Sobre o topónimo
Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o
traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis
numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os
filólogos acerca do estrato lingüístico ó que pertence
a palabra carballo...A opinión máis estendida considera
carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada,
á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra,
rocha´...
aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou
á dureza da madeira desta especie...". No
estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro, Frutos
Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a
frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da
documentación histórica do topónimo e das distintas
interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á
etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar,
emite a súa opinión ó respecto. Recomendamos o
libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6
Sobre o topónimo
Faramontaos, freguexía de Carballeda de Avia,
di Frutos (1) "...deriva de Faramontanos, a súa vez das
latinas fora monte, polo que podería interpretarse como ´ós de fóra
do monte´...".
Frutos escribe moitas cousas sobre este
topónimo do que hai media ducia destos nomes rexistrados no NG.

Igrexa de San Cosmede de Faramontaos. Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense

Igrexa de San Cosmede de Faramontaos. Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense

Cima de Vila. San Cosmede de Faramontaos. Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense.

Cima de Vila. San Cosmede de Faramontaos. Carballeda
de Avia. O Ribeiro. Ourense.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver