O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de San Amaro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23.

Parroquia de San Fiz de Navío. San Amaro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23
Sobre o topónimo Navío, di Frutos Fdez. (1)
"... O NG soamente rexistra Navío no nome da
freguesía de San Fiz de Navío (San Amaro). É unha parroquia de fermosas vistas
sobre o Ribeiro de Avia, que contou con importantes casas fidalgas como o Pazo
da Touza. A orixen etimolóxica parte da base *Nav-, de raíz
hidronímica indoeuropea *snau. Navío combina no seu significado,
os conceptos de auga, val e pendente, que resultan moi axeitados a realidade
xeográfica desta parroquia. Na documentación diacrónica, atopamos numerosas
referencias na CDSC dende o ano 1187. Repítense sempre as formas Navio/Nabia,
agás nun documento de 1271, que presenta a forma San Fiz de Labio..."
NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.
CDSC: Lucas Álvarez e Lucas Dominguez "El monasterio de San
Clodio en la Edad Media, Estudio y documentos. Seminario de Estudios Galegos.
Edición do Castro.

San Fiz de Navio- San Amaro.

Igrexa de San Fiz de Navio- San Amaro.
San Fiz de Navío
Coordenadas: 42°21'55.13"N 8°5'20.74"W
Altitud: 405 m
https://www.romanicodigital.com/.../ourense_Nav%C3%ADo.pdf

San Fiz de Navio- San Amaro.

A Touza. San Fiz de Navio- San Amaro.
Sobre o topónimo A Touza, di Frutos Fdez. (1)
"... É un topónimo moi común, preto de vinte lugares
levan ese nome. É ribeirá a Touza de San Fiz de Navío, documentada na CDSC desde
1288. Aquí está o magnífico solar dos Vázquez de Toubes; un deles, D.
Pedro foi gobernador dos estados do conde de Ribadavia na segunda mitade do
século XVI e foi quen fundou o morgado da casa do Outeiro de Rioboó.
Na súa etimoloxía, Touza é voz de orixen escuro. Existe como
palabra viva no galego co significado de ´carballeira ´ ou bosque de matorreira.
En canto á orixe deriva de
*taucia ou *tautia, co
significado de matorreira..."
CDSC: úcas Álvarez e Lucas Domínguez (1996). El monasterio de San
clodio do Ribeiro na Edad Mediaestudio y documentos. Seminario de estudios
galegos. Edicións do Castro.

A Touza. San Fiz de Navio- San Amaro.

A Touza. San Fiz de Navio- San Amaro.

A Touza. San Fiz de Navio- San Amaro.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
(1b) Neste caso utiliza o libro
Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos
vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver