Boborás dende o Ceo-Boborás a vista de pájaro.

Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de  Boborás. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. 

 

Sobre o topónimo Boborás,  di Frutos Fdez. (1)   "...Soamente se rexistra un Boborás  no NG.  É o topónimo que denomina o lugar da freguesía de Santa María de Xuvencos que tamén da nome ó concello...Aparece citado por primeira vez nun documento de Oseira do ano 1237...Trataríase dun fitotopónimo  que viría de abóbora (abobra  en castelán) do latín hispano apoperes, especie de cabaza grande que según don Eladio Rodríguez , era preciosa para facer doces; e así debe ser, pois cónstame que o ilustre  lexicógrafo ribeirán de San Clodio era moi lambisqueiro.

Dice Frutos que "...non desbotaría a hipótesis antroponímica...Tal vez dun *Boberanus, que podería estar relacionado co nome xermánico Bobe ´rapaz, neno´, proceda Boborás.

NG é o nomenclator de Galicia.  Xunta de Galicia.

 

San Martiño de Cameixa.  Boborás. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

 

Sobre o topónimo Cameixa,  di Frutos Fdez. (1) entre outras moitas cousas   "...É un topónimo único no NG.... Segundo Cabeza Quiles, Cameixa pertencería a un numeroso grupo de topónimos que proveñen da raíz céltica *Cam  ou *Camb  ´curva, cousa curva ´. O significado para cousas do interior sería o de curvas de vales fluviais ou replegues de montañas. No caso da parroquia de San Martño de Cameixa, a curva referiríase á súa situación no ángulo superior da elevación que separa os vales dlo Arenteiro e do Viñao, unha parte da parroquia verte as súas augas ó Arenteiro e outra ó Viñao..."

 

NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

Parroquia de San Martiño de Cameixa (Boborás). Google Earth

 

Igrexa Parroquial de San Martiño de Cameixa

Coordenadas: 42°25'29.78"N 8°9'35.99"W

Altitud: 466 m

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/cameixa/

 

Igrexa Parroquial de San Martiño de Cameixa

 

Igrexa Parroquial de San Martiño de Cameixa

. Porta de entrada do ano 1773

 

Igrexa Parroquial de San Martiño de Cameixa

Sobre a igrexa de San Martiño de Cameixa. Un pouco de historia.

 

Cameixa. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Cameixa. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Córneas. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

O Currelo. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Parada, a Petada e O Domo. San Martiño de Cameixa. Boborás.


Sobre o topónimo O Domo,  di Frutos Fdez. (1) entre outras moitas cousas, nada menos que lle dedica dúas páxinas. Vou resumir moitísimo e recomendar o seu libro para ampliar, os que estedes interesados, estos pequenos resúmens. Quédoso soio coa primeira parte: "..O Domo é outro dos topónimos en singular  do NG...Un veciño de Parada de Cameixa explicoume como o nome do lugar se debía a que antiguamente era este o sitio onde se domaban os arcos das cubas, que eran de madeira de carballo. Porén outro veciño, este do mesmo Domo,díxome que parce que nunha casa estaba o único lagar de Parada e que domo era o nome do fuso do mesmo, e que de aí viñera o nome do lugar...". Evidentemente  Frutos non se quedou soamente con este estudio e profundiza moito máis sobre todo co estudio da palabra latina Domus que significa casa en toda a súa extensión, domincilio, familía etc...

 

Parada, a Petada e O Domo. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Figueiroa. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Sobre o topónimo Figueiroa,  di Frutos Fdez. (1) "...é un fitotopó transparente,, na súa etimoloxía remítenos ó latín ficus ´figo´...."

 

Gontelle. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Sobre o topónimo Gontelle,  di Frutos Fdez. (1) "...pertence a unha  numerosa familia, a dos antrotopónimos derivados de posesores de nomes xermánicos que levan a raíz Gunth- ´loita´...aparece nun documento de Cluny de  1170"

 

A Granxa. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Leboreira. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Morouzón. San Martiño de Cameixa. Boborás.

Sobre o topónimo Morouzón,  di Frutos Fdez. (1) "...existen en Galicia  un importante número de topónimos aparentemente relacionados cos mouros...". Frutos fai un estudio destas pegadas no Ribeiro e resume en folla e media esta e outras palabras, relacionadas cos mouros e os seus tesouros. Remata cun conto ou algo similar relativo o seu amigo Manolo Vilanova que parece tuvo a sorte de atopar un tesouro que lle deu a Moura da cova de Laias...toda unha historia que hai que ler e que recomendo. Aproveito para dicir que o libro que referencio en (1) é unha auténtica xoia e que debera ser un libro de cabeceira  de moita xente do Ribeiro. O remate do conto e a conclusión lóxica de Frutos, faime pensar, que non perdemos o tempo cando estudiamos lóxica no ITEM de Ribadavia, onde Frutos foi alumno...

 

O Outeiro. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Parada, A Petada, O Domo e Gontelle. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Salceda. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Sobre o topónimo Salceda,  di Frutos Fdez. (1) "...moitas palabras como salgueiral derivan  da abundancia de salgueiros; salgueiro deriva do latín  salice a través dun salicario  De feito Salceda e outro derivado  oponímico relativmente frecuente, e deriva dunha saliceta, que atopamos nese lugar en Cameixa. Salceda é unha  excelente atalaia sobre o Ribeiro..."

 

San Bartolomeu. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

San Cristobo. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

Vilanova. San Martiño de Cameixa. Boborás.

 

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)  , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

Engadir que este libro xa ten unha segunda edición, onde se incorporan novos vocábulos, corrixense cousas do anterior e engádense términos e explicacións relativos as castes de uvas do Ribeiro. Está publicado por Andavira Editorial en xuño do ano 2023. Ver este link onde foi presentado o libro, as súas características e outros detalles importantes.Felicitar novamente a Frutos Fernández  polo seu sensacional traballo.

 

 

Volver