Sobre o topónimo
Carballeda, neste caso Carballeda de Avia, resumo o
traballo de Frutos
Fernández no seu libro Nomes do Ribeiro (1) "...Os derivados de carballo constituen un dos grupos de topónimos máis
numerosos de Galicia...non hai unanimidade entre os
filólogos acerca do estrato lingüístico ó que pertence
a palabra carballo...A opinión máis estendida considera
carballo derivado da voz prerromana carba...emparentada,
á súa vez, cunha base preindoeuropea *kar ´pedra,
rocha´...
aludiría a ser árbore característica de terreos rochosos ou
á dureza da madeira desta especie...". No
estudo deste topónimo e doutros moitos do Ribeiro, Frutos
Fernández sempre anota os que aparecen na comarca e a
frecuencia con que os atopamos en Galicia, tamén da conta da
documentación histórica do topónimo e das distintas
interpretacións do significado. Logo, atendendo tanto á
etimoloxía como a realidade xeográfica e histórica do lugar,
emite a súa opinión ó respecto. Recomendamos o
libro, un traballo marabilloso..

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 6
Sobre o topónimo
Balde, freguexía de Carballeda de Avia,
di Frutos (1) "...ten o elemento xermánico Balth. que
ten o significado de átrevido, ousado´ ...así podería vir do xenitivo
dun Balthus -antecedento do nome de Baldo- "Balthi", con resultado natural
Balde..

Igrexa de San Martiño de Balde. Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense
Interesante igrexia da que porei unha
reseña, máis adiante.

San Martiño de Balde.
Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense

Balde. San Martiño de Balde.
Carballeda de
Avia. O Ribeiro. Ourense
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver