O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 7.

 

Sobre o topónimo Castrelo,  di Frutos Fdez. (1) "...É unha forma híbrida de Castro e Castelo, é voz tamén antiga...A súa vez Castro  deriva do latín castrum, castri ´castelo, forte, campamento fortificado´... Tanto Castrello como Castrellum son comúns nos documentos medivais. O nome de Castrelo pertence hoxe en exclusiva, no Ribeiro, ó Concello de Castrelo de Miño, e as súas freguesías de Sta María de Castrelo e Santo Estevo de Ponte Castrelo, terras todas da ribeira esquerda do Miño; pero, no pasado o nome de Castrelo chegaba tamén a ribeira dereita, de tal xeito a actual freguesía de San Paio de Ventosela figura en documentos antigos como San Paio de Castrelo. O mesmo castelo que parece estar detrás do nome   de Castrelo parece que estivo situado no Monte do Castro, en términos de San Paio Na Ribeira dereita parece que tamén existíu no século X un mosteiro feminino que levaba o nome de mosteiro de Castrellum..."

 

Parroquia de San Salvador de Vide de Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo7

 

Sobre o topónimo Vide,  di Frutos Fdez. (1) "...Soio catro lugares co nome de Vide...dice Frutos non parece moito para unha terra onde o característicos son as vides. É certo que formas como Bacelo ou Viñas, reflicten a mesma realidade, pero tampouco abundan no Ribeiro...Escribe Frutos que na súa opinión o feito da súa escaseza pode ser que que estos lugares sexan de realidades históricas anteriores ao predominio das viñas, ou que   sexa ó contrario, nunha paisaxe dominada polas viñas, o haber moitas carece de valor identificativo...pero incluso pode ser que vide non teña nada que ver coa vitis vinifera, senón que derive dun antigo posesor de nome Avitus, así pon o exemplo dunha parroquia de Monforte denominada A Vide e documentada no século XI como Villa Abiti...."

 

San Salvador de Vide de Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Igrexa de San Salvador de Vide do Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

San Salvador de Vide do Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

San Salvador de Vide do Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

 

San Salvador de Vide do Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

San Salvador de Vide do Miño. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver