O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 14.

 

Sobre o topónimo Leiro,  di Frutos Fdez. (1) "...O lugar de Leiro  que pertencía antigamente  a freguexía de  de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano 1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no testamento do abade Palagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía escribe Frutos  dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas, que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo  derivado de *Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés  antigo lar ´terreo´ou  do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con respeto a Leira,   sería unha leira grande..."

 

 

Parroquia de San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14

 

Sobre o topónimo Berán,  di Frutos Fdez. (1) "...Berán é famosa polas súas augas termais, moi adecuadas para moitas doenzas da pel.. Esta riqueza , propiedade dos veciños, foi unha das razóns principais pra que se lle concedese  o estatuto de Entidade Menor,  unha institución  administrativ a moi escasa en España, que lle confire certa autonomía dentro do concello... Existiu o nome masculino xermánico Beran co significado de ´oso´. Aparece nombrado Berán nunha permuta xa no ano 1219... "

"...Frutos apunto outra posibilidade, hidronímica, pois a auga é o que identifica a Beran precisamente. A raíz *ber moi abundante na toponimia de Asturias e o País  Vasco , está relacionado para algúns autores coa palabra vasca (i)bar  ´val fluvial´  que seica está presente en moitos cursos de auga de toda Europa. O prefijo -an está moi presente e unido a raíces hidronímicas  en moitas palabras..."

 

Parroquia de San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Igrexa de San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Coordenadas: 42.35080556 ,  - 8.142469444


Altitud: 239 m

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/iglesiaberan/

Igrexa de San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Berán.  San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Caldelas. San Breixo de Berán. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Sobre o topónimo Caldelas,  di Frutos Fdez. (1) "...Así como Caldas, derivan do latín ´aquas calidas´, que identifican lugares que teén augas termais..."

--o--

 

Nota 1: moitos dos textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos Fernández González,  "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

(1b) Posteriormente, a partires de xullo de 2023, utilizo o libro Nomes do Ribeiro editado en xuño de  2023 por Andavira Editora, onde presenta algúns  vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota 2: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto,  dos libros citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver