeiro

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 17

 

 

Sobre o topónimo Untes,  di Frutos Fdez. (1) "... Outro que soio atopamos no Ribeiro. O principio pertencía a Canedo pero hoxe é de Ourense. Parece ser que era un dos lugares onde primeiro se vendimaba o viño, que logo se vendía na cidade de Ourense, tal vez desa costume ven o dito:  en Untes bebe e non preguntes.

Non atopo  bibliografía convincente sobre Untes. Con moitas cautelas é que podería estar relacionado co xermánico unter, a súa vez do proto xermánico *under. co significado de ´debaixo, debaixo de ´. Esta interpretación podería casar co feito  da situación xeográfica de Untes, como terras baixas a carón dos ríos, neste caso o río Miño..."

 

 

No mapa de Google Earth a parroquia de San Estevo de Untes e os seus lugares: A Esparreira, Sas, A Eirexa, Figueirido, O outeiro, Cacabelos, O Sobreiral e o Barrio.

 

NOTA (Miguel Menacho) : Toda a Parroquia de Santo Estevo de Untes está na zona de seguridade dos heliportos do 061 nos Hospitais N.S. del Cristal e Piñor, do SERGAS. Os vós necesarios para facer estas fotos cumpliron coa normativa vixente sobre coordinación con vós de dron neste tipo de zonas.

 

Igrexa da parroquia de San Estevo de Untes. (Ourense).

Coordenadas: 42°20'30.87"N 7°57'8.68"W

Altitud: 142 m

 

Parroquia de San Estevo de Untes. (Ourense)

 

Lugar de Barrio. Parroquia de San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'37.94"N 7°56'5.33"W

Altitud: 122 m

Lugar de Cacabelos. Parroquia de San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordendas: 42°20'27.17"N 7°56'53.45"W

Altitud: 139 m

 

A Eirexa. Parroquia de San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'30.77"N 7°57'8.67"W

Altitud: 167 m

 

A Eirexa e Figueiredo. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

A Esparreliña. San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'24.32"N 7°57'29.48"W

Altitud: 140 m

 

A Esparreliña. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

A Esparreliña e Sas. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

Figueiredo. San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'24.98"N 7°57'10.15"W

Altitud: 143 m

 

O Outeiro. San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'34.42"N 7°57'4.66"W

Altitud: 190 m

 

O Outeiro, A Eirexa e Figueiredo. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

Sas. San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'24.32"N 7°57'20.48"W

Altitud: 143 m

 

Sas. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

O Sobreiral. San Estevo de Untes. (Ourense)

Coordenadas: 42°20'29.37"N 7°56'41.58"W

Altitud: 132 m

 

Panorámica. San Estevo de Untes. (Ourense)

 

--o--

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos,  aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver