O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 14.
Sobre o topónimo Leiro, di Frutos Fdez. (1)
"...O lugar de Leiro que pertencía antigamente a freguexía
de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano
1956, e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo e xa figura no
testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía
escribe Frutos dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas,
que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo derivado de
*Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés antigo lar ´terreo´ ou
do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval
Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca
ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con
respeto a Leira, sería unha leira grande..."

Parroquia de Santa María de Lamas. Leiro.
O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 14

Parroquia de Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Parroquia de Santa María de Lamas (antiga). Leiro. O Ribeiro.
Ourense.
Un link sobre esta igrexa.
Coordenadas: 42.372906 , -8.180078
M.s.n.m. : 563 m

Parroquia de Santa María de Lamas (antiga). Leiro. O Ribeiro.
Ourense.

Parroquia de Santa María de Lamas (actual). Leiro. O Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: 42.38111111 , -8.176583333
M.s.n.m. : 566 m

Parroquia de Santa María de Lamas (actual). Leiro. O Ribeiro.
Ourense.

O Casar. Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro.
Ourense.

Corneira. Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro.
Ourense.
Sobre o topónimo Corneira, di Frutos Fdez. (1)
"...Corneira dalle nome a este lugar da freguesía de Lamas (Leiro) , e
era un antigo couto de señorío do Marques de la Sierra. O nome do lugar
seguramente ten que ver coa súa situación cerca do macizo granítico que leva o
nome da pena máis famosa destas terras: Pena Corneira...Corneira
parece derivar do latin cornu ´corno´. Así semella poder deducirse
dos primeiros documentos que se refiren á pena como Penna Cornaria
que aludiría a forma de corno da pedra. Así parece, inda que hai outros
autores que apuntan a outras posibilidades..." Por certo ningunha delas
relativas os carneiros.

Nogueira. Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro.
Ourense.

A Serra. Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro.
Ourense.

Valboa. Santa María de Lamas. Leiro. O Ribeiro.
Ourense.
Sobre o topónimo Valboa, di Frutos Fdez. (1)
"...Moi común son os topónimos onde val
aparece acompañado dun adxectivo cualificativo, como é este caso de
Valboa, é unha antiga valle(m) bonam ´val boa´,
que nos lembra o xénero femenino de vallem..."
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Engadir que este libro xa ten unha segunda
edición, onde se incorporan novos vocábulos, corrixense cousas do anterior e
engádense términos e explicacións relativos as castes de uvas do Ribeiro. Está
publicado por Andavira Editorial en xuño do ano 2023.
Ver este link onde foi
presentado o libro, as súas características e outros detalles
importantes.Felicitar novamente a Frutos Fernández polo seu sensacional
traballo.
Volver