Boborás dende o Ceo-Boborás a vista de pájaro.

Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de  Boborás. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. 

 

Sobre o topónimo Boborás,  di Frutos Fdez. (1)   "...Soamente se rexistra un Boborás  no NG.  É o topónimo que denomina o lugar da freguesía de Santa María de Xuvencos que tamén da nome ó concello...Aparece citado por primeira vez nun documento de Oseira do ano 1237...Trataríase dun fitotopónimo  que viría de abóbora (abobra  en castelán) do latín hispano apoperes, especie de cabaza grande que según don Eladio Rodríguez , era preciosa para facer doces; e así debe ser, pois cónstame que o ilustre  lexicógrafo ribeirán de San Clodio era moi lambisqueiro.

Dice Frutos que "...non desbotaría a hipótesis antroponímica...Tal vez dun *Boberanus, que podería estar relacionado co nome xermánico Bobe ´rapaz, neno´, proceda Boborás.

NG é o nomenclator de Galicia.  Xunta de Galicia.

 

San Miguel de Albarellos. Parroquia de Boborás. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

 

Sobre o topónimo Albarellos,  di Frutos Fdez. (1)   "...A orixen deste topónimo resulta dubidosa" ...Esto é o que conta Frutos. Logo escribe varias teorías debidas  a Eladio Rodríguez, que fala da uva albarello ata Sarmiento que  propón ata tres orixes. Moi cumplicado e dubidoso o tema. Frutos decántase, finalmente, "...considera a todos os albarellos orónimos, derivados do  preindoeuropeo *alb/alp ´altura ´ presente tamén na famosa cadea montañosa Os Alpes no francés  alpe ´montaña, alto´. Non cabe dúbida que esta é a interpretación máis acorde coa realidade xeográfica do noso Albarellos...."

 

Parroquia de San Miguel de Albarellos. Boborás. Google Earth

 

Igrexa Parroquial de San Miguel de Albarellos

Coordenadas: 42°24'31.07"N 8°10'41.14"W

Altitud: 436 m

https://www.turismo.gal/.../igrexa-de-san-miguel-de...

 

Igrexa Parroquial de San Miguel de Albarellos

 

Igrexa Parroquial de San Miguel de Albarellos

. Detalle de gratitude o seu párroco.

 

Encoro de Albarellos. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Panorámica. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Panorámica. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Panorámica. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Salón. San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo Salón,  di Frutos Fdez. (1)   "...Outro topónimo único no NG. Non resulta de fácil interpretación...A primeira referencia fala de que ven da palabra *Sallo salamonde...O mismo Salón podería vir de Sallonem pero no ano 1487 xa se atopa esta palabra como primeira referencia e escrito deste xeito, polo tanto esta interpretación e moi dubidosa. Outros falan dun orixen similar o río Salas (por certo curioso:  un dos meus rios de neno aló por Randín (Ourense); cantos baños e cantos peixes e troitas collín nese río) afluente do río Limia. Fala de socalcos de fortes pendentes do río, desniveis e correntes rápidas. Neste caso estaríase falando  da raíz xermánica *sala. Finalmente  tamén escribe da voz latina  salum que se refire tamén a un río con correntes impetuosas...".

Pois si que está dificil saber o orixen de Salón...

 

Valdesenda. San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo Valdesenda,  di Frutos Fdez. (1)   "...trátase dun topónimo derivado de val.  Val derivado latín  e fai referencia  a vallis ´val , cavidade, oco, fondal´...neste caso Valdesenda debe tratarse dun antropónimo, dun antigo posesor ou mesmo posesora con nome xermánico de Senda. Podería tratarse dunha senda ou camiño, pero a situación do lugar, pendurado sobre o foxo do Avia, é  máis de fin de camiño que dun lugar ou senda..."

 

Santo André e Sobredo. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Sa e  San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Sa e o Regueiro.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Paredes.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

O Regueiro.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Lamela.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo Lamela,  di Frutos Fdez. (1)   "...Lama, Lamas, Lamela están todos relacionados coa voz Lama ´barro, bulleiro, lodo´ en todo caso terra húmeda que se pega moito os zapatos...en calquera caso en Galicia Lameiros son terreos con moita auga..."

 

Lamela.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

 

Distriz.  San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo Distriz,  di Frutos Fdez. (1)   "...trátase dun antrotopónimo  con orixe nun antigo posesor co nome xermánico de Destericus nome que aparece na diplomática medieval galega..."

 

Lamela, Valdesenda e Eiravedra. San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo Eiravedra,  di Frutos Fdez. (1)   "...procede da voz latina area ´terra´  que deu aira  e eira en galego. En todo caso no dicionario é os lugares onde se realizaban os labores de malla..."

 

O Igrexario. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Abelleira. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

Sobredo. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

A Seara. San Miguel de Albarellos (Boborás)

Sobre o topónimo (A) Seara,  di Frutos Fdez. (1)   "...Vén de Senara, parece ser palabra de orixen céltico  que aparece moito na documentación do século IX. O texto fai referencia a terra de sementeira sería polo tanto unha leira de calquer cultivo, ás veces de pan, outras de viño, etc. ..."

 

A Costa. San Miguel de Albarellos (Boborás)

 

O Paraiso. San Miguel de Albarellos (Boborás)

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)  , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

Engadir que este libro xa ten unha segunda edición, onde se incorporan novos vocábulos, corrixense cousas do anterior e engádense términos e explicacións relativos as castes de uvas do Ribeiro. Está publicado por Andavira Editorial en xuño do ano 2023. Ver este link onde foi presentado o libro, as súas características e outros detalles importantes.Felicitar novamente a Frutos Fernández  polo seu sensacional traballo.

 

 

Volver