O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 14.

 

Sobre o topónimo Leiro,  di Frutos Fdez. (1) "...O lugar de Leiro  que pertencía antigamente  a freguexía de  Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano 1956, e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo e xa figura no testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía escribe Frutos  dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas, que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo  derivado de  *Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés  antigo lar ´terreo´ ou  do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con respeto a Leira,   sería unha leira grande..."

 

 

Parroquia de Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14

 

Sobre o topónimo Gomariz,  di Frutos Fdez. (1) "...   Gomariz como lugar non existe, si existe a freguesia de Santa María de Gomariz  e foi nome da antiga vila medieval de Gomariz pero entre os lugares que foron nacendo  nas súas terras ningún leva ese nome.

...Gomariz é unha antiga villa *Gomarizi o seu nome  deriva dun antigo posesor con nome xermánico Gomaricus , con raíz  Gom-/Gum- ´home´. é outra das vilas que figura no, tantas veces mencionado, documento fundacional de San Clodio  do ano 928, aquí baixo o nome de Gomariz. Gomariz é lugar famoso polo seus viños brancos. Foron terras codiciadas dende a edade media, San Martín Pinario e San Clodio tuveron granxas propiedade en Gomariz.. Pero a maior parte do territorio era de dominio do mosteiro de Toxosoutos, dominio que pasou despois ó de Sobrado dos Monxes..."

 

Parroquia de Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Parroquia de Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Un link sobre esta igrexa.

Coordenadas: 42.37944167  ,  -8.117127778

M.s.n.m. : 124 m

 

Cubilledo. Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

Sobre o topónimo Cubilledo  di Frutos Fdez. (1) "...A etimoloxía desta palabra resulta dubidosa e polo que vexo  só J.L. Pensado, o editor da obra de Sarmiento, se atreveu con ela. Segundo este autor:"la base cubill-es dificil de explicar con un fitotopónimo, en cambio podría explicarse con el latín Cubilia o cubic´l. Sin embargo es aventurado decidirse"...". Frutos escribe que na segundo edicción do seu libro  cambiou de de parecer e ó que pensa sobre Cubilledo parécese máis ao que opinaba Pensado. "...Pensa máis nunha relación de  acubillo ´refuxio, lugar protexido, acolleito´ do latín Ad  Cubiculum abundancial Cubilledo, previa aférese de prefixo..."

 

Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Lalón. Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Sobre o topónimo Lalón  di Frutos Fdez. (1) "...Este lugar de Lalón, máis ben un casal, na freguesía de Gomariz (Leiro), é outro dos topónimos únicos do Ribeiro...Hai noticias dende  1203...Lalón é un antropónimo , corresponde a unha antiga villa Laloni, dun lallo de orixen dubidoso: etrusco para Schulze, celta para Machado e bárbaro para Kajanto. A base é a misma cá do Lallinus que deu nome a Lalín a través do xenitivo Lallini..."

 

A Vilerma. Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Sobre o topónimo A Vilerma  di Frutos Fdez. (1) "...Esta dentro dos topónimos relacionados coa palabra vila, hai máis de mil cincocentas entradas no NG como a Vila. Vilanova, Vilar, Vilariño ou Vilerma.  Todos estos topónimos proceden do latín Villa, unha palabra que ten cambiado moito dende unha casa de campo ou granxa agraria ata hoxe..." . Frutos explica estos cambios ata chegar a explicación de A Vilerma. "...A Vilerma que semella de significado claro, de vila erma, atopámola como nome de lugar en Gomariz (Leiro) e Punxín...". Sigue e remata con outras explicacións  como posibles antropónimos de orixen xermánico, deste grupo de palabras..

 

A Vilerma e Cubilledo. Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Vista marabillosa da Parroquia de Santa María de Gomariz. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver