O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. 

 

Sobre o topónimo Leiro,  di Frutos Fdez. (1) "...O lugar de Leiro  que pertencía antigamente  a freguexía de  de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano 1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía escribe Frutos  dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas, que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo  derivado de *Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés  antigo lar ´terreo´ou  do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con respeto a Leira,   sería unha leira grande..."

 

 

Parroquia de San Pedro de Leiro. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14

 

Parroquia de San Pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

 

Igrexa parroquial  de San Pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense


Coordenadas: 42°22'10.88"N 8°7'32.57"W

Altitud: 92 m

 

A Agra. San pedrpo de Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Sobre o topónimo Agra,  di Frutos Fdez. (1) "...No  Ribeiro identifica a un pequeno lugar que nunca debeu superar os dous veciños, e que agora está deshabitado. Aparece na documentación de San Clodio no ano 1237.

Agra e Agro fan referencia ó campo e ós labores agrícolas: devesa,Chousa, Leira ,etc. Procede do latin ager, agri ¨campo, terra cultivada, herdade´..."

 

Barzamedelle. San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Barzamedelle,  di Frutos Fdez. (1) "...Forma parte dun grupo de palabras Barcia, Barco, Barxa, Barxela, Barzamedelle que teñen todas a misma raíz. Unha barcia defínese como a terra chan que se estende ós lados dun río , e especialmente aquela que o río inunda...Bascuas cre que Barcia, Barzea e Barxa presentan unh raíz indoeuropea *var ´auga´...atopamos no Ribeiro Barzamedelle lugar a carón do Avia, á altura da Ponte de San Clodioo, que se reparte entre as parroquias de Bieite e de Leiro (antes de Lebosende). Figura nos primeiros documentos como Varzeamedelle...a terminación -elle e característica dun antropónimo, polo que interpretamos Barzamedelle como "varzea Metelli", onde Metelli é o xenitivo de Metellus, cognome latino moi común que tiña o significado de soldado..."

 

Leiro.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Leiro.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Leiro.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Rubial.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

Sobre o topónimo Rubial,  di Frutos Fdez. (1) "...O Rubial de Leiro figura  nun censo do ano 1580 co nome de rrobial e cinco veciños. Interprétase tanto Rubial como Rubiás , que derivan do latín medieval rubeos, a, um ´vermello´ con sufixo abundancial -alem, aludindo probablemente á cor rubia do chan...Frutos escribe sobre outras interpretacións como "...derivado do latín rupes ´rocha´, presente por exemplo no verbo rubir ´subir´que con -alem e -ales conduciría a Rubial ou Rubias...tería o significado de terreos pedregosos...". Pero non para aquí o estudio xa que Frutos indica unha terceira hipótesis. "...Fala Anibal Otero da castaña rubial como a máis doce de todas, e onde o apelativo debe facer alusión á súa cor roiba intensa. Pois ben, certamente resulta ser unha denominación antiga xa que atopo unha castanaria ruvial en documento de Celanova do ano 1025..." No texto que escribe faixe mención dos soutos on están esas castañas,  castana ruvial,  así como dunha renda do foro, tendo en conta as castañas. Sigue escribindo "...Non me parece polo tanto fóra de lugar  pensar que algún Rubial toponímico , por exemplo este de Leiro, teña a súa orixen nesta clase de castañas..."

 

Vilaverde.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Vilaverde.  San pedro de Leiro. O Ribeiro. Ourense

--o--

 

Nota 1: moitos dos textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos Fernández González,  "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

(1b) Posteriormente, a partires de xullo de 2023, utilizo o libro Nomes do Ribeiro editado en xuño de  2023 por Andavira Editora, onde presenta algúns  vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota 2: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto,  dos libros citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver