O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. 

 

Sobre o topónimo Leiro,  di Frutos Fdez. (1) "...O lugar de Leiro  que pertencía antigamente  a freguexía de  de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano 1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía escribe Frutos  dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas, que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo  derivado de *Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés  antigo lar ´terreo´ou  do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con respeto a Leira,   sería unha leira grande..."

 

 

Parroquia de San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14

 

Sobre o topónimo Lebosende,  di Frutos Fdez. (1) "...É unha das freguesias más importantes do Ribeiro de Avia, tanto por riqueza como por número de veciños. Pertencia no antigo rexime a xurisdición de San Clodio de Ribeiro de Avia; logo tras a constitución dos novos concellos en 1835, pasou ao concello de Leiro, que leva o seu nome polo do lugar de Leiro, que pertencía a propia freguesía de Lebosende. Foi así ata o ano 1956, cando Leiro se segregou a efectos relixiosos o constituirse a parroquia de San Pedro de Leiro.

Como topónimo é un antrotopónimo: unha antiga villa *leovesindi, xenitivo do nome xermánico Leovesindus. A primeira referencia de Lebosende aparece no diploma fundacional de San Clodio do ano 928..."

 

Parroquia de San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Igrexa de San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Coordenadas: 42.37695555,   -8.131697222


Altitude: 207 m

https://arteviajero.com/articulos/san-miguel-lebosende/

 

Igrexa de San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Sobre á Igrexa de San Miguel de Esposende. Igrexa gótica do século XVI.

 

Eira de Mouros. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Eira dos Mouros,  di Frutos Fdez. (1), moitas cousas, xa que por un lado fala de Eira e Aira e por outro fala e moito dos mouros, ponme moio dificil facer un resumen desta dous cousas e dende logo ser breve e moito menos conciso. Algo vou facer por suposto:  "...Sobre Eira e tamén Aira son topónimos que xunto con outros teñen en común todos que proceden da voz lativa  area, á súa vez do grego´terra´que deu eira e aira en galego. Como voz común deu  a acepción máis frecuente nos dicionarios é a de lugar onde se  realizaban os labores da malla. Eladio Rodríguez tamén recolle  o significado de terreo onde  se sementan hortalizas. Tal vez esta sexa a máis adecuada para o Ribeiro...parece que ómáis habitual é que no Ribeiro a malla se realizace nunha  laxa malladora...

Sobre de Mouros escribe Frutos casi tres páxinas, citando por suposto entre outros moitos lugares Eira de Mouros de lebosende, dice: "...No Ribeiro está Eira de Mouros un fermoso e agarimado lugar da freguesía de Lebosende que domina todo o val de Leiro...Figura documentado no século XIII, Resulta común en Galicia que aparezca asociado a antigos Castros. Así aparece en Lebosende pois o lugar e xusto debaixo do Monte do Castro..."

 A partir desta afirmación estudia a asociación que se fai en Galicia entre os castros e os mouros, asociación imposible xa que os mouros chegaron moito despois; esto leva a Frutos a estudiar outros camiños que ó levan os seres míticos ó estudiar o orixen desta palabra. Despois de moito analizar e escribir conclue que os mouros seguramente sexan os donos dos tesouros de Galicia e conta unha anécdota que lle pasou a un amigo seu e a Moura da  Cova de Laias, un relato moi curioso e un final sorprendente polo práctico e a conclusión á que chega. Dixen que iba ser breve, polo tanto remito ao lector a que se faga co libro que aparece na nota (2) e que foi publicado recentemente en xuño de 2023. Merece a pena, disfrutas destas e outras moitas cosas do Ribeiro e dos seus topónimos...

 

 

A Fervenza. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

A Groba. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo A Groba,  di Frutos Fdez. (1) "...Deriva do gótico  grova, que significa fondal depresión ou encañada.   En A Groba de Lebosende, di Frutos,  da que se ten noticias dende 1251, estivo  ata 1835 o priorato máis importante do Mosteiro de San Clodio. Aínda se conserva o vetusto edificio que, despois da desamortización, foi durante bastantes anos casa consistorial e cárcere do concello de Leiro..."

 

 

Lebosende.. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Lebosende.. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Osebe. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Osebe,  di Frutos Fdez. (1) "...e na segunda mitade do século XVI xa contaba, Osebe de San miguel de Lebosende, con vintetrés veciños.. Aquí tivo unha das granxas do Ribeiro o mosteiro de Acibeiro. Algúns dos foreiros de lugares próximos ó mosteiro tiñan como obriga transportar o viño desde a granxa de Osebe, ou desde a de Cameixa, ata o mosteiro...

O nome de Osebe deriva dun antigo posesor de nome Eusebius...xa en 1259 atopamos a forma definitiva..."

 

Ribeira. San Miguel de Lebosende. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

--o--

 

Nota 1: moitos dos textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos Fernández González,  "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

(1b) Posteriormente, a partires de xullo de 2023, utilizo o libro Nomes do Ribeiro editado en xuño de  2023 por Andavira Editora, onde presenta algúns  vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota 2: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto,  dos libros citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver